Biblioteca Municipal Biblioteca Municipal

Atrás

Imos celebrar o "Día da Biblioteca"

VENRES 23 DE OUTUBRO
19.00 h   -   Biblioteca Pública "Castelao"
CONTACONTOS FAMILIAR: Por que é salgada a auga do mar por Os Quinquilláns

A Tripulanta Rías e o Tripulante Norai son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. El cre as teorías científicas, pero ela fai máis caso dunha lenda cuxos protagonistas viviron hai moito tempo nas proximidades da biblioteca onde se celebra o espectáculo. Tras representar a lenda, os dous tripulantes organizan unha grande expedición aos fondos mariños, levándose consigo a todo o público e facéndoos partícipes de importantes descubrimentos.

PÚBLICO.- TODOS OS PÚBLICOS a partir de 3 anos.

DEFINICIÓN ESPECTÁCULO.- A representación divídese en 2 partes diferentes.

  1. a) Escenificación da lenda tradicional, con aparición de diferentes personaxes e recursos teatrais.
  2. b) Pequeno pasarrúas co público que representa unha expedición aos fondos mariños coa aparición de tres grandes peixes inchables con luz propia.
REPARTO.- 

Tero Rodríguez.- Tripulanta Rías, Antía, Vaca, Vella Meiga, Cabaliño de Mar, Manta Raia.

Lucho Penabade.- Tripulante Norai, Luís, Vaca, Peixe de Cores

web: www.quinquillans.com

 
 
SÁBADO 24 DE OUTUBRO
11.00 a 14.00 h   -   Biblioteca Pública "Castelao"
ACTIVIDADES SOBRE O MAR NA BIBLIOTECA PÚBLICA CASTELAO

 

Visitas guiadas á biblioteca e presentación dos libros, máis de 250 exemplares diferentes, obtidos grazas o Premio Maria Moliner 2014 outorgado á Biblioteca Pública Castelao pola súa labor na animación á lectura.

Obradoiros sobre o mar coa colaboración do Club Náutico de Rianxo e o Colectivo Artesán Ondiñas Mainas

Exposición de fondo sobre o mar con material cedido polo Museo do Mar de Rianxo