Xuventude

- Roteiros para a xuventude - Novas de interese

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Roteiros para a xuventude

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha, un ano máis, Roteiros para a xuventude, un programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.

 Os obxectivos xerais desta actividade son ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e o coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o asociacionismo da mocidade galega, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente de grupo.

O programa esta destinado a mozos e mozas de entre os 18 e os 35 anos.

As actividades desenvolveranse no Albergue Xuvenil de Gandario (Bergondo - A Coruña) e desenvolveranse nos fins de semana do 15 ao 17 e do 22 ao 24 de marzo. A cota de inscrición será de 54,45 euros, e de 49 euros para os posuidores do Carné Xove.

Para inscribirse, os interesados e interesadas neste programa poderán facer a reserva de praza a través de chamada telefónica, desde o día 26 de febreiro de 2013, aos números 981541689 / 981545822 / 981545937 / 981545702 e, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

 Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pagamento da cota de participación no prazo máximo de 48 horas.

 No momento de facer a chamada darase a información oportuna sobre o xeito de facer o correspondente ingreso.

00

More Blog Entries

Engadir comentarios