Normalización Lingüística

Normalización Lingüística - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Auditorio de Rianxo
Rúa dos Autores da Rianxeira, s/n
15920 Rianxo

Directo: 881 988 798 / Auditorio: 981 100 688 / Concello: 981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 14.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

O Correlingua é unha proposta escolar de dinamización lingüística de carácter lúdico-educativo que nos convida a defender e a reivindicar o uso da nosa lingua en todos os ámbitos da vida.  Este ano o Correlingua estase a celebrar nos centros de ensino, ante a imposibilidade de organizar a actividade central: a carreira pola lingua. Así, chega a Rianxo en formato concerto do grupo...

Relatorio e presentación do libro do sociólogo Jorge García Marín, Papa, por que non pintas as unllas de cores?, Educando (construíndo) masculinidades disidentes. Editorial Galaxia. Día: mércores, 25 de novembro Hora: 17:00 Lugar: Auditorio de Rianxo Nunha época de feminismo, as masculinidades aínda precisan construírse conforme aos novos tempos. É preciso, xa desde a educación infantil,...

Día: mércores, 18 de novembro Hora: 16:30 Lugar: Auditorio de Rianxo Debido á conmemoración do 25N (Día da Eliminación da Violencia contra a Muller), o Proxecto Apego do Concello de Rianxo organizará unha serie de actividades a través das cales procurará a participación activa dos homes do Concello baixo o lema: “Para vivirmos nun Rianxo feminista, trae un home”. A Escola de familias de...

Día: mércores, 11 de novembro Hora: 17:30 Lugar: Auditorio de Rianxo En familia, de conto! é unha sesión de “encantacontos” que nace co obxectivo de poñer á disposición das nais e pais diferentes recursos e estratexias para compartir coas súas crianzas unha experiencia íntima de lecer e aprendizaxes mutuas. Contos, poemas, adiviñas, xogos de man, imaxes, obxectos e as cancións, como fío...

Nova actividade encadrada na programación da Escola de Familias de Rianxo Día: mércores, 28 de outubro Hora: de 17:30 a 19:30 Lugar: Auditorio de Rianxo Fabaloba achéganos contos, música, xogos e moitos outros recursos para educarmos as nosas crianzas en galego. Dirixido a familias con crianzas, profesorado, monitores/as de tempo libre e demais público interesado. Prazas limitadas. ...

Terceira semana de actividades do programa Escola de familias de Rianxo Obradoiro de lingua de signos en familia Día: mércores, 21 de outubro Hora: de 16:30 a 19:30 h Lugar: Auditorio de Rianxo Nesta actividade falaremos da importancia da lingua de signos como sistema de comunicación temperá, de como favorece o desenvolvemento da linguaxe e como nos pode axudar á hora de introducir unha...

Segunda actividade do programa da Escola de familias de Rianxo: Obradoiro de primeiros auxilios pediátricos Día: mércores, 14 de outubro Hora: de 16:00 a 20:30 h Lugar: Auditorio de Rianxo Formación avalada pola SEMFYC na que aprenderemos os primeiros auxilios básicos para saber reaccionar no caso de que aconteza unha emerxencia. Inclúe prácticas individuais con manequíns. (Entregarase...

Bota a andar o programa da Escola de familias 2020, que en Rianxo se enmarca dentro do Proxecto Apego, campaña de dinamización lingüística para a primeira infancia impulsada por preto de trinta concellos de Galiza. A Escola de familias 2020 tiña previsto botar a andar no mes de abril, mais por mor da alerta sanitaria tivo que cancelarse. De volta co curso escolar, os/as máis pequenos/as e as...

A concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Adelina Ces Quintáns, entregou onte no Auditorio de Rianxo os diplomas que certifican a asistencia do alumnado ao Curso de acollemento e integración lingüística que impartiu ao longo deste mes de setembro Tono Formoso, profesor da Cooperativa Fabaloba. Este curso básico de lingua e cultura galega serviulle ao alumnado para preparar as...

