Novas Tecnoloxías

Novas Tecnoloxías - concelloderianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

A Deputación da Coruña organiza, a través do programa PEL-Concellos dixitais, unha xornada formativa na plataforma SUBTEL para a solicitude e tramitación das subvencións da Deputación da Coruña. Está dirixida ás entidades asociativas (culturais, deportivas, comerciais, veciñanza) ou outros colectivos ou particulares que podan necesitar tramitar nesta plataforma. A xornada formativa, cunha...

O 17 de maio é o día da Internet. Cada vez máis, a tecnoloxía permítenos avanzar no desenvolvemento dunha comunicación máis fluída entre a cidadanía e as administracións. Con esta guía, o Concello de Rianxo pretende achegar á veciñanza os medios tecnolóxicos que están á súa disposición para faceren trámites dende a casa, dende o móbil, dende calquera lugar, sen se teren que achegar ás...

A Xunta de Galicia, co Plan de Banda Larga 2020, e a Administración Xeral do Estado, co Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, están a promover de xeito complementario no concello de Rianxo o despregamento das redes ultrarrápidas de acceso á Internet. Telefónica SA é a empresa beneficiaria dunha subvención da Xunta de Galicia de 14,2 millóns de euros, cofinanciados co Fondo...

O Concello de Rianxo iniciou hoxe, xoves 1 de xuño, a dixitalización total da documentación que se presenta no Rexistro Xeral do concello. Polo tanto, agora as persoas físicas que presentan documentación de forma presencial no Rexistro Xeral do concello non precisan entregar fotocopias, xa que a documentación orixinal será dixitalizada e cotexada para conformar un documento electrónico...

O Concello de Rianxo, xunto con outros seis concellos da provincia, será pioneiro na conexión dunha entidade local ao Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), que permitirá conectar todos os rexistros das oficinas da Administración do Estado, dentro dunha iniciativa do equipo de implantación da administración electrónica da Deputación da Coruña, entidade que xestiona nos concellos da...

O Concello de Rianxo pon en marcha un proxecto piloto da Deputación da Coruña para emitir notificacións electrónicas daqueles expedientes para os que as persoas solicitantes o requiran. A notificación electrónica é un mecanismo telemático de notificación contemplado na Lei 11/2007 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Substitúe a notificación en papel e ten plena validez...

O Concello de Rianxo pon en marcha unha canle de Telegram para a difusión de información municipal. Subscríbete para recibir as alertas ao instante no teu dispositivo con Telegram de toda a información que se lanza ás redes sociais. A túa subscrición é invisible para as demais persoas subscritoras. O Telegram é unha aplicación multiplataforma de mensaxería instantánea que podes utilizar en...

O GULIR (Grupo de usuarios de Linux de Rianxo) celebra o 17 de Maio, día da Internet, cunha exposición de aparellos feitos na casa e antigüidades e relatorios sobre software libre e as TIC. Máis información en http://www.rianxo.com/17demaiodiadainternet

O Grupo de Usuarios de Linux de Rianxo (GULIR) organiza, coa colaboración do Concello de Rianxo, unha xornada sobre as Tecnoloxías da Información e a Comunicación no Día da Internet. As actividades a desenvolver están dirixidas a todos os públicos, e inclúen relatorios, unha mostra tecnolóxica e actividades de lecer. A programación confirmada pódese ir consultando no espazo dedicado...

O Concello de Rianxo organiza ao longo do mes de agosto, coa colaboración da Asociación Rianxo Sen Cabos, unhas xornadas abertas das TIC nas que se propoñen tres accións divulgativas: Introdución á programación Multimedia Xestión de proxectos A inscrición nas diferentes propostas pódese facer en liña no enderezo web www.concelloderianxo.es/inscricions Descarga do cartel ...

— Resultados por páxina
Mostrando 10 resultados.