Anuncios

- Exposición pública da aprobación inicial do documento do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Rianxo - concelloderianxo

Anuncios

Exposición pública da aprobación inicial do documento do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Rianxo

O Pleno do Concello de Rianxo, na sesión ordinaria do 28 de novembro de 2019, aprobou inicialmente o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Rianxo.

Sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, que comezarán a contar a partir da publicación no BOP do mércores 4 de decembro (https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/12/04/2019_0000009654.pdf) co fin de que as persoas que o desexen poidan formular as correspondentes alegacións, observacións e suxestións.

Durante o citado prazo, a documentación do Plan poderá ser examinada nas dependencias da Casa Consistorial do Concello de Rianxo na praza de Castelao 1, en días hábiles e durante o horario de atención ao público. Asemade, pode consultarse en formato electrónico na seguinte ligazón:

Descarga do documento do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Rianxo (PDF 42,5MB)