A acción municipal no deporte A acción municipal no deporte

Profundizando nas liñas de actuación municipais no deporte atopamos que abrangue multitude de ámbitos (saúde, formación, rendemento deportivo, recreación...); segmentos de poboación (infancia, mocidade, persoas adultas, 3ª idade...); espazos (pavillóns, pistas polideportivas, centros escolares...) e de relacións e colaboracións con distintos axentes sociais (clubs deportivos, ANPAS, entidades culturais e deportivas, administración...).

Neste apartado preténdese resumir a acción do Servizo de Deportes presentando os distintos programas que se desenvolven ao longo do ano.

Apoio ás entidades deportivas

Programa Deporte Base

Programa de axudas nado en 2005 dirixido á contratación de persoal técnico, por parte das entidades deportivas, co fin de mellorar a calidade da formación deportiva nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

En 2017, o Concello achegou máis de 31.000 € para o desenvolvemento deste programa, no que participan preto de 400 rapaces do C.D. Unión, C. Náutico, C. Piragüismo, CCD Taragoña, C. de Remo, C. Voleibol Rianxo, C. Xadrez Rianxo e Club Baloncesto Rianxo.

Programa de subvencións para actividade deportiva xeral

Programa de axudas ás entidades deportivas para o desenvolvemento da súa actividade deportiva.

En 2018 están previstas subvención por importe de 31.850 € para un total de 14 entidades deportivas, o que supón un incremento de 6.800 € e subvencionar a dúas entidades mais respecto do 2017.

Eventos deportivos

O Servizo de Deportes participa activamente coas entidades deportivas na organización de eventos deportivos. Exemplos desta colaboración son:

  • Bandeira de Traiñeiras "Concello de Rianxo",
  • Regata de Kayak de mar "Concello de Rianxo"
  • Marcha BTT "Concello de Rianxo"
  • Carreira Popular "Concello de Rianxo"
  • Slalom "Concello de Rianxo"
  • Tríatlon "Concello de Rianxo"
  • Carreira - Andaina Benéfica "Castelo da Lúa"
  • Trail Subida ao Pico Muralla "Concello de Rianxo"

Outras colaboracións

Asemade, o concello colabora coas entidades:

  • Coa cesión gratuíta das instalacións deportivas municipais.
  • No mantemento, reparación e construcción de instalacións deportivas de entidades.
  • No investimento en material e equipamento deportivo.
  • Co asesoramento en materia deportiva e cedendo medios administrativos.