Biblioteca Municipal

HORARIOS - concelloderianxo

BIBLIOTECA MUNICIPAL

INFORMACIÓN XERAL

Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo

biblioteca@concelloderianxo.gal

Teléfonos  981 860 272  -  667 185 58

INVERNO:
​​​​​​​Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h

VERÁN (15 xuño-15 setembro):
​​​​​​​Luns a venres de 09:00 a 14:00 h

 

Biblioteca Municipal

En "Cambia o conto" (Música Miúda)  traballamos os estereotipos de xénero nos contos tradicionais. A nenas e os nenos analizan contos que xa coñecen e refán a historia coa nosa axuda, adaptándoa a unha realidade inclusiva en termos de xénero. Ademais, realizamos un contacontos musical a partir de textos propios, que teñen unha perspectiva igualitaria. Día: sábado, 26 de outubro Hora:...

En Rianxo celebraremos o Día da Biblioteca con "A pluma viva de Rosalía", dos Quinquilláns. Día: xoves, 24 de outubro Hora: 18:00 h Lugar: Biblioteca Municipal Prometemos que vai ser unha tarde moi especial cargada de sorpresas e risas. Actividade de balde ata completar capacidade.

Regueifeando pola Coruña Sábado 19 as 18:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo Actividade de balde ata completar capacidade.

Gale, a historia da lingua sábado 19 de outubro as 12:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo Adaptación de As Aventuras de Gale, baseada na obra «Historia da Lingua Galega, do latín ao acento de Burgos» de Pepe Carreiro. Unha proposta con monicreques, sombras e narración oral na que Gale (lingua galega) nos guiará a través da súa historia para entender a súa situación actual e tratar de...

Conferencia "Experiencia mística e expresión artística na filosofía india" a cargo de Raquel Fernández en colaboración coa editorial Axóuxere de Rianxo e a Deputación da Coruñá. Venres 18 de outubro as 20:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo

Contacontos Venres 18 de outubro as 18:00 na Biblitoteca Municipal de Rianxo a cargo de Atenea García. Para crianzas a partir de 3 anos. Estrafalaria é un especaculo o que combina a narración oral coa manipulación de obxectos onde o público participa activamente do relato. A personaxes que interveñen na historia caracterizanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira. As...

Sesión de contacontos para bebés entre 6 meses e 4 anos. Incrición previa: biblioteca@concelloderianxo.gal 981 860 272 – 667 185 581 ou no enlace https://forms.gle/B5bPCvL4QTjZ6crt7 ​​​​​​​Na propia biblioteca municipal Cris de Caldas, como contadora, acompañada de  Xabi do Camiño que pon a nota musical Kenka un kenko! pediu a nena. Kenka un kenko!! berrou a nena. Kenka un kenko!!!...

Documental "Vértice de versos", con posterior coloquio co director Carlos Lorenzo. Venres 6 de setembro ás 21:00 h na Biblioteca Municipal de Rianxo

Día da Biblioteca. Mércores 24 de outubro as 18:30 celebraremos o día da Biblioteca con Pablísimo e o contacontos O Paroleiro Save Save

Descubre o mundo dos Booktubers. Es maior de 14 anos ou adult@. Reserva a túa para no obradoiro de Booktubers do próximo venres 19 de outubro as 18:00h. Pódes incribirte no seguinte formulario. https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScL5N-g-4blM_j3KNRYaTFMNowRQVT2ZxHbkxmhjPPLCFZrRg/viewform?usp=sf_link   Save

Contos Pop-Up con Fátima Fernández o sábado 6 de outubro as 12:00h. na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo.

Contacontos infantil ilustrado para cativos entre 3 e 7 anos a cargo de Anxo Fariña

A compañía Pavís Pavós presenta unha nova actividade para bebés: PALMA REPALMA. Inclúese dentro da programación do programa Apego e conta coa colaboración da Biblioteca municipal de Rianxo. Trátase dun obradoiro de contos, xogos, cantos e arrolos, que baixo o título de Palma, repalma pretende achegar ás familias recursos para se divertiren na nosa lingua. A actividade desenvolverase na...

Obradoiros literarios de verán da Residencia de escritoras/es Presentamos conxuntamente dous dos obradoiros literarios que serán realizados este verán, entre os meses de agosto e setembro, ofrecidos polo escritor arxentino Pablo Sanguinetti e o narrador navarro Javier Serena. Dúas das catro persoas participantes na convocatoria estival do Programa de Residencias de escritoras/es e...

"Song of myself / Canto de min mesmo" é un obradoiro de escrita conducido polo poeta irlandés Keith Payne, como parte das actividades realizadas dentro do programa da Residencia de Escritoras/es, organizado por Axóxere Editora e o Concello de Rianxo. O escritor, gran impulsor da oralidade no feito poético, inspirado pola antiga liñaxe irlandesa dos *seanchaí* (cantores errantes que percorrían o...