O programa Ceibarimas chega a Rianxo da man de Frank, MC do grupo de rap galego Rebeliom do Inframundo. Trátase dun obradoiro de free style en galego no que poderán participar un máximo de 15 persoas. Día: xoves, 27 de agosto Hora: 18:00 a 20:00 Lugar: Pazo de Rianxiño É preciso inscribirse previamente, en Proxecto Cibarimas: https://ceibarimas.gal/ Xuventude Rianxo:...

Se a situación sanitaria o permite, no mes de setembro, retomarase o Curso básico de lingua e cultura galega. Realizarase dun xeito máis intensivo, debido a que a Xunta de Galicia ten previsto convocar as probas Celga para finais do mes de setembro ou comezos de outubro. Datas: do 1 ao 24 de setembro (martes, mércores e xoves) Horario: de 19:00 a 21:00 h. Lugar: Auditorio de Rianxo Debido a...

Un xurado composto polo técnico de normalización da Universidade da Coruña, Xesús Manquel Mosquera Carregal, a técnica do Concello da Coruña, Julia Rigueiro, a profesora e gañadora da edición pasada por 21 Días co Galego Pilar Ponte e o xornalista Eduardo Rolland, representante do xornal Gciencia tamén gañador o ano anterior e presidido pola deputada de Normalización Lingüística, María Muíño...

O concurso está aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles e/ou vídeos en galego, autoproducidos, subidos a YouTube e que estean publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019. No caso de presentar unha canle, esta debe conter polo menos cinco vídeos, maioritariamente en galego e realizados con posterioridade a esa mesma data. Deste xeito, os Premios Youtubeir@s regresan...

Ao resultar imposible manter como data para presentarse ás probas o mes de maio e/ou xuño de 2020, tal como recollía a Resolución do 6 de marzo, a realización destas adíase ata o mes de setembro e/ou outubro de 2020, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicitadas no DOG, así como na páxina web da Secretaría Xeral...

Este venres, 28 de febreiro, desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra a fase de zona do Club de Debate organizada polos concellos de Rianxo, Redondela e Pontevedra. O Club de Debate é unha actividade das concellarías de Normalización Lingüística para desenvolver as destrezas orais da lingua galega en distintos contextos, fomentar o debate e consolidar foros de discusión sobre temas de...

Luns, 24 de febreiro Caldo de Gloria no menú, como tapa ou ración, nos seguintes establecementos hostaleiros de Rianxo: Bar Abuín Parrillada Ourense O Costillar Cafetaría Braisa Bar Atalaia O Curral do Marqués Cafetaría Santa Columba Xoves, 27 de febreiro ​​​​​​​Actos de homenaxe á poeta Rosalía de Castro 9:45 h: Lecer con Rosalía, polas rúas de Rianxo - Entrega de versos de Rosalía...

O Concello de Rianxo organiza un Curso básico de lingua e cultura galega. O que se pretende con esta actividade formativa é acoller lingüística e culturalmente as persoas de fóra de Galiza e tamén servir de ferramenta de integración para a cidadanía que aínda non dispón dos niveis iniciais do certificado de lingua galega (Celga 1 e 2).  O curso desenvolverase entre os meses de marzo e...

A Xunta de Galicia convoca cursos de lingua galega preparatorios das probas para a obtención dos Celga 2020. O prazo para a presentación das solicitudes é de 15 días, contados a partir do 30 de xaneiro. (O prazo remata o 19 de febreiro). Este ano haberá cursos de teleformación para preparar Celga1, Celga2, Celga3 e Celga 4. Cursos presenciais só haberá nas cidades. A convocatoria pódese...

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo pon a disposición dos comercios e locais de hostalaría adheridos á campaña En Rianxo, ao noso xeito, unha serie de materiais destinados exclusivamente á celebración do Nadal. 1. Etiquetas para regalos para o comercio:  - En Rianxo, ao noso xeito "Agardo que che guste" - En Rianxo, ao noso xeito "Con todo o meu agarimo" - En...

