Solicitude de composteiro
O Concello de Rianxo inicia unha campaña para implantar a compostaxe doméstica poñendo a disposición da veciñanza composteiros individuais de maneira gratuíta.Calquera persoa que resida e/ou posúa unha vivenda unifamiliar con finca ou xardín situada no noso municipio poderá solicitar de xeito individual un composteiro, comprometéndose a destinalo ao tratamento de residuos orgánicos. As persoas solicitantes recibirán unha formación sobre o correcto manexo do composteiro así como visitas de seguimento co fin de supervisar o bo funcionamento do mesmo.Os composteiros entregaranse por orde de inscrición. Unha vez esgotadas as unidades confeccionarase unha listaxe de agarda respectando a orde de entrada das solicitudes.Esta acción compleméntase coas illas de compostaxe comunitaria xa implantadas en diferentes puntos do municipio e que nos próximos días, en paralelo ao reparto dos composteiros individuais, se poñerán en funcionamento coa finalidade de lle ofrecer á veciñanza recursos para a xestión sustentable da materia orgánica na orixe.Para solicitar o teu composteiro podes chamar ao 667 18 55 79 ou cubrir este formulario: https://concelloderianxo.gal/web/forms/shared/-/form/3915635 As persoas participantes serán convocadas pola Concellería de Medio Ambiente para facerlles a entrega do composteiro doméstico e das ferramentas auxiliares, incluída a formación necesaria para o seu manexo.
Datos da persoa solicitante dun composteiro
Deixa os teus datos para que podamos contactar contigo.
All fields marked with
are required.
Nome
Teléfono
Correo electrónico
Enderezo
Refresh CAPTCHA
Texto de verificación
asterisk
Requirido
Anterior
Seguinte
Enviar