Deportes

- ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS INVERNO 25-26 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actividades

Actualidade

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS INVERNO 25-26

Actividades deportivas Inverno 2025, do 22 de setembro ao 19 de xuño.

Inscrición en liña: unha vez que se cubran os datos na mensaxe de confirmación aparecerán as instrucións para completar o pago.

Formulario de inscrición

​​​​​Por teléfono (981 86 63 81).

No Servizo de Deportes e nos pavillóns polideportivos de Rianxo e Taragoña.

Horarios

Consulta os horarios das actividades premendo na seguinte ligazón:

Horarios TEMPADA2025 2025

Actividades na Piscina Municipal: na piscina (981 86 00 86).​​​​​​​

Prazo de inscrición

Actividades deportivas: a partir do 8 de setembro.

Escolas deportivas clubs: contactar cos clubs.

Actividades na Piscina Municipal: prazo xa aberto.

Calendario de actividades

Actividades deportivas:

22 de setembro a 19 de xuño.

Actividades na piscina:

Consultar na Piscina Municipal.

ACTIVIDADES:

PAVILLÓN E RIANXO

MULTIDEPORTE (1, 2): do 2021 ao 2018. Actividades de inicaición deportiva onde a traves da actividade xogada se desarrolaran as habilidades básicas (desprazamentos, saltos, xiros, ritmo,...).

TENIS: do 2018 ao 2011. Iniciación ao tenis.

MULTIFITNESS: Nados antes do 2010. Actividade de mantemento da condición física (Circuitos, pesas, xogos, GAP,...)

XIMNASIA PARA MAIORES Actividade centrada nas persoas maiores onde a través do exercicio desarrollan as súas capacidade físicas e mentais a través de xogos, circuitos,...

PAVILLÓN DE TARAGOÑA

PATINAXE: do 2020 ao 2011.

TENIS ADULTOS: Nados antes do 2010. Iniciación e perfeccionamento.

XIMNASIA PARA MAIORES: Actividade centrada nas persoas maiores onde a través do exercicio desarrollan as súas capacidade físicas e mentais a través de xogos, circuítos,...

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ (ASADOS)

MULTIDEPORTE: do 2021 ao 2018. Actividades de iniciación deportiva onde a través da actividade xogada se desarrollarán as habilidades básicas (desprazamentos, saltos, xiros, ritmo,...).

PATINAXE: do 2020 ao 2011.

TENIS: do 2018 ao 2011. Iniciación ao tenis.

MULTIFITNESS: Nados antes do 2010. Actividade de mantemento da condición física (Circuitos, pesas, xogos, GAP,...)

XIMNASIA PARA MAIORES Actividade centrada nas persoas maiores onde a través do exercicio desarrollan as súas capacidade físicas e mentais a través de xogos, circuítos,...