Mañá, venres día 29 de novembro, os youtubeir@s rianxeir@s viaxamos ata Santiago de Compostela para presenciar a gala final do certame Youtubeir@s ​​​​​​​2019. Aínda quedan algunhas prazas libres no autobús. O número de teléfono ao que hai que chamar se alguén se quere apuntar é o: 981 972 713. Veña, que algún rianxeiro pode volver con premio!! Día: venres, 29 de novembro Hora: 20:00 Lugar:...

O pasado martes tivo lugar no Auditorio de Rianxo a I Asemblea Xeral da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, asociación que se fundou o pasado mes de febreiro en Santiago de Compostela e que está formada por 15 concellos galegos que pretenden desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma. O Concello de Rianxo, que exercerá a presidencia durante os dous...

Aprázase o acto programado para a tarde de mañá no Cemiterio Municipal de Rianxo por mor da chuvia.  

“É ben curioso que sendo a meirande parte das persoas moradoras nos nosos camposantos galegofalantes en vida, teñan despois que "pervivir" noutra lingua distinta á súa. Os datos son reveladores: só un 3% das esquelas e unha de cada mil lápidas están en galego”. Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística. ​​​​​​​O Concello de Rianxo organizará o vindeiro 31 de outubro, ás 17:00...

Entre os días 9 e 23 de outubro estará aberto o prazo para inscribirse no último dos obradoiros da Escola de Familias 2019: Mindfulness en familia. Impartida por Raquel Bello de Espazo Oikos (psicóloga familiar), a actividade (de 5 sesións) ten un custo de 20 € (individual) e de 25 € (con acompañante da mesma unidade familiar). Están exentas do pagamento aquelas unidades familiares que teñan...

O Proxecto Youtubeir@s, que está organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Rianxo, A Baña, Carballo, Cedeira, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Ames, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña, ten o obxectivo de fomentar a creación de contidos na Rede na nosa lingua.  Youtubeir@s encara neste outono o...

A Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2 e 4 que terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019. Persoas destinatarias: maiores de 16 anos, nacionais ou estranxeiras Prazo de matrícula: ata o 1 de outubro de 2019 Lugares de realización das probas: Santiago de Compostela e Ponferrada. Texto da...

O Concello de Rianxo abre o prazo para matricularse no obradoiro Faladoiros de alimentación saudable, dentro do programa da Escola de Familias 2019. Datas: 5 sesións (25 de setembro, 2, 9, 16 e 23 de outubro. Todos mércores) Hora: de 18.30 a 19.30 Lugar: Auditorio de Rianxo Persoas destinatarias: familias con crianzas, persoal educativo (docentes de ensino infantil e primario, educadores/as...

A Xunta de Galicia convoca cursos de lingua galega Celga (preparatorios das probas de acreditación dos distintos niveis do certificado de lingua galega) e cursos de linguaxe administrativa media e superior que se van impartir nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia. Os cursos Celga son presenciais e os de linguaxe administrativa poden cursarse presencialmente ou en liña e desenvolveranse...

Ruta histórica, literaria e paisaxística para familias con crianzas. Día: sábado, 27 de xullo (adiada para o sábado, 3 de agosto). Hora: 11:00 Punto de encontro: Lavadoiro da aldea do Pazo (preto do Castelo da Lúa) Idades recomendadas: persoas acompañadas con crianzas de 0 a 11 anos. Inscrición: Correo electrónico: normalizacion@concelloderianxo.gal...

Entre o martes 25 e o venres 28 de xuño desenvolverase no Auditorio de Rianxo o curso de verán da USC, Galego, porta aberta para o mundo 2: lingua, pensamento e cultura na Galiza e Portugal. O curso, dirixido pola profesora e escritora Teresa Moure, porá o foco nos contactos culturais  realmente existentes entre os pobos galego e portugués, e para iso trataranse temas tan diversos como a...

