Campamento Urbano e Deportivo 2018 - Concello de Rianxo
campamento@concelloderianxo.gal
Servizo de Xuventude
664 181 401
Auditorio Municipal. Rúa Autores da Rianxeira, s/n. Rianxo
Servizo de Deportes
981 86 63 81
Cuartel Vello. Praza Castelao, s/n. Rianxo
Blog do campamento
Podes seguir a actualidade do campamento dende o blog: rianxo.gal/campamento2019
Pagamento de recibos
Os recibos non estarán dispoñibles ata maña 2 de xullo. Poderedes recollelos nas oficinas de Deportes e Xuventude, na propia reunión de maña 2 de xullo ou mandaranse por correo electrónico a todos aqueles que xa o solicitades.
Poderase efectuar o pago dos recibos ao longo de toda esta semana, non se ten que realizar maña.
Grazas e desculpade as molestias
Prazas cubertas
As prazas para o campamento xa están cubertas. As inscricións realizadas a partir das 12 h do día 24 de xuño, que non participaron no sorteo, están na listaxe de reserva, en orde de inscrición, segundo o estipulado no regulamento da actividade.
No caso de producirse baixas, chamaremos por orde da listaxe para ofertar esas prazas.
Recordamos as persoas admitidas que maña martes 2 de xullo celebraremos unha reunión informativa no Auditorio de Rianxo ás 12:00 horas.
Resultado do sorteo
Hoxe ás 10:00 horas, no Salón de Plenos do Concello, realizouse o sorteo público das prazas do Campamento Urbano e Deportivo Rianxo 2019.
As persoas con praza adxudicada terán que facer o aboamento do importe de matrícula. Para realizar este pagamento, teredes que solicitar a carta de pagamento ben por correo electrónico ou en papel nas Oficinas de Xuventude ou Deportes. Os recibos estarán dispoñibles a partir do luns 1 de xullo.
Para as persoas que están en reserva, tal como se recolle no regulamento, chamaráselle unha vez haxa praza.
Pregamos a aqueles que resultaron adxudicatarios de praza, e que finalmente non van facer uso dela, que no lo comuniquen a maior brevidade para poder axilizar o listado de reserva.
As inscricións realizadas a partir das 12 h do día 24 de xuño,que non participaron no sorteo, pasarán a formar parte da listaxe de reserva, en orde de inscrición, segundo o estipulado no regulamento da actividade.
Procedemento de adxudicación
Despois das xestións cos departamentos interesados, lamentablemente non vai ser posible ampliar as prazas para todas as solicitudes, tendo que realizar o sorteo como estaba previsto no regulamento de inscrición.
Realizarase o sorteo, mediante medios informáticos, o xoves 27 ás 10:00 h, no Salón de Plenos do Concello.
O sorteo realizarase mediante unha aplicación informática deseñada polo departamento de informática do Concello, publicada na URL https://concelloderianxo.gal/sorteos. O código da aplicación está publicado na mesma URL para a súa auditoría pública
Publicación de inscricións
Publicamos o listado de inscricións no Campamento coas opcións de transporte e Plan Madruga. Revisa e si detectas algún erro, podes presentar unha reclamación nas oficinas de Xuventude, na de Deportes ou por correo electrónico a campamento@concelloderianxo.gal.
O número total de inscrición foi de 232, superando as prazas ofertadas. O Concello está estudando a posibilidade de que todos os inscritos participen no campamento.
Debido a isto, ao longo de mañá, 25 de xuño, publicarase o procedemento de adxudicación, ben sexa mediante sorteo ou, se finalmente é posible, por adxudicación directa de todos os participantes.-
Aviso Fin de prazo de inscrición
Ás 12 h pechouse o prazo de inscrición do Campamento. En breve publicaremos o listado de inscricións e o procedemento de adxudicación.
As inscricións realizadas a partir das 12 h do día 24 de xuño pasarán a formar parte dunha listaxe de reserva, segundo o estipulado no regulamento da actividade.
Iniciar a solicitude de inscrición
Información Xeral
Actividades
Obradoiros, multideporte, manualidades, animación á lectura, teatro, música. Saídas pola vila, festas e acampada.
Calendario de actividades
Do 3 de xullo ao 14 de agosto
Horario
De luns a venres de 10:30 a 13:30 h.
Destinatarios
Rapazada nacida entre 2007 e 2015, ambos inclusive.
Lugar
Pazo de Rianxiño
Prazas
175
Cota de Inscrición
60 € por todo o campamento. Dous irmáns, 50 €. 3 ou mais irmáns, 45 € cada un.
No caso de que o participante comece o campamento despois do 9 de xullo, e como resultado de cubrir unha praza que produciu baixa, o prezo do campamento será de 45 euros.
Opción Plan Madruga
Actividades recreativas e de entretemento, de luns a venres de 08:30 a 10:30 h, no Pazo de Rianxiño.
Prazas: 30. Cota de Inscrición: 10 €.
É imprescindible participar no Campamento para obter praza no Plan Madruga. As 30 prazas adxudicaranse seguindo o regulamento e prazos do Campamento Urbano e Deportivo 2019.
Para inscribirse, na solicitude do campamento, marcar a opción Plan Madruga.
