Campamento Urbano e Deportivo 2016
Blog do Campamento Urbano e Deportivo 2016
Chegou o campamento ao seu final e para despedilo fixemos unha festa no Campo de Arriba e a Acampada no Pavillón de Taragoña, toda unha experiencia inesquecíbel. Ata o ano que ven!!!!
Esta semana parte do campamento participou na actividade promovida pola Xunta de Galicia "O sabor da aventura está no mar". Os nenos e nenas visitaron o porto e a lonxa, o Museo do Mar e por último realizaron unha degustación de productos do mar:
Esta semana estivemos facendo xogos con música e bailes, ademais de manualidades para engalarnos para a recta final do campamento:
Esta semana chega ao seu fin o Campamento Urbano e Deportivo 2016 "O Circo", e para clausuralo temos unha semana de celebracións:
Mércores 10 agosto: Festa da Auga no Instituto Félix Muriel. Xogos de auga e animación musical.
Xoves 11 agosto: Excursión "O sabor da aventura está no mar": Visita ao porto, á lonxa e ao Museo do Mar – Degustación.
Actividade organizada pola Xunta de Galicia. Grupos participantes: 2008, 2007, 2006, 2005 e 2004.
Venres 12 de agosto: Festa de Clausura, con actuacións, xogos, obradoiros, inchables,... no Campo de Arriba de 11 a 13 horas.
Venres 12 de agosto: Acampada Fin de Campamento: con xogos, velada nocturna,... no Pavillón de Taragoña, de 18:00 horas do venres 12 ata as 11 horas do sábado 13.
Esta semana introducimonos no mundo de dúas partes esenciais do circo: a maxia e o humor, e fixemolo a través de manualidades, xogos, ....
FESTA “FIN DE CAMPAMENTO” - VENRES 12 AGOSTO
O venres celebraremos a festa “Fin de Campamento”, con inchábeis, música, xogos,...
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Campo de Arriba
HORARIO: De 11:00 a 13:00 horas
Todos os nenos e nenas do campamento asistentes terán que ir acompañados dun adulto. É unha actividade aberta a todo o público, poden vir irmáns, primos,... No caso de choiva a festa realizarase no Instituto.
ACAMPADA – VENRES 12 AGOSTO
Este ano volvemos repetir a experiencia da acampada, invitando aos nenos e nenas a participar dunha noite de acampada, na que ademais de cear, almorzar e durmir todos xuntos, realizaremos unha velada nocturna con xogos, cancións, contemplación de estrelas,....
LUGAR: Pavillón Municipal de Taragoña
HORARIO: De 18:30 a 11:00 h
Incorporación: Entre as 18:30 e 19:00/ Saída: Entre as 10:00 e 11:00
18:30 Recepción participantes
19:00 Xogos
21:00 Cea
22:00 Velada Nocturna
08:00 Erguerse e aseo persoal / Almorzo
10:00 Fin de actividade
Os nenos e nenas deberán traer: unha muda, pixama e zapatillas, cepillo e crema de dentes, toalla e saco de durmir. (medicamentos en caso de tratamento específico coa conseguinte prescrición médica).
NORMAS DE PARTICIPACIÓN
1.- Os nenos e nenas deberán ser autónomos no seu aseo e vestimenta.
2.- Ningún participante poderá abandonar a actividade sen a presenza dun adulto autorizado (pai, nai, titor/a), e sempre despois de comunicarllo tanto a monitora como a coordinadora.
3.- Prégase non facer visitas de non ser necesario, co fin de non interferir no desenvolvemento das actividades.
4.- Aconsellase levar a roupa e pertenzas marcadas.
5.- Recoméndase non levar obxectos de valor, nin diñeiro.
Prazo para inscrición acampada: ata o martes 9 de agosto
A actividade deportiva non para, e estas semanas estivemos facendo actividades con implementos e xogos populares, dende a corda, brilé, peletre, chapas,....
VENRES 5 DE AGOSTO: PELÍCULA NO AUDITORIO
O venres 5 de agosto estaremos no Auditorio de Rianxo vendo a película "Campanilla, Hadas y Piratas". O horario do campamento será o habitual, de 10:30 a 13:30, e o punto de encontro e recollida será o propio Auditorio.
Unha das partes fundamentais do campamento son os xogos, xa ben sexa organizados polos monitores/as ou de xeito libre, é sen dúbida, un dos momentos favoritos dos nenos e nenas. Como todos os anos, os xogos que máis triunfan son a bomba, o pilla, o brilé, xincanas,.... Unha mostra:
A semana pasada estivemos facendo manualidades a cerca do circo, creando cada un o seu propio montaxe de circo, caretas e monicreques de animais,...
