Educación e Cultura

Ao abeiro do programa Cultura no Camiño da Agadic da Xunta de Galicia - Espectáculo Máis Saaabor! - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Espectáculo Máis Saaabor!

Ao abeiro do programa Cultura no Camiño da Agadic da Xunta de Galicia

Espectáculo Máis Saaabor! de Culturactiva Producións.

  • DÍA: venres 31 de xullo
  • HORA: 11.30 h
  • LUGAR: Campo de Arriba (Rianxo)
  • PÚBLICO DESTINATARIO: tódolos públicos
  • DURACIÓN: 70 minutos

Culturactiva S. Coop. Galega e Félix Rodríguez coproducen e presentan o espectáculo Máis Saaabor!, unha proposta cómica, para público infantil e familiar, de creación propia e dirixida por Avelino González en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudable. Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. Máis Saaabor! é máis música, máis gastronomía, máis maxia e máis ritmo!

Tras o éxito de Saaabor!, estreada en marzo de 2017, Félix Rodríguez e Fran Rei convértense de novo en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, ben afinado menú: unha comida moi musical para toda a familia. Unha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, a alimentación saudable e o consumo de produtos de proximidade entre o público galego. O food truck de Máis Saaabor! chega á vila, un carro de xantar de grandes dimensións do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de elementos e trebellos cos que cociñar música. Un menú degustación con propostas dos cinco continentes que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca e ganas de repetir.

More Blog Entries