Retribucións dos altos cargos e responsables públicos

Retribucións dos altos cargos e responsables públicos - Concello de Rianxo

Retribucións dos altos cargos e responsables públicos

Bases de execución do orzamento prorrogado 2024

BASE 26ª: RETRIBUCIÓNS E INDEMNIZACIÓNS DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN

1º) As retribucións por dedicacións dos membros do Concello serán :

Tipo de dedicación

Cargo

Retribución anual por posto

Dedicación exclusiva

Alcalde

45.000,00 €

Dedicación parcial

- Concelleiro/a Delegada/o de Deportes e Saúde. Educación e Cultura. Administración Xeral e Servizos Económicos.

19.000,00 €

- Concelleiro/a Delegada/o de Benestar Social, Igualdade, Maiores e Xuventude.

16.000,00 €

- Concelleiro/a Delegada/o de Obras e Servizos Básicos. Medioambiente.

16.000,00 €


 

Dedicación exclusiva do alcalde

Esixiráselle a dedicación á delegación de xeito exclusivo no horario establecido para o funcionamento das oficinas municipais, sen prexuízo de prestar unha atención exclusiva aos asuntos urxentes que se presenten fóra deste horario.

A retribución que percibirá será de 45.000 € brutos anuais, que se distribuirá en catorce pagas: doce pagas ordinarias, correspondentes ás diferentes mensualidades do ano e as dúas restantes, de carácter extraordinario, que se devindicarán o 1 de xuño e o 1 de decembro, respectivamente. Así mesmo, non poderán percibir asistencias pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados dos que forme parte, pero si percibir indemnizacións polos gastos ocasionados polo exercicio do cargo, cando sexan efectivos, e tras a súa xustificación.

 

Dedicación parcial da Concellería Delegada de Deportes e Saúde. Educación e Cultura. Administración Xeral e Servizos Económicos.

Esixiráselle a dedicación á delegación de xeito exclusivo no horario, sen prexuízo de prestar unha atención exclusiva aos asuntos urxentes que se presenten fóra deste horario. O cargo que se desempeñen con dedicación parcial deberán ter unha presencia efectiva mínima no concello de 30 horas semanais.

A retribución que percibirán os membro da Corporación que desempeñen o seu cargo en réxime desta dedicación parcial será de 19.000 € brutos anuais, que se distribuirá en catorce pagas: doce pagas ordinarias, correspondentes ás diferentes mensualidades do ano e as dúas restantes, de carácter extraordinario, que se devindicarán o 1 de xuño e o 1 de decembro, respectivamente. Así mesmo, non poderán percibir asistencias pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados dos que formen parte, pero si percibir indemnizacións polos gastos ocasionados polo exercicio do seu cargo, cando sexan efectivos, e tras a súa xustificación.

 

Dedicación parcial da Concellería Delegada de Obras e Servizos Básicos. Medioambiente e da Concellería Delegada de Benestar Social, Igualdade, Maiores e Xuventude.

Esixiráselle a dedicación á delegación de xeito exclusivo no horario establecido, sen prexuízo de prestar unha atención exclusiva aos asuntos urxentes que se presenten fóra deste horario. O cargo que se desempeñen con dedicación parcial deberán ter unha presencia efectiva mínima no concello de 25 horas semanais.

A retribución que percibirán os membros da Corporación que desempeñen os seus cargos en réxime de dedicación parcial percibirán unha retribución de 16.000 € brutos anuais, que se distribuirá en catorce pagas: doce pagas ordinarias, correspondentes ás diferentes mensualidades do ano e as dúas restantes, de carácter extraordinario, que se se devindicarán o 1 de xuño e o 1 de decembro, respectivamente. Así mesmo, non poderán percibir asistencias pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados dos que formen parte, pero si percibir indemnizacións polos gastos ocasionados polo exercicio do seu cargo, cando sexan efectivos, e tras a súa xustificación.