Campamento Urbano e Deportivo 2017

Campamento Urbano e Deportivo 2017 - Campamento Urbano e Deportivo 2017

Blogs

Xa chegamos ao fin do campamento, e para festexalo realizamos a acampada en Campo Maneiro e a festa no Campo de Arriba. Que bó sabor nos quedou!!! Ata o ano que ven!

00

Rematamos a última semana do campamento, na que estivemos realizando unhas galletas riquísimas, tarxetas de recordo, xogos populares en deportes.... e unha actividade moi bonita da que vos ensinaremos o resultado nos vindeiros días. Hoxe rematamos coa celebración da Festa Fin de Campamento, a partir das 11 no Campo de Arriba. ...

00

Esta semana recibimos a visita no campamento da concelleira de Educación, Cultura, Xuventude e Normalización do Concello de Rianxo, Raquel García, e aproveitamos para facernos unhas fotos todos xuntos. O campamento xa se acaba, pero hoxe imos pasar a noite máis especial, pois hoxe temos ACAMPADA!!!          

00

Xa estamos chegando ao final do campamento, pero as actividades non paran. No polideportivo estivemos achegándonos á práctica do voleibol e do fútbol sala. E no campamento estivemos facendo manualidades con gomaeva, acuarelas, fixemos disfraces, xogos tradicionais como a carretilla, o corro da pataca, e tivemos tempo para ver algunha película. O venres 11 de agosto faremos a saída ao Porto de...

00

Xa rematou a cuarta semana, e como sempre, no campamento houbo moitas actividades: cine, manualidades, disfraces, xogos, deporte,... O venres 4 de agosto, a saída que imos a realizar será ao Paseo Marítimo. O horario do Campamento será o habitual, de 10:30 a 13:30, e o punto de encontro e recollida dos nenos e nenas o Colexio Castelao.

00

O pasado venres os nenos e nenas do campamento realizaron unha visita á Biblioteca. A bibliotecaria Sofía explicoulles o funcionamento (grazas Sofía), e despois fixeron contacontos e estiveron mirando libros. Para rematar, levaron un recordo feito por eles, un marcapáxinas.    

00

Esta ano o campamento presentou varias novidades, entre elas o Plan Madruga, unha actividade coa que pretendemos facilitar a conciliación laboral e familiar. Os nenos e nenas que acuden realizan diversas actividades, entorno a distintos temas como o periodismo, as emocións, Rianxo, Londres,...

00

Unha parte moi importante do campamento é a parte deportiva, onde estas semanas fixeron psicomotricidade, música e baile e baloncesto. Esta semana van a facer xogos con implementos: bádminton, tenis, indiacas,... O venres 28 de xullo, a saída que imos a realizar será á Biblioteca, onde estaremos lendo libros relacionados coa temática do campamento, o Mar. O horario do Campamento será o...

00

Este fin de semana celebrouse en Rianxo a Feira do Libro 2017, e os nenos e nenas do campamento fomos a participar nas actividades. O xoves inaugurouse a feira coa actuación de Cé Orquesta Pantasma, polo que algúns grupos do campamento nos acercamos a ver a súa divertida actuación. O venres fomos ver "O vendedor de fume" por Teatro Gazafelhos, unha obra onde tivemos que participar, cantar e...

00

Seguimos mostrando como traballan os nenos e nenas no campamento, facendo diversas manualidades con motivos mariños:    

00

No Campamento, ademais de xogar, cantar, practicar deporte,... tamén estivemos facendo moitas manualidades: barcos de papel, cangrexos, murais, ... Tedes unhas fotos máis abaixo. Este venres 21 xullo, a saída do campamento vai ser á Feira do Libro, onde imos ver o espectáculo "O vendedor de Fume", por Teatro Gazafellos. Desta obra dinnos: " Un vendedor de remedios chega á vila. Co seu...

00

Hoxe visitamos a Praia de Tanxil. Alí estivemos collendo algunha cuncha para as actividades que imos a realizar a vindeira semana, ademais de facer xogos con auga, merendar,... Velaí unhas fotiños: *Recordade que o luns non hai campamento por festivo local. Boas festas!!!      

00

Este venres realizaremos a xornada de campamento na Praia de Tanxil. O punto de encontro e recollida dos nenos/as será na praia, na zona dos xardíns, no horario habitual, ás 10:30 e ás 13:30.   Deberán traer o bañador posto e crema protectora xa botada, unha muda interior e toalla. Poden traer xoguetes (co nome) para lanzar auga, posto que realizaremos xogos de auga. Non se van a...

00

Estes primeiros días están sendo moi intensos, seguimos ambientado o colexio, facemos xogos do máis diversos, xa empezamos coas actividades deportivas... o campamento é un fervedoiro de enerxía:

00

Estes primeiros días foron de presentación e ambientación. Estivemos realizando xogos de presentación para coñecernos todos os nenos e nenas, pois vimos de todas as parroquias do concello, e tamén doutros sitios, como Santiago, Teo, Boiro,... polo que estamos a facer novas amizades. Tamén estivemos decorando as instalacións, con banderíns, pancartas, debuxos, pois queremos deixar o noso selo...

00

Comezamos a andaina do Campamento Urbano e Deportivo 2017 “BOGA BOGA – O MAR”, e con el este blog, co que pretendemos que as familias esteades ao día de todo o que acontece no campamento, das actividades nas que participan os nenos e nenas, dos xogos, cancións e contos cos que se divirten. Por iso, iremos actualizando o blog contándovos o que fan e mostrando con fotografías e vídeos. Trátase...

00
— Resultados por página
Mostrando 16 resultados.

Información Campamento 2018