Educación e Cultura

Galego, unha emotiva e poderosa peza teatral de Gabriel Fernández e Javier Molina. Declarado de interese cultural pola cidade de Bos Aires - Espectáculo teatral, Galego de Gabriel Fernández e Julio Molina - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Espectáculo teatral, Galego de Gabriel Fernández e Julio Molina

Galego, unha emotiva e poderosa peza teatral de Gabriel Fernández e Javier Molina. Declarado de interese cultural pola cidade de Bos Aires

Espectáculo teatral, Galego de Gabriel Fernández e Julio Molina.

  • DÍA: venres 06 de xuño
  • HORA: 21.00 h
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • PÚBLICO: recomendado para maiores de 16 anos
  • DURACIÓN: 60 minutos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa)

Galego é un monólogo teatral cheo de emoción que nos achega á experiencia dun migrante galego na Arxentina. A partir da memoria, da identidade e dos lazos familiares, a peza —con dramaturxia de Gabriel Fernández e Julio Molina— constrúe un relato íntimo que tamén fala de moitas outras vidas. Un espectáculo fondamente humano, que transforma unha historia persoal nun reflexo universal da emigración e do paso do tempo.

Un ancián, só, nun espazo que non lle pertence. Un falar galego cruzado polo acento arxentino. Unha vida enteira sobre os ombreiros e moito que dicir. Galego propón a viaxe dun home que deixou a súa terra en busca dun futuro mellor e que, sen apenas decatarse, foi tecendo un pasado cargado de silencios, afectos e ausencias.

A través dun monólogo delicado e poderoso, a obra reconstrúe os fragmentos dunha memoria marcada pola distancia, a perda e a identidade. Obxectos simples, lembranzas dispersas e a forza da palabra son os fíos cos que este home tenta compartir o seu relato antes de que se esvaeza, como tantas outras voces da nosa diáspora. Galego é, en definitiva, unha homenaxe á emigración, á familia, á lingua e a ese sentimento de pertenza que persiste, mesmo cando o fogar xa só vive na lembranza.