Regulamento e Inscricións
Calendario inscrición
- Presentación de solicitudes de inscrición:
das 10 h. do día 17 de xuño ás 12 h. do 24 de xuño. - Publicación dos listaxes dos solicitantes:
24 de xuño - Presentación de reclamacións:
24 e 25 de xuño - Sorteo, no caso de ser necesario:
25 de xuño - Matrícula e abono da cota:
26 de xuño a 1 de xullo - Publicación das listaxes de participantes e grupos:
2 de xullo - Reunión de presentación:
2 de xullo, ás 12 h, no Auditorio de Rianxo - Inicio Campamento
3 de xullo
Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse, do 17 ao 24 de xuño (ata as 12 h), en:
- Formulario inscrición en liña (luns 17 ás 10 h)
- Oficina de Xuventude, no Auditorio Municipal
- Oficina do Servizo de Deportes, no Cuartel Vello
Todas as solicitudes presentadas a partir desta data non participarán no sorteo, no caso de habelo, e irán, en orde de inscrición por data e hora, ao final da listaxe de reserva xerada no mesmo.
A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.
Publicación listaxes de solicitantes e presentación de reclamacións
O día 24 de xuño publicaranse na web do Concello e nos taboleiros dos Servizos de Deportes e Xuventude as listaxes das persoas que solicitan praza no Campamento. Para estes efectos, a presentación da solicitude implica a autorización da publicación dos datos persoais do solicitante.
As reclamacións a estas listaxes poderán presentaranse os días 24 e 25 de xuño (ata ás 13h) nas oficinas de Xuventude, na de Deportes ou por correo electrónico a campamento@concelloderianxo.gal, no modelo de Solicitude Xeral do Concello.
Adxudicación de prazas
A adxudicación pode ser:
1. Por adxudicación directa se ao remate do prazo de inscrición (24 de xuño ás 12 h.) a demanda non supera o número de prazas dispoñibles:
- Primeiro adxudícanse as prazas aos solicitantes no prazo.
- As prazas, ata completar as 175 dispoñibles, cubriranse coas solicitudes feitas a partir das 12 horas do día 24, por orde de inscrición en data e hora.
- Unha vez cubertas as prazas totais pasarán a formar parte dunha listaxe de reserva.
2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Este sorteo xerará tamén unha listaxe de espera.
Os/as solicitudes dos irmáns poderán vincularse para participar no sorteo de xeito conxunto, cun único número. De non facelo, cada irmán participaría co seu propio número.
O día 25 de xuño publicaranse na web do Concello e nos taboleiros dos Servizos de Deportes e Xuventude as listaxes das persoas admitidas e as de reserva.
A praza é intransferible.
Adxudicación de prazas ás listaxes de reserva
As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, seranlle ofertadas, seguindo a orde da listaxe de reserva, ás persoas suplentes, do mesmo grupo de idade que a praza vacante, mediante unha chamada telefónica. A efectos de determinar o grupo, utilizaranse os publicados o día 02 de xullo.
Chamarase ao interesado un mínimo de tres veces durante o prazo que vai desde o día que se produce a vacante ata as 14 h. do día seguinte. De non contactar coa persoa interesada, esta pasará ao final da listaxe e chamarase á seguinte.
Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza, deberán presentar a documentación no prazo de 48 horas. No caso de non presentar a documentación no prazo indicado, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da listaxe de espera.
A xestión da listaxe de reserva farase exclusivamente desde a Oficina de Xuventude.
Documentación que deben presentar as persoas participantes seleccionadas
As persoas participantes seleccionadas deberán presentar a seguinte documentación entre os días 26 de xuño ata 1 de xullo, ambos inclusive. De non facelo, perderase automaticamente a praza e procederase a cubrila co reserva correspondente.
- O xustificante do pagamento
- Xustificante médico, no seu caso.
A documentación presentarase no Servizo de Xuventude, no Servizo de Deportes ou a través do correo electrónico campamento@concelloderianxo.gal
Devolución da cota
Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puidera asistir á actividade ou quixera darse de baixa no transcurso da primeira semana (do 3 ao 9 de xullo), só terá dereito á devolución da cota no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada antes das 14 h. do día 9 de xullo. O reintegro da cota terá uns gastos de xestión, quedando a devolución en 45 euros.
Todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas, tal e como se reflicte no apartado anterior, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude.
Servizo de Autobús
Ofrecese dúas liñas de servizo de autobús para o Campamento. O Plan Madruga non contará con servizo de autobús.
- liña 1: Isorna e Leiro: Bacariza - Seixiñal - Regueiro - Ponte Catoira - Veiga - Isorna - Palleiro - Rial - Leiro - Abuín - Brión - Pedreira.
- liña 2: Taragoña, Araño, Asados: Burata - Xordo - Soto - Bar Central - Campo de Pazos - Chorente - Outeiro - Casilla - Nueva Era - Carballo - Miráns - Buía - Foxacos (Bar Barbanza) - Burés (cruce) - Marquesa - Cruceiro - Atalaia - Montegrande - Barraca - Pazo.
O servizo deberá ser solicitado no momento da inscrición, sinalando a parada.
Unha vez establecidos os usuarios/as, e antes de que comece o campamento, publicaranse no blog o horario de cada parada. No caso de que o autobús chegue a parada antes de hora, esperará á hora establecida para continuar.
O autobús contará con servizo de acompañante.
Queixas e suxestións
As persoas adxudicatarias poderán presentar por escrito todas as suxestións ou reclamacións que consideren oportunas durante o desenvolvemento do campamento ou no momento do seu remate.
Igualmente, poderán deixar constancia do grao de satisfacción obtido coa actividade desenvolvida e todos os comentarios ou suxestións que queiran facer ao respecto, para o que deberán cubrir o formulario de enquisa que se lles facilitará ao rematar ao campamento.
Protección de datos
Os datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro electrónico propiedade do Concello de Rianxo coa única finalidade de proceder á inscrición na actividade para a que se proporcionan os datos. En ningún caso estes datos serán cedidos a terceiros nin utilizados con outra finalidade. Garántense os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación por calquera medio legal, no Rexistro Xeral do Concello: Praza Castelao 1, 15920 Rianxo.