Este venres 29 de xullo realizaremos unha ruta de sendeirismo polos montes de Rianxiña, visitando a zona de petroglifos.
Cada grupo realizará unha andaina adaptada á súa idade.
O horario será o habitual, de 10:30 a 13:30, e o punto de encontro e recollida será igualmente o Instituto.
A semana pasada o campamento voltou ser un fervedoiro de actividades: manualidades, xogos, cancións, malabares, contacontos,.... Unha mostra do ben que o pasaron os nenos e nenas:
Como en todo bo circo que se precie, no noso tamén temos malabaristas, con moitas horas de ensaio detrás para poder realizar unha boa actuación:
Este venres 22 de xullo visitaremos a Feira do Libro instalada na Praza Castelao, e acudiremos ao contacontos TIN MARÍN de Soledad Felloza.
O punto de encontro e recollida será o propio Campo de Arriba, ao lado da Capela de Guadalupe. O horario será o habitual, de 10:30 a 13:30.
O pasado venres cambiamos as instalacións do instituto polo Campo de Arriba, onde estivemos xogando e cantando, e os grupos dos máis maiores realizaron unha xincana pola vila, tendo que averiguar cousas acerca do concello, dos persoeiros rianxeiros e ata o prezo dun refresco:
Estes nenos e nenas do campamento son moi aplicados, gustan moito de crear as súas propias cousas, e fanno moi ben ademais.
Velaí unhas fotiños:
SAÍDA VENRES 15 DE XULLO - CAMPO DE ARRIBA.
Este venres 15 de xullo realizaremos unha xincana e xogos no Campo de Arriba. O horario será o habitual, de 10:30 a 13:30, pero o punto de entrada e recollida será no propio Campo de Arriba, ao lado da Capela de Guadalupe.
Xa deron comezo as actividades deportivas no campamento, as cales van a seguir a seguinte planificación:
Semana 1: Xogos predeportivos
Semana 2: Mini - basquet
Semana 3: Xogos do circo: malabares, equilibrio, figuras ximnásticas,...
Semana 4: Xogos populares
Semana 5: Xogos con implementos
Semana 6: Actividades con música
Unhas fotos:
Estes primeiros días están sendo días de presentacións, de coñecer aos amigos e amigas, monitoras e monitores, de coñecer as instalacións, de habituarnos a actividade de campamento, polo que estivemos facendo actividades de presentación, preparando a decoración do noso circo, caracterizando os nosos grupos,...
Tamén pasamos moita calor, polo que esta semana o venres imos facer unha actividade fresquiña... iremos á praia do Pazo a facer xogos de auga.
Nesta ocasión non nos bañaremos, pero si estaremos facendo diversos xogos con auga, polo que é necesario que traian bañador e roupa de recambio (outro bañador ou roupa interior), crema protectora, viseira, toalla e auga e merenda. O horario será o habitual, e o punto de entrada e saída será igualmente o instituto. Nesta saída contamos coa colaboración da Policía Local de Rianxo, para acompañarnos no traxecto ata o paseo.
Nota informativa saída 8 xullo
E unhas fotiños do que estiveron realizando:
A temática do campamento este ano será O Circo, e cada semana realizaranse diversas actividades arredor do mundo circense, seguindo esta planificación:
Semana 1 - Chega a carpa do circo a Rianxo: Presentación dos participantes e ambientación dos espazos.
Semana 2 - O presentador e a directora de orquestra: obradoiro de instrumentos musicais, xinkana, puzzle,...
Semana 3 - Trapecistas, acróbatas e funanbulistas: obradoiro de malabares, xogos de orientación,...
Semana 4 - As feras do circo: obradoiro de caretas de animais, bonecos con formas de animais con material de refugallo, xincanas, carreiras,...
Semana 5 - A Caravana da ilusión: trucos de maxia, dramatización, mimos, monicreques, ...
Semana 6 - A última función: preparación de actuacións, obradoiros de disfraces, maquillaxe...
As actividades deportivas realizaranse no seguinte horario:
GRUPOS/DÍAS | LUNS | MARTES | MÉRCORES | XÓVES |
10:40 - 11:30 | 2012 | 2009 | 2012 | 2009 |
11:30 - 12:20 | 2011 | 2008/2007 | 2011 | 2008/2007 |
12:20 - 13:10 | 2010 | 2006/2005/2004 | 2010 | 2006/2005/2004 |
Recordade que é obrigatorio traer roupa deportiva e tenis os días que teñan actividade deportiva.
Os venres realizaranse saídas e visitas a diferentes lugares da vila, das cales iremos informando a principios de cada semana. No caso de choiva, realizarase unha actividade alternativa no instituto.