“CONTANDO CON ROSALÍA”, CONTOS E POESÍA PARA O APEGO O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Biblioteca Municipal de Rianxo organizan unha actividade para celebrar a data do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837. A narradora oral, actriz e ilustradora Marisa Irimia, presenta o espectáculo “Contando con Rosalía”, un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito...

Presentación do libro "Na Butaca" de Esther Carrodeguas, o sábado 17 de febreiro ás 12.00 h, na Biblioteca Municipal de Rianxo. Entrada ata completar capacidade.

Na Biblioteca Municipal de Rianxo estamos facendo axustes técnicos para integrarnos no sistema de préstamo da Rede de Bibliotecas de Galicia. Por este motivo, entre o 23 e o 26 de xaneiro abriremos ao público só en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 h.   Desculpen as molestias.

Presentación da guía de lectura: “Tempo de acivros, tempo de libros” no Auditorio de Rianxo. Venres 15 de decembro, ás 19:00 h. Acompañaranos Fran Núñez, de Limiar Teatro.

Día da Biblioteca. O martes 24 de outubro, ás 18:00 h Artur Trillo contaranos o conto de "Rosa Caramelo" e moitos máis, nun espectáculo teatral baseado nos contos de Adela Turín editados por Kalandraka.

Marcelo Barbosa Alcaraz dará unha conferencia na Biblioteca Municipal o venres 23 de xuño, ás 20:00 h: "Do silencio. Aspectos filosóficos e políticos"   E tamén un seminario os días 23, 24 e 25 no Cuartel Vello de Rianxo. Para completar a información pódese consultar o cartel.    

O sábado 10 de xuño, ás 12:00 h, a Biblioteca Municipal de Rianxo acollerá o espectáculo baseado nos contos de Carlos Casares: A Viaxe de Toribio.

Queres saber como funcionan os submarinos? Ou queres construír un ti mesma?? Obradoiro de Submarinos. Sábado 13 de maio, ás 12:00 h na Biblioteca Municipal de Rianxo. Queres saber como funcionan os submarinos? Ou queres construír un ti mesmo?? Autores de ciencia ficción e científicos conflúen neste obradoiro e danlle forma a unha actividade para intentar comprender o concepto de...

O próximo sábado 22 de abril as 12:ooh. Celebraremos o "Día do Libro" Raquel Queizás traeranos Romaría. Contos e lendas da nosa terra. Para nen@s a partir de 3 anos. Entrada ata completar aforo. Save

Como todas as galiñas do mundo. Rosiña pon ovos, pero non son uns ovos normais. Os ovos de Rosiña son ovos de conto. Traemos unha ducia a Biblioteca? Sábado 1 de abril a partir das 12:00h teremos un Contacontos+Obradoiro . Para celebrar o día do libro infantil e xuvenil. E necesario inscrición previa neste enlace ou na propia biblioteca. ...

Sábado 11 de febreiro as 12:00 na Biblioteca Municipal de Rianxo sairán contos a moreas dun baúl que nos traerá Cris de Caldas. #rianxo #contos #nonquedesnacasa #apego    

Prensentación da guía de lectura 2016  "Tempo de acivros, tempo de libros" no Auditorio de Rianxo. Venres 16 de decembro as 19:00. Coa participación: CEIP A.D.R Castelao de Rianxo CEIP Ana Mª Diéguez de Asados CEP X.Mª Brea Segade de Taragoña Biblioteca Municipal de Rianxo  

Sábado 26 entre as 11:00 e as 13:00 Juanma LoDo e Esther Carro d’Eguas. Conseguirán que o rap esté en tódolos recunchos da Biblioteca Municipal de Rianxo. Reservade praza. servizossociais@concelloderianxo.gal / 981860061

Este venres 11 de novembro as 20:30 na Biblioteca Municipal de Rianxo Teatralización e presentación do poemario "A violencia dun sorriso" Colaboran: A panadaría, Deputación de A Coruña, Implicadas/os no Desenvolvemento Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade de Rianxo

Sábado 22 de outubro as 12:00. Petiscos musicais a cargo  "Os Tres tenedores" OS TRES TENedORES son un grupo de animación musical infantil que une música, teatro e humor, dirixido a un público infantil e familiar Especialistas na mellor cociña musical para comensais de bo dente, que se convertirán nos nosos protagonistas principais.

Programación da Feira do Libro de Rianxo. Dende o xoves 21 e o domingo 24 de xullo.

O próximo sábado día 23 de Xullo a Biblioteca da Deputación da Coruña e a nosa Biblioteca van a asistir á Feira do libro de Rianxo para animar á lectura e difundir a plataforma de libros electrónicos ‪#‎EbookDicoruna‬ A Feira do Libro estará instalada na Praza Castelao e as actividades da Biblioteca da Deputación terán lugar na "Carpa de Actividades" que nos cede a Federación de Libreiros. -...

