Bandos Informativos

- Bando informativo sobre as fogueiras de San Xoan 2025 - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando informativo sobre as fogueiras de San Xoan 2025

Julián Bustelo Abuín, Alcalde do Concello de Rianxo, con motivo da realización de fogueiras no marco da celebración da festividade de San Xoán a noite do 23 de xuño de 2025, INFORMO:

Aquelas persoas que teñan intención de realizar unha fogueira nun terreo particular a noite do 23 de xuño de 2025 deberán presentar unha declaración responsable debidamente cuberta.

O modelo a cubrir pódese recoller no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo.

Na dita declaración recóllense as medidas preventivas de obrigado cumprimento para garantir a seguridade de todos e de todas.

O prazo para presentar a declaración finaliza o 20 de xullo de 2025 ás 9:00 horas.

As persoas que fagan unha fogueira sen presentar en prazo e forma a preceptiva declaración responsable poderán ser sancionadas.

Rianxo, a 4 de xuño de 2025