O 12 de agosto, e como fin do campamento, celebraremos unha Festa Fin de Campamento no Campo de Arriba, e pola tarde celebrarase a acampada no Pavillón de Taragoña.
ORGANIZACIÓN
As entradas e saídas realizaranse polos laterais do instituto, segundo a imaxe que se anexa. Pregamos esperen aos nenos e nenas na parte de abaixo das escaleiras.
Ao longo do campamento, cando teñan que chegar tarde, entrarán acompañados polos pais/nais e dirixiranse ao seu grupo. No mes de agosto, como o instituto vai estar pechado agás para o campamento, darase un número de teléfono para aqueles que vaian chegar tarde ou teñan que saír antes.
É recomendable que leven auga e merenda, xa que se realizará un recreo. Os venres, que realizaremos as saídas, pregamos traian viseira e crema protectora.
CONTACTOS
Calquera dúbida que teñan podedes poñervos en contacto en campamento2016@concelloderianxo.gal ou no teléfono
664 181 401 (Uxía) ou 674 041 412 (Montse).
Recordade que podedes seguir toda a información do campamento no blogue
rianxo.gal/campamento2016
Benvidos ao blogue do Campamento 2016!!!
Comezamos a andaina do Campamento Urbano e Deportivo 2016 “O Circo”, e con el este blogue, co que pretendemos que as familias esteades ao día de todo o que acontece no campamento, das actividades nas que participan os nenos e nenas, dos xogos, cancións e contos cos que se divirten. Por iso, iremos actualizando o blogue contándovos o que fan e mostrando con fotografías e vídeos. Trátase dunha ferramenta máis que nos permitirá abrir o campamento a vós, as familias, e que tamén sexades parte del.
1º DÍA
O campamento comeza o luns 4 de xullo ás 10:30 no Ies Félix Muriel. Os monitores/as esperarán na entrada cun cartel co ano do grupo, e é alí onde debedes deixar aos nenos/as.
Podedes consultar os grupos nos seguintes listados. Calquera erro que haxa, comunicadeo para poder resolvelo.
O propio luns, ás 10:30 os pais e nais teremos unha pequena reunión para resolver todas as dúbidas e cuestións que teñades.
A actividade deportiva do campamento non comezará ata o mércores 6 de xullo, xa que o luns e o martes serán días de presentacións, coñecer o espazo, aos monitores/as e sobre todo aos compañeiros e compañeiras.
É recomendable que leven auga e merenda, xa que se realizará un recreo.
O luns tamén vos daremos tanto no blog como nunha carta toda a información relativa a organización, horarios, entradas e saídas,....
Calquera dúbida que teñan podedes poñervos en contacto en campamento2016@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 181 401.
“O Circo” será o centro de interese sobre o que xiraran as actividades e propostas a desenvolver durante o campamento. De xeito transversal traballarase a coeducación, educación para a saúde, educación en valores, educación ambiental. As actividades enfocaranse en función das idades, adaptando tanto a súa complexidade como o seu interese as idades as que van destinadas.
Estruturase en dúas áreas: Campamento Urbano e Campamento Deportivo:
-
O Campamento Urbano: Baseado na educación en valores, propiciando a aprendizaxe e asimilación de forma directa de valores fundamentais para o desenvolvemento persoal e social, así como do medio no que viven. Realizaranse actividades de expresión plástica e manualidades infantís, obradoiros creativos, xogos cooperativos, actividades de expresión física, corporal e cultural, actividades de animación á lectura, teatro, danza,....
-
O Campamento Deportivo: Orientado ao desenvolvemento da persoa a través da motricidade, pretende a mellora da coordinación corporal, da relación e comunicacións sociais, das destrezas cognitivas e das habilidades e capacidades físicas. As actividades enmarcaranse dentro da Educación física de base, predeporte e multideporte.
DISTRIBUCIÓN HORARIA
Luns, martes, mércores e xoves: campamento urbano - campamento deportivo: 2 horas 2 días por semana. - recreo de 20-30 minutos.
Venres : Saídas por Rianxo: sendeirismo ou paseos, visita a lugares de interese, realización de actividades, xogos, etc, nalgunha ubicación da vila (prazas, parques,...). Serán expostas a primeira semana de campamento e publicadas no blogue. No caso de choiva realizarase unha actividade alternativa no instituto.
FESTA FIN DE CAMPAMENTO E ACAMPADA
O 12 de agosto, último día de campamento, realizarase unha actividade lúdico festiva de fin de campamento no Campo de Arriba. O mesmo día realizarase a Acampada no Pavillón Polideportivo de Taragoña.