Xuventude

- Recompilación de bolsas e axudas - Novas de interese

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Recompilación de bolsas e axudas

Bolsas de Formación
  • Bolsas de formación e de prácticas en Medio Rural e do Mar: A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca 71 bolsas de prácticas: 
    bolsas de formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación, bolsas de prácticas para os recentemente titulados en especialidades agrarias, forestais, veterinaria, tecnoloxía dos alimentos e biología e bolsas de prácticas para alumnos e recentemente titulados de formación profesional da familia agraria. O prazo para presentar as solicitudes rematará o vindeiro 6 de xullo.
  • Bolsas de práctica laboral na Deputación de Pontevedra: 17 bolsas de práctica laboral destinadas a mozos titulados universitarios ou de formación profesional, sen experiencia laboral previa. As prácticas realizaranse en centro dependentes da Deputación de Pontevedra. O prazo rematará o vindeiro 20 de xuño.
  • Bolsas do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas: 34 bolsas de formación destinadas a persoas que se encontren en posesión do título de graduado, licenciado, enxeñeiro ou enxeñeiro técnico, sempre que rematasen os seus estudos con posterioridade ao 30 de xullo de 2009. O prazo estará aberto ata o 20 de xuño.
  • Bolsas de investigación no Museo Naval: O Museo Naval convoca unha bolsa de investigación sobre fondos patrimoniais, histórico-artísticos e bibliográficos do museo. Poderán optar a esta bolsa todos os españois sen límite de idade que acrediten experiencia, traballos ou certificados académicos relacionados co tema. A bolsa terá unha dotación para o ano 2013 de 4.000 €. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de xullo de 2013.

+ Infor: Convocatoria BOE

  • Bolsas Endesa para as Artes Plásticas: A Fundación Endesa e a Deputación de Teruel co fin de fomentar a creatividade artística nos seus diversos campos. Convócanse catro bolsas cunha dotación, cada unha delas, de 22.000 euros. Os destinatarios son artistas españois ou residentes en España, sen límite de idade. A data límite é o 15 de xuño.
  • Bolsas da Dirección Xeral de Comercio: A Dirección Xeral de Comercio convoca 4 bolsas de formación práctica. As bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e o seu contorno. O prazo remata o 8 de xuño.
Bolsas de Mobilidade
  • Bolsas Fullbright para lectores de español en Estados Unidos: 14 bolsas para lectores de español dirixidas a titulados superiores con experiencia laboral ou formación acreditada no ensino de inglés no curso 2014/2015. O prazo remata o 20 de xuño.
  • Bolsas LEONARDO DA VINCI da Deputación de Ourense: A Deputación de Ourense convoca 50 bolsas individuais de estancias e prácticas laborais en empresas europeas. As prácticas poderanse desenvolver en empresas da Unión Europea, preferentemente en Reino Unido e Portugal. O prazo remata o vindeiro 28 de maio.
  • GALEUROPA: O programa Galeuropa vai dirixido a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España. O prazo remata o vindeiro 29 de maio.
  • Bolsas do Goberno Xaponés para graduados españois: O Goberno de Xapón xunto co Ministerio de Educación, Cultura, Deporte, Ciencia e Tecnoloxía (MEXT), convocan boslas para estudantes internacionais que desexen realizar estudos en universidades xaponesas como estudantes investigadores segundo o sistema de bolsas do goberno xaponés para o ano 2014. O prazo remata o vindeiro 6 de xuño.
  • Bolsas de curta duración Alemaña estudantes de doutorado e investigadores: Bolsas do  Servizo Alemán de Intercambio Académico para estudantes de Doutorado e investigadores con excelente expediente e coñecementos de alemán para estadias en Alemania entre un e seis meses. O prazo remata o vindeiro 1 de xuño.

 

00

More Blog Entries

Engadir comentarios