Rock in Rian

Rock in Rian - Festas da Guadalupe

Banner Rock in Rian

Blogs

Bo día festivaleir@s! Esta semana imos a presentar moitas novas no referente o Rock in Rian 2017!!!! Cadrando coa primeira edición celebramos o X aniversario asique estade atent@s! Prometemos que vai ser a mellor de todas e prometemos esforzarnos pra elo!! Novo logo a cargo do crack que sempre se encarga pra esos menesteres #AMosconi, sorpresas, campanhas especiais con comercios.... Tan pronto tenhamos todo listo sairá a luz e sera en breves!!!! 
#roadtorockinrian2017 #camiñodorockinrian2017 
#rockinrianXaniversario


Levábamos tempo sen escribir.... Pois que mellor maneira que faselo con un programa que fala do noso festi!! Rock in Rian!! Entrevista aJasper Nao e #Gabri de DAKIDARRÍA!!! Un pracer ademáis do resto de grupos que estiveron e non sairon.

https://www.youtube.com/watch?v=jyjCWsJS87M&feature=youtu.be

 

Xa non queda nada!! Lembramos a todo festivaleiro festivaleira que o sábado 10 de setembro... SI SÁBADO 10 DE SETEMBRO a partir das 22:30 no parque da Galiza en Rianxo o lado do auditorio municipal celebrarase a IX edición do festival da ría! RNR´16. Non podes faltar!! Por si acaso pasamosvos os horarios de novo!!

Dende a Organización do Rock in Rian queremos darlle as grazas os 96 patrocinadores que fixeron posible que o sábado 10 de setembro no parque de Galiza poidamos levar a cabo a IX edición do festi. Sen eles sería imposible pois ano a ano demostrannos que estan o noso lado e botannos unha man pra poder seguir medrando traendo os mellores grupos a Rianxo e seguir cheos de ilusións! De outra maneira queremos agradecer o Concello de Rianxo e a Cultura Rianxo todos os esfrozos que ano a ano fan pra que nos poidamos seguir soñando e mellorando coa finalidade de ser o mellor festival gratuito galego con música en galego! Sen eles isto sería imposible...
Moitas grazas de verdade a ambolos dous e desexamos que vos guste o desenlace final.

Denda orghanisasión do Rock in Rian queremos darlle as grazas a todos patrocinadores que un ano máis desidironse a apoiar un festival que ano a ano medra e trae máis xente a Rianxo. Sen eles sería totalmente imposible que esto sucedera e nos temos a sorte que ano a ano son cada vez maís os que queren participar no noso evento chejando este ano a rozar os 100 patrocinios. DE VERDADE MOITAS GRAZAS POR TODO! En breves sairán os logotipos de cada un das empresas-bares-comercios que nos axudan a que isto sexa unha realidade.

Ante as vosas preghuntas, dende a orghanisasión do Festival Rock in Rian puxémonos en contacto co CAMPING RIANXO. Situado apenas a 1´5km aprox. do recinto do festival. Aquí vos deixamos os prezos nas diferentes modalidades de acampada, intentando resolver o problema da zona de acampada, duchas... chejamos a un acordo con eles, TODA PERSOA QUE VEÑA Ó FESTIVAL ROCK IN RÍAN SÓ POR MENCIONALO ESE SÁBADO TERA UN 15% DE DESCONTO PRA ACAMPAR. A NOITE DE ACAMPADA NO CAMPING sairalle en (6€-15%) 5,10€ tenda mais (6€-15%) 5,10€persoa. Tendo dereito a duchas e cunhas comodidades de restaurante/bar, lavadora, secadora...
Esperemos que sexa do voso agrado a solución tomada pola organización. #rockinrian16 #festivalrockinrian #camiñodorockinrian#rianxo

Queres colaborar co festival de moda da comarca e a vez anunciar a tua empresa en un evento onde hai máis de 3000 persoas?? Pantalla xigante!! Publicidade na páxina web do festival!! Nos folletos coa programación das juadalupeñas... paxinas de face.... E todo iso baratísimo!!! Pois podes porte en contacto connosco e nós xa che axilizamos os trámites!! En breves comezaremos coa campanha de colaboración dos nosos socios protectores os cales lle damos un distintivo especial o cal os caracteriza como colaboradores dun dos mellores festivais de balde de toda a Galiza! 
Moitas grazas a todos colaboradores do Festival sen vos sería imposible!

Aquí sae a luz o noso cartel deste Rock in Rian 2016! Completamolo con grupazo do país NAO!!! O 10 de setembro deste 2016 estarán no escenario do noso festival! E todos estos grupazos gratis! 
#Rockinrian16 #caminhorockinrian16 #festivalrockinrian #Rianxo #debalde

Hoxe fasemos a nosa primeira entrada na páxina web e nada máis nin nada menos que pra presentarvos os horarios definitivos do festival da ría O Rock in Ria´15. Esperámosvos na explanada do parque da Galiza a partie das 23h do sábado 12 de septembro en RIANXO! É TOTALMENTE GRATUÍTO!!!

— Resultados por página
Mostrando 9 resultados.

Rock in Rian - portada dereita

Páxina web oficial do Rock in Rian "o festival da ría"

O Rock in Rian é un festival que sempre se fai en septembro na localidade de Rianxo. Estamos pola 9º edición ainda que antes realizabase baixo outro nome, Rianxo Rock. É un festival totalmente gratuito pois dende a organización apoiamos e defendemos que a cultura o sexa. Os organizadores de este festival somos a comisión de juadalupeñas de Rianxo, a cal formamos parte da comisión de guadalupe e asociación a moreniña desta dita vila. Pra porse en contacto connosco:

AGARDÁMOSVOS!