
Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
DESTACAMOS
ACTUALIDADE
ADIADO: Presentación do poemario Remar
ADIADO ATA NOVA DATA Presentación do poemario Remar. Publicación elaborada polo alumnado da aula de introdución á lectura e a escrita poética 2023 do programa de aulas socioculturais e ocio educativo do Concello de Rianxo. Intervirán Noelia Gómez (editora literaria e docente) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo) e as lecturas de Mª Jesús Frieiro Romero, Sheila Parga Abuín, Silvia Penedo Torres, Mª Consuelo Vázquez Carril, Lorena Gómez Calvo e Mauro...
Campamento de Verán Rianxo 2025
O Concello de Rianxo abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2025, que se desenvolverá do 23 de xuño ao 29 de agosto, en horario de 10:30 a 13:30 horas. O programa inclúe un Plan Madruga a partir das 08:00 horas, así como servizo de transporte polas parroquias. Como peche do campamento, celebrarase unha romaría o sábado 30 de agosto. O prazo de inscrición será dende o venres 16 ao luns 26 de maio. Consulta as bases e calendario de...
Becas para estudos de niveis postobrigatorios 2025/2026
Ampliase o prazo ata o 31 de maio ás 15.00 h. O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para o alumnado que vaia cursar estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2025-2026. Poderán solicitar as axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e deportivos, idiomas, estudos relixiosos e militares, e para estudos universitarios, tanto...
Espectáculo teatral, Galego de Gabriel Fernández e Julio Molina
Espectáculo teatral, Galego de Gabriel Fernández e Julio Molina. DÍA: venres 06 de xuño HORA: 21.00 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo PÚBLICO: recomendado para maiores de 16 anos DURACIÓN: 60 minutos ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa) Galego é un monólogo teatral cheo de emoción que...
XIV SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: Os desastres da guerra
XIV SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: Os desastres da guerra. Organizado por Nova Escola Galega, CRMH BARBANZA, IES Félix Muriel e o Concello de Rianxo coa colaboración doutras entidades DÍAS: 6 e 7 de xuño LUGAR: no IES Félix Muriel de Rianxo e unha sesión en Compostela. PROGRAMA: d
CONCERTO: Mondra
CONCERTO: Mondra, presentando o seu último traballo De Ronda DÍA: sábado 24 de maio HORA: 22:00 LUGAR: Campo da Carballeira no Araño Proposta ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Celebración das Letras Galegas no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro
Celebración das Letras Galegas no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro: con xantar popular, música e xogos populares. DÍA: sábado 17 de maio HORA: a partir das 13.00 horas LUGAR: Centro Cultural Vicente Vidal en Leiro
Feira de 1906 en Campo de Pazos
Feira de 1906 en Campo de Pazos, organizada pola Asociación Cultural Festival Antrospinos coa colaboración do Concello de Rianxo. DÍA: sábado 17 de maio HORA: a partir das 12.00 horas LUGAR: Campo de Pazos. Taragoña
Concerto XXII Aniversario Letras Galegas 2025
Concerto XXII Aniversario Letras Galegas 2025, coa Banda da Escola de Música de Rianxo, o Coro do CEIP Ana Mª Diéguez, as Pandereteiras de Vai de Roda e o Baile de Fogo Fatuo. CANDO: sábado 17 de maio HORA: 12.00 h. LUGAR: Campo de Arriba (Rianxo)
Exposición, Castelao no Brea Segade
Exposición, Castelao no Brea Segade. Arquivo do Fondo Local de Música do Concello de Rianxo. DATA: do 09 ao 30 de maio. HORARIO: de luns a xoves de 15.30 a 17.20 horas // venres de 15.30 a 20.30 horas LUGAR: CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña)
Actividade sobre ciberseguridade e videoxogos nos centros de ensino
O Concello de Rianxo ofrece, un ano máis, dúas actividades sobre ciberseguridade e videoxogos aos centros escolares de ensino primario do municipio. As crianzas poderán aprender as bases da creación de videoxogos, unha das pólas da industria cultural de máis éxito na actualidade. Por outra banda, aprenderán sobre os perigos derivados do uso das tecnoloxías dunha forma amena a través da historia dos videoxogos. Esta semana visitaremos o CEIP Ana María Diéguez de...
Estadías para familias en residencias de tempo libre
A Consellería de Política Social e Igualdade convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería no ano 2025. Este programa destinado o desfrute do lecer das familias e posibilitar o acceso de familias a un período vacacional, levarase a cabo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e Panxón-Nigrán (Pontevedra). As estadías comprenderán: Aloxamento en réxime de...
Hórreo Vivo no Araño
Hórreo Vivo no Araño
Maio cultural no Concello de Rianxo
Maio cultural no Concello de Rianxo
Campamentos e Minicampamentos "Coñece Galicia"
A Xunta de Galicia convocou o programa Acción de Verán 2025 para este verán, con campamentos e minicampamentos "Coñece Galicia" para mocidade de 9 a 17 anos. Campamentos: con quendas de entre 8 e 12 días nos meses de xullo, agosto e setembro, ofrecen actividades variadas como náutica, deporte, medio ambiente, arte, ciencia, agricultura ou patrimonio vinculado ao Camiño de Santiago. Minicampamentos "Coñece Galicia": estancias de 5...