O proxecto Youtubeir@s, no que o Concello de Rianxo participa xunto con outros 13 concellos, a Deputación da Coruña e as tres universidades galegas, organiza a seguinte actividade formativa: ///////// LISTA DE REPRODUCIÓN AO VIVO /////// O venres 28 de xuño ás 18.00 horas queremos que veñas gozar da Lista de reprodución ao vivo con algúns/algunhas Youtubeir@s do momento! A actividade...

O mércores día 5 tivo lugar a última sesión do Obradoiro de disciplina positiva, impartido pola pedagoga María Paredes. Ata un total de 20 persoas asistiron regularmente a este obradoiro da Escola de Familias do Concello de Rianxo, que constou de cinco sesións en total, repartidas en varios mércores dos meses de maio e xuño. A Concelleira de Benestar, Igualdade e Diversidade en funcións do...

O programa Youtubeir@s 2019, no que o Concello de Rianxo participa, xunto con outros 13 concellos galegos, a Deputación da Coruña e as tres universidades galegas, organiza un encontro para creadores de contidos dixitais no Youtube. Lugar: Centro Cívico Cidade Vella (A Coruña) Día: sábado, 8 de xuño Hora: de 10:30 a 13:30 Para inscribirse hai que facelo a través do correo electrónico...

O Concello de Rianxo, a través da campaña de dinamización do comercio e da hostalaría do municipio, está a facer estes días entrega do novo material: - Bolsas de papel coa imaxe da campaña. - Manteis para hostalaría co mapa de Rianxo, onde se recolle información toponímica, o nome a localización dos lugares de interese do concello, así como o dos establecementos que están adheridos á campaña.

O pasado venres, 5 de abril, o Auditorio Novo de Negreira acolleu a fase de zona do Club de Debate 2019, na que conseguiron o primeiro e segundo premios, respectivamente o IES Xulián Magariños de Negreira e o CEIP Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro. Nesta eliminatoria participaron 6 equipos, que debateron durante todo o día no tema proposto previamente: Hai liberdade de expresión nos medios de...

A Escola de Familias do Concello de Rianxo pon en marcha tres programas formativos que están relacionados cos coidados familiares máis básicos: a alimentación infantil, a crianza respectuosa e a autorregulación emocional. Obradoiros de disciplina positiva (5 sesións), Faladoiros de alimentación saudable (5 sesións) e Mindfulness en familia (6 sesións) son os tres monográficos que se...

A Xunta de Galicia convoca as probas para obter os certificados Celga 1, 2, 3 e 4 e que terán lugar o vindeiro mes de xuño. Prazo de presentación de solicitudes: do 26 de marzo ao 25 de abril. Lugares de realización: Santiago de Compostela e Ponferrada. Quen desexe recibir máis información sobre o procedemento de inscrición nas probas pode pasarse polo Servizo de Normalización Lingüística do...

O 8M Rianxo será ocupado  polo Movemento Feminista da Comarca do Barbanza co apoio do Concello de Rianxo. Alí, as entidades feministas achegarán as principais demandas que precisan as mulleres nos eidos dos coidados, da educación, do traballo, sobre os seus corpos etc. Horario das concentracións: ás 12:00 e ás 20:00 h Lugar: praza Castelao    

Con motivo do Día de Rosalía, a Fundación Rosalía de Castro e o Concello de Rianxo convídanche a degustar o caldo de gloria nos estabelecementos colaboradores.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística anunciou onte a convocatoria de cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Persoas destinatarias: maiores de 16 anos Prazo de adminisión de solicitudes: do 20 de febreiro ao 20 de marzo Os cursos presenciais ofrécense só nas cidades. Consulta da convocatoria completa en: ...