Xoves 7 de xullo as 21:00 h na Biblioteca Municipal de Rianxo. Presentación do libro Voaxa e Carmín de Esther F. Carrodeguas.    

O grupo musical, Xardín desordenado preséntanos. Manuel María entre amigos. Un recital poético-musical. Venres 17 de xuño as 20:00 na Biblioteca Municipal de Rianxo

Roteiro poético pola ribeira do Mar de Quintáns " Versos mariñeiros" Sábado 4 de xuño as 17:00h saída dende a escola de Quintáns.

Despois do gran éxito e da cantidade de peticións que recibimos voltamos a facer unha actividade para nenos de 0 a 3 anos. Sábado 4 de xuño as 11:30h. Na Biblioteca Municipal de Rianxo. Contos do chupete a cargo de Migallas teatro para crianza de 0 a 3 anos. Desta vez hai que facer unha inscrición previa na propia Biblioteca por que que temos un máximo de 25 prazas para nen@s con 1...

Apertura da exposición "As revistas dos anos 20" que temos no Fondo Local de Rianxo. Presentación do volume 32 da Revista Murguía co monográfico sobre As Irmandades da Fala. Coa presenza do seu director Uxio-Breogán Dieguez. Interpretación musical da Aula Uned-Senior e o grupo musical Barahunda. Lugar: Biblioteca Municipal de Rianxo Data: 3 de xuño as 20:30h Organiza: Biblioteca Municipal...

Sábado 7 de maio as 12:00. Presentación do libro "Unha escola nas nubes" a cargo da escritora María José Gulín Rodríguez e Antía Barba Mariño.  

Sábado 16 de abril as 12:00h. Na Biblioteca Municipal de Rianxo. Contos do chupete a cargo de Migallas teatro para crianza de 0 a 3 anos. Desta vez hai que facer unha inscrición previa na propia Biblioteca por que que temos un máximo de 25 prazas para nen@s con 1 acompañante.   "Os contos do chupete" é unha sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos na que se integrada música en directo...

Sábado 5 de marzo as 12:00h teremos o contacontos "Contiario" a cargo de Páblisimo. Recomendado para nen@s de entre 4 e 9 anos.

Contacontos e presentación do libro " O zapateiro no bosque". Coa autora do libro María José Gulín Rodríguez e a ilustradora Antía Barba Mariño Lugar: Biblioteca Municipal de Rianxo Día: Sábado 20 de febreiro. Hora: 12:00h

A compañía Elefante Elegante, achegarase á Biblioteca Pública Castelao con O Aviador, unha proposta familiar destinada a un público infantil, a partir de 3 anos; terá lugar o sábado 16 de xaneiro, ás 12.00 horas. O Aviador Elefante Elegante

O venres 11 de decembro as 19:00horas no auditorio de Rianxo. Faremos a presentación da guía de lectura "Tempo de acivros, tempo de libros". Na cal vos propoñemos una escolma de lecturas e música. Neste acto participan: C.E.I.P   A.D.R. Castelao de Rianxo C.E.I.P.   Ana Mª Diéguez de Asados C.E.P.    Xosé Mª Brea Segade de Taragoña ...

Obradoiro para crianza de 0 a 6 anos.(acompañados dunha persoa adulta). Estes sábado 28 de 11:00 a 13:00 na Biblioteca Municipal de Rianxo.  

VENRES 23 DE OUTUBRO 19.00 h   -   Biblioteca Pública "Castelao" CONTACONTOS FAMILIAR: Por que é salgada a auga do mar por Os Quinquilláns A Tripulanta Rías e o Tripulante Norai son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. El cre as teorías científicas, pero ela fai...

O vindeiro venres 5 de xuño, ás 19.00 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal Contario a cargo de Pablisimo. O contacontos está destinado a un público familiar e recomendado para nenos e nenas de 4 a 9 anos.

O venres 12 de decembro as 19:00 no Auditorio de Rianxo. Faremos a presentación da guía de lectura "Tempo de acivros Tempo de libros".  Na creación e na presentación coloran todos os centros escolares de Rianxo e a Biblioteca Municipal de Rianxo. C.E.I.P. A.D.R. Castelao de Rianxo C.E.I.P. Ana Mª Diéguez de Asados C.E.P. Brea Segade de Taragoña I.E.S Félix Muriel de Rianxo C.R.A....

Este venres 7 as 18:00 horas. "Contos entre fío" Animate a participar e descubrir o que pode dar de si a tradición oral.

O vindeiro venres 24 de outubro teremos un montón de actividades na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo. Aqui vai un avance. ** LEMBRADE QUE PARA VIR PASALA NOITE A BIBLIOTECA TENDES QUE INSCRIBIRVOS POR QUE AS PRAZAS SON LIMITADAS

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 50 de 62 resultados.