Xuventude

A Xunta de Galicia convoca o programa Bono alugueiro mocidade para facilitar o desfrute dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos. - Bono alugueiro mocidade - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Bono alugueiro mocidade

A Xunta de Galicia convoca o programa Bono alugueiro mocidade para facilitar o desfrute dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos.

Bono alugueiro mocidade

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2025 pola que se procede á convocatoria do programa de Bono alugueiro mocidade para o ano 2025, con financiamento plurianual (código de procedemento VI482E).

Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade 2025, con carácter plurianual, o programa Bono alugueiro mocidade para facilitar o desfrute dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias ou cesionarias (código de procedemento VI482E).

Requisitos das persoas beneficiarias 

  1. Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda.
  2. Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estadía ou residencia regular en España.
  3. Ser titular ou estar en condicións de subscribir na Comunidade Autónoma de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, ou, en calidade de persoa cesionaria, dun contrato de cesión de uso. No caso de alugamento de habitación non é exixible que a formalización sexa nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro.
  4. Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos.
  5. Que a vivenda ou habitación arrendada ou cedida constitúa, no momento da solicitude, a súa residencia habitual e permanente, no caso de que teña contrato. A dita circunstancia deberá ser acreditada mediante certificado ou volante de empadroamento, nos termos previstos nesta resolución.
  6. Concederaselles ás persoas beneficiarias unha axuda de 250 euros mensuais, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria

Contía, duración e retroactividade das axudas

  • Concederase unha axuda de 250 euros mensuais, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria.
  • A axuda concederase ás persoas beneficiarias polo prazo de dous anos.
  • Poderán recoñecerse desde o 1 de xaneiro de 2025, aínda que a data de recoñecemento fose posterior, sempre que o correspondente contrato de alugamento ou cesión de uso estivese vixente nesa data.

Presentación solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será do 28 de febreiro ao 28 de marzo de 2025
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario VI482E

Documentación complementaria

  • Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, de ser o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados.
  • Contrato de alugamento de vivenda formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, ou, se é o caso, contrato de alugamento de habitación ou contrato de cesión de uso.
  • Referencia catastral da vivenda, no caso de que non figure no contrato.
  • Documento asinado pola persoa arrendadora en que conste o importe da renda ou prezo de cesión individualizado, no caso de que estean incluídos os gastos de comunidade e/ou anexos, como garaxes ou rochos, cuxo importe non estivese desagregado.
  • Compromiso asinado pola persoa arrendadora e arrendataria/s da formalización dun contrato de alugamento ou cesión de uso, no caso de non dispoñer de contrato, en que consten os seguintes datos:
    • O importe da renda ou prezo da cesión individualizado, sen incluír os anexos da vivenda e gastos de comunidade.
    • O concello onde se localice a vivenda.
    • A referencia catastral da vivenda.
    • As persoas arrendatarias que subscribirán o dito contrato
    • A data de efectos económicos do contrato.
  • Certificado ou volante de empadroamento colectivo, en que conste a data da solicitude, as persoas que teñen o seu domicilio habitual e permanente na vivenda obxecto de alugamento ou cesión ou en que se localice a habitación obxecto de alugamento ou cesión, no caso de que teña contrato. Para estes efectos, recoñeceranse os certificados expedidos nos tres meses anteriores á data de presentación da solicitude. No caso de que na vivenda resida unicamente a persoa solicitante, o certificado deberá facer constar expresamente esta circunstancia.
  • Documentación xustificativa da fonte regular de ingresos da persoa solicitante. Para estes efectos, poderán achegarse:
    • Contrato de traballo por conta allea, de ser o caso Contrato de persoal investigador en formación, de ser o caso.
    • Certificado acreditativo da percepción dunha prestación social pública de carácter periódico, contributiva ou asistencial, de ser o caso.
    • Calquera outra documentación que xustifique algunha das fontes regulares de ingresos nos termos das bases reguladoras e da convocatoria.

Máis información e solicitude

Si desexas máis información ou axuda para complementar os trámites, podes acudir ao Servizo de Xuventude no Auditorio de Rianxo, teléfono 664 181 401 ou mail xuventude@concelloderianxo.gal.