Xuventude

- Bolsas no extranxeiro da Fundación Barrié - Novas de interese

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Bolsas no extranxeiro da Fundación Barrié

A Fundación Barrié convoca 45 bolsas coas seguintes características:

  • 30 bolsas predoutorais para a mobilidade internacional, con dúas modalidades:

Modalidade A: ata 25 bolsas para facilitar a mobilidade internacional de doutorandos con vinculación contractual ou bolsa, destinadas a realizar estadías de investigación en centros de excelencia internacionais por un período mínimo de 3 meses e máximo de 6 meses.
Modalidade B: ata 5 bolsas para facilitar a mobilidade internacional de doutorandos sen vinculación contractual ou bolsa, destinadas a realizar estadías de investigación en centros de excelencia internacionais por un período mínimo de 3 meses e máximo de 6 meses.

  • 5 bolsas posdoutorais para a mobilidade internacional co fin de facilitar estadías de investigación de doutores en centros de excelencia internacionais por un período mínimo de 3 meses e máximo de 24 meses.
  • 10 bolsas para a realización de estudos de máster no estranxeiro nos mellores centros académicos e investigadores do mundo por un período máximo de 24 meses.

A dotación da bolsa inclúe asignación mensual, gastos de matrícula coas condicións establecidas nas bases, transporte e seguro, a xestión do proceso de solicitude e asesoramento integral durante a bolsa e a rede de coñecemento e apoio da súa Asociación de Bolseiros, con máis de 800 asociados.

Os requisitos dos candidatos/as son ter nacionalidade española, vinculación con Galicia, bó expediente académico, alta motivación para completar un proxecto claro e de impacto social, dominio da lingua de traballo do país de destino e ter unha titulación universitaria.

A solicitude está dispoñible en http://becasposgrado.fbarrie.org e o prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2013.

Convocatoria

 

00

More Blog Entries

Engadir comentarios