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo organiza un obradoiro de creación de vídeos para a plataforma Youtube. Datas: 3 sábados en total: 23 de febreiro e 9 e 16 de marzo. Horario: de 10:00 a 12:00 h. Lugar: Aula de Informática do Auditorio de Rianxo. Docentes: Miguel Silva (Aquel-e) e Román Castaño (As cousas do choio) Idades recomendadas: mozas e mozos de máis de 14...

Dentro da programación de Nadal organizada pola Concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Local e Comercio do Concello de Rianxo poderemos gozar da visita da familia de ficción máis famosa entre a rapazada galega: Os Bolechas. Día: 7 de xaneiro Hora: 18:00 Lugar: Auditorio Municipal de Rianxo Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada unha hora antes da función (máximo 2...

Fabaloba e Luís Prego Narración oral, plástica e musical baseada no portal Alí, recursos en galego para a educación infantil. Dirixido a crianzas de 0 a 6 anos, acompañadas dun máximo de dúas persoas adultas. Tamén a persoas que desexen coñecer recursos educativos en galego para a infancia. Día: 15 de decembro, sábado Hora: 11:30 h Lugar: Auditorio Municipal de Rianxo Prazas limitadas:...

O Concello de Rianxo únese este ano, a traveś dunha lectura pública de mandas testamentarias, á campaña promovida pola Asociación de Funcionarios/as pola Normalización Lingüística En galego, agora e sempre, que promove o uso do galego en lápidas, necrolóxicas, actos eclesiásticos e documentos xurídicos relacionados coa herdanza. Día: 31 de outubro Hora: 17:30 Lugar: Cemiterio Municipal (en...

ESCOLA DE FAMILIAS Dous novos obradoiros para a rapazada de Rianxo e as súas familias dentro do Programa Apego. Mindfulness en familia Practicando o adestramento da tranquilidade e da atención... acadamos a calma. Día: 6 de novembro Hora: 18:30 Lugar: Liceo marítimo rianxeiro Dirixido a: nenas e nenos de 4 a 12 anos e as súas familias Impartido por Raquel Bello, psicóloga e especialista...

O xoves día 18 de outubro presentarase en Rianxo a obra Forever in Galicia, tradución ao inglés do Sempre en Galiza de A. R. Castelao.  Craig Patterson (tradutor) e Clive Boutle (director da editorial Francis Boutle Publishers) visitarannos nunha xornada na que se organizarán os seguintes actos: 12:30 h  Paseo até a casa de Castelao. Rúa de Abaixo, 42. 20:30 h  Presentación do...

A Secretaría Xeral de Política convoca probas extraordinarias para a obtención do Certificado de Lingua Galega (Celga). Estes exames terán lugar entre a segunda quincena de novembro e a primeira de decembro. Niveis das probas: Celga 2 e Celga 4 Lugares de realización: Santiago de Compostela e Ponferrada Prazo de inscrición: do 15 de setembro ao 4 de outubro As persoas que estean interesadas...

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia acaba de publicar a convocatoria de cursos de lingua galega (niveis Celga) que se desenvolverán nas escolas oficiais de idiomas. Estes cursos serven para preparar as probas (exames) dos Certificados de Lingua Galega (Celga). Quen estea interesado en participar nalgún destes cursos presenciais debe consultar a resolución da...

A compañía Pavís Pavós presenta unha nova actividade para bebés: PALMA REPALMA. Inclúese dentro da programación do programa Apego e conta coa colaboración da Biblioteca municipal de Rianxo. Trátase dun obradoiro de contos, xogos, cantos e arrolos, que baixo o título de Palma, repalma pretende achegar ás familias recursos para se divertiren na nosa lingua. A actividade desenvolverase na...

A Concellaría de Promoción Económica e mais o Servizo de Normalización Lingüística continúan coa promoción da campaña de dinamización do comercio e da hostalaría rianxeira, “En Rianxo, ao noso xeito”, coa impresión e reparto de bolsas de papel co logo da campaña. O obxectivo desta iniciativa é seguir promovendo a actividade económica rianxeira e contribuír á utilización de bolsas de papel...

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 50 de 80 resultados.