Educación e Cultura

Desenvolverase nos meses de marzo a xuño. - Aulas socioculturais e de ocio educativo 2025: CANTO - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Aulas socioculturais e de ocio educativo 2025: CANTO

Desenvolverase nos meses de marzo a xuño.

Aula de canto

Finalidade: aparte de fomentar o convivio musical entre os participantes, creando un espazo
de participación cultural e traballo en equipo, tentaremos aprender aspectos básicos sobre a
voz e a música, que incidan nun mellor autocoñecemento e goce do propio instrumento, así
como desenvolver a escoita activa e a interpretación musical en grupo.

  • Persoas destinatarias: maiores de 50 anos. Máximo 20 participantes.
  • Docente: Esperanza Mara Filgueira Rama.
  • Días: do 20 de marzo ao 26 de xuño.
  • Horario e lugar: xoves, de 16:00 a 18:00 no Centro Sociocultural-Auditorio
  • Prazo de matrícula: ata ao 12/03/2025 ás 14:00.
  • Prezo matrícula: 50 euros.
  • Inscrición: cubrindo no seguinte formulario:

As admisións serán por rigorosa orde de inscrición. Terán preferencia as persoas maiores de 50 anos e empadroados no Concello de Rianxo.

Os días e horarios poden variar unha vez iniciada a actividade tras acordo de docente e alumnado e existindo dispoñibilidade de instalacións.

Máis información: concelloderianxo.gal, cultura@concelloderianxo.gal ou no telf  981 100 688