Educación e Cultura

- Obradoiro e conferencia do escritor Pier Franco Brandimarte - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Obradoiro e conferencia do escritor Pier Franco Brandimarte

O escritor italiano Pier Franco Brandimarte é o segundo residente do Programa de Residencias de pensadoras/es e escritoras/es que o Concello de Rianxo e Axóuxere Editora comezaron novamente a desenvolver este ano 2017. O escritor estará no espazo da Residencia que Axóuxere Editora ten na aldea de Brión até inicios de agosto deste ano.

O escritor italiano ofreceranos un obradoiro de escrita creativa, «To Be Here (A Day in Rianxo)», entre a tarde do venres 21 e o domingo 23 de xullo, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo (Praza Rafael Dieste, 1) e na casa de Axóuxere Editora (Brión 64, Leiro).

Así mesmo, ofrecerá unha conversa literaria, «Prender L’Amalassunta», o venres 21 de xullo ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo (Praza Rafael Dieste, 1). Na ligazón de embaixo pódese atopar máis información tanto sobre o seminario como sobre a conferencia.

A participación no seminario é de balde pero faise preciso inscribirse previamente. Para inscribirse no seminario hai que enviar un correo electrónico ao enderezo info@axouxerestream.com co asunto «Inscrición ao obradoiro de escrita de Pier Franco Brandimarte» ou ben chamando aos teléfonos 981 860 371 / 634 532 896 / 659 843 761 (Axóuxere Editora), sendo a data límite o xoves 20 de xullo. Para calquera dúbida ou información concreta pódese chamar a calquera dos anteriores números ou ben escribir ao enderezo electrónico referido. Para asistir á conversa literaria non fai falla realizar unha inscrición previa.