Educación e Cultura

Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña - TEATRO, As fillas bravas de Momán a cargo de Chévere  - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO, As fillas bravas de Momán a cargo de Chévere 

Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña

TEATRO, As fillas bravas de Momán a cargo de Chévere

  • DÍA: sábado 28 de marzo
  • HORA: 20:30
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio
  • PÚBLICO RECOMENDADO: todos os públicos
  • DURACIÓN: 60 minutos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

Organizado polo Concello de Rianxo ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira. As Fillas Bravas viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible. Elas veñen a reafirmar modelos apoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados, valorizando a participación das mulleres na construción dunha memoria e dunha identidade colectiva.

As Fillas Bravas é un recital teatralizado que actualiza a vixencia dos valores que as mulleres achegaron á cultura tradicional, creando e transmitindo un tremendo repertorio de creatividade colectiva arredor da música, o baile e o canto . É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral.

Con este proxecto, estreado en xuño do 2014, quixémonos achegar a algunhas zonas nas que intuímos que a muller gozou de autonomía, extraendo textos do cancioneiro que poidan alumear xestos de rebeldía e autoafirmación. Cuestionar esoutro estereotipo que caracteriza a sociedade galega rural como conservadora, atrasada, inmobilizada, sumisa, que reduce ás mulleres ao ámbito privado da familia. Porque no rural galego as mulleres non se limitaban a desempeñar un rol reprodutivo, senón que participaban de todas as tarefas do traballo comunitario. De aí que a súa presenza na esfera pública da aldea fose un feito asumido e normal. Nos textos do cancioneiro popular galego atópanse testemuñas destes roles produtivos asumidos polas mulleres, da existencia habitual de relacións sexuais fóra do matrimonio, da denuncia de abusos, acoso e violacións, de prácticas anticonceptivas e abortivas, de autoafirmación da muller fronte o home, publicados desde a segunda metade do século XIX.