Anuncios Anuncios

Atrás

Exposición pública do regulamento do rexistro municipal de Entidades Asociativas

A comisión informativa de Facenda e Participación, na reunión do luns 24 de xullo, acordou a aprobación inicial do Regulamento do Rexistro Municipal de Entidades Asociativas.

Entre os acordos acadados, decidiuse:

  • A exposición na web municipal por un prazo de 45 días para que todas as persoas interesadas poidan participar na súa elaboración e achegar suxestións e valoracións ao texto que se presenta.
  • Dar máis concreción, en sucesivas revisións, aos artigos 12, "Criterios para a declaración de utilidade publica municipal" e aos artigos 14, 15 e 16, nos que se regulan os dereitos, as obrigas e a forma de convenio de colaboración.
  • Enviar copias as entidades de cara a convocar unha presentación pública do texto no mes de setembro.

Regulamento do Rexistro Municipal de Entidades Asociativas

Seguinte