Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
ACTUALIDADE
V Andaina Solidaria en favor do pobo saharauí. Vacacións en Paz 2026
“Solidaridade Galega co Pobo Saharaui”, SOGAPS, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza a “V Andaina Solidaria en favor do pobo saharauí. Vacacións en Paz 2026” , o sábado 22 de agosto de 2026, ás 10 h. A proba organízase a beneficio de SOGAPS, que recibirá o 100% do recadado a través das inscricións. Mais información:
VII Andaina Santa Compaña
A Sociedade Deoprtiva Barbantia Roda organiza unha nova edición da Andaina Santa Compaña 2026, coa colaboración do servizo municipal de deportes e Protección Civil de Rianxo. Trátase dunha andaina de carácter lúdico recreativo no que ao longo dun percorrido de aproximadamente 8 Km. se realizan representacións e escenas relacionadas coa Santa Compaña. A inscrición está aberta ata o 12 de agosto, se ben pode pecharse no momento de acadar o límite máximo de participantes...
Proceso selectivo do progama de emprego 'Xuventude II'
O Concello de Boiro, en colaboración cos concellos de Rianxo e A Pobra do Caramiñal, vén de recibir a notificación da concesión dunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a posta en marcha dun novo programa de formación e emprego Talento Mozo "XUVENTUDE II". Este proxecto permitirá formar e contratar a 16 alumnos/as-traballadores/as durante un período de 12 meses, combinando formación teórico-práctica...
Titiriberia 2026
O Festival de Títeres Tradicionais Titiriberia volverá converter Rianxo na capital do teatro de monicreques do 18 ao 23 de agosto. A undécima edición reunirá compañías galegas, doutras comunidades autónomas e de Portugal nun programa con preto de trinta actividades, entre espectáculos, estreas, exposicións e propostas formativas, que se desenvolverán en diferentes espazos do municipio e para todos os públicos. Organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do...
XVII TORNEO INTERNACIONAL DE XADREZ
O pavillón municipal José M. Abuín "Chema" acollerá unha nova edición do Torneo Internacional Concello de Rianxo de Xadrez, coa organización do Club de Xadrez Rianxo.
Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo
Xornada da Liga Galega de Traiñeiras. Sábado, 8 de agosto, de 15: 30 h. a 18 h., coa organización do Club de Remo Rianxo e servizo municipal de deportes.
CónClave do humor
CónClave do humor, Ciclo de risas sagradas? os xoves de agosto ás dez da noite. xoves 06 de agosto. Josito Porto na Praza de Padrón xoves 13 de agosto. Víctor Fábregas e Jose Blanco na Praza de Padrón xoves 20 de agosto. Leti da Taberna no Campo de Arriba xoves 27 de agosto. Quico Cadaval na Praza de Rafael Dieste
Contacontos, A máquina do tempo das científicas a cargo de Trémola Teatro
Contacontos, A máquina do tempo das científicas a cargo de Trémola Teatro, pertencente ao Circuíto en igualdade da Deputación da Coruña. DÍA: venres 14 de agosto HORA: 12.00 h LUGAR: Campo de Arriba de Rianxo
Festa da praia, edisión carnaval de verán
Festa da praia, edisión carnaval de verán. O sábado 08 de agosto na Praia de Tanxil.
Festas de Asados
Festas de Asados, do venres 07 ao domingo 09 de agosto en Asados.
V Festa Gastronómica do Mar en Leiro
V Festa Gastronómica do Mar en Leiro DÍA: sábado 08 de agosto HORA: a partir das 12.00 horas LUGAR: merendeiro da Lomba-Rañó (Leiro)
Encontro: Dende o monte ata a Ría
Encontro: Dende o monte ata a Ría organizado por Ecoloxistas Galiza DÍA: xoves 06 de agosto HORA: 20.30 h LUGAR: salón de actos do Auditorio de Rianxo (primeiro andar)
Concerto Faltriqueira
Concerto Faltriqueira DÍA: venres 07 de agosto HORA: 22.00 h LUGAR: Praza de Rafael Dieste Ao abeiro do programa Cultura no camiño 2026 da Xunta de Galicia
Espectáculo Máis Saaabor!
Espectáculo Máis Saaabor! de Culturactiva Producións. DÍA: venres 31 de xullo HORA: 11.30 h LUGAR: Campo de Arriba (Rianxo) PÚBLICO DESTINATARIO: tódolos públicos DURACIÓN: 70 minutos Culturactiva S. Coop. Galega e Félix Rodríguez coproducen e presentan o espectáculo Máis Saaabor!, unha proposta cómica, para público infantil e familiar, de creación propia e dirixida por Avelino González en torno ao mundo da...
Festival Noites de Jazz
Festival Noites de Jazz. Do martes 28 ao venres 31 de xullo, na Praza Rafael Dieste, ás 22.00 horas. Martes 28: Big Band da EMR Mércores 29: José Nine Cuarteto Xoves 30: Quarteto TbA Venres 31: Los Hot Chocolates Información completa na páxina web: NoitesdeJazz




