Xa estamos chegando ao final do campamento, pero as actividades non paran. No polideportivo estivemos achegándonos á práctica do voleibol e do fútbol sala. E no campamento estivemos facendo manualidades con gomaeva, acuarelas, fixemos disfraces, xogos tradicionais como a carretilla, o corro da pataca, e tivemos tempo para ver algunha película.
O venres 11 de agosto faremos a saída ao Porto de Rianxo. O horario do Campamento será o habitual, de 10:30 a 13:30, e o punto de encontro e recollida dos nenos e nenas o Colexio Castelao.
Campamento Urbano e Deportivo 2018