Novas Tecnoloxías

- Rianxo Gaming 2025, a feira de videoxogos de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Rianxo Gaming 2025, a feira de videoxogos de Rianxo

O 5 de xullo, ao longo de toda a xornada, desenvolverase a terceira edición do Rianxo Gaming, a feira de videoxogos de Rianxo, no Campo de Arriba (Praza Castelao).

A feira inclúe múltiples actividades de xogo libre, mostra de xogos retro, arcades, tendas, xantar e torneos de Mario Kart, Brawl Stars, EA Sports FC e Smash Bros, e coa novidade dos xogos de mesa e torneo de cartas coleccionables de Pokémon TCG.

O punto musical virá da man de Gallos del Norte e da Banda de Música Vila de Cedeira, co concerto "Are you ready to play?" ás 22.30 h.

Toda ainformación sobre os distintos eventos pódese consultar no perfil do Instagram específico do evento @rianxogaming: https://www.instagram.com/rianxogaming/

Inscricións nos torneos: https://forms.gle/WuFCdgkKm6BZhTBY9 ​​​​​​​

O evento está organizado e patrocinado polo Concello de Rianxo e a produción de Lua Gaming. Participan Faneka Gming, Gallos del Norte, Counter Slime, Volvemos a Primera producciones, Astora Comics, Sol Maya, Beest ·D Galicia, Vella Escola Cultura Urbana, Recuncho Gamer, A Moreniña e a Banda de Música Vila de Cedeira.

Patrocinan ou colaboran Xanela, Creade Impresión Digital, Fibra Rianxo, Librería Cándido, Ramón y Óscar Tubío, Rent Galicia Inmobiliaria, Kiosco José Ramón e a Escola de Música de Rianxo.