“O Circo” será o centro de interese sobre o que xiraran as actividades e propostas a desenvolver durante o campamento. De xeito transversal traballarase a coeducación, educación para a saúde, educación en valores, educación ambiental. As actividades enfocaranse en función das idades, adaptando tanto a súa complexidade como o seu interese as idades as que van destinadas. Estruturase en dúas áreas: Campamento Urbano e Campamento Deportivo:
O Campamento Urbano: Baseado na educación en valores, propiciando a aprendizaxe e asimilación de forma directa de valores fundamentais para o desenvolvemento persoal e social, así como do medio no que viven. Realizaranse actividades de expresión plástica e manualidades infantís, obradoiros creativos, xogos cooperativos, actividades de expresión física, corporal e cultural, actividades de animación á lectura, teatro, danza,....
O Campamento Deportivo: Orientado ao desenvolvemento da persoa a través da motricidade, pretende a mellora da coordinación corporal, da relación e comunicacións sociais, das destrezas cognitivas e das habilidades e capacidades físicas. As actividades enmarcaranse dentro da Educación física de base, predeporte e multideporte.
DISTRIBUCIÓN HORARIA
Luns, martes, mércores e xoves: campamento urbano - campamento deportivo: 2 horas 2 días por semana. - recreo de 20-30 minutos.
Venres : Saídas por Rianxo: sendeirismo ou paseos, visita a lugares de interese, realización de actividades, xogos, etc, nalgunha ubicación da vila (prazas, parques,...). Serán expostas a primeira semana de campamento e publicadas no blogue. No caso de choiva realizarase unha actividade alternativa no instituto.
FESTA FIN DE CAMPAMENTO E ACAMPADA
O 12 de agosto, último día de campamento, realizarase unha actividade lúdico festiva de fin de campamento no Campo de Arriba. O mesmo día realizarase a Acampada no Pavillón Polideportivo de Taragoña.