Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

Atrás

O PEQUENO CIRCO de Nadal volve a Rianxo

Unha carpa chea de ledicia e de cousas doces que se espalla polas rúas, prazas e parroquias e que leva a alegría do Nadal tenda por tenda, casa por casa, local por local, nunha proposta pensada para conciliar e estimular o comercio local.

PRAZA DE CASTELAO
Do 27 ao 31 de decembro de 2017, e os días 2 e 3 de xaneiro de 2018.

Unha carpa de Nadal está a piques de aterrar na Praza de Castelao, no Concello de Rianxo! O Pequeno Circo de Nadal instalará un fermoso teatrillo como epicentro dunha morea de actividades que se espallarán por toda a vila e pensadas para toda a familia!

Unha proposta chea de color, espíritu de Nadal, panxoliñas, enerxía, sentido do humor, polvoróns, mazapáns e cousas ricas para festexar a chegada das festas máis entrañables do ano!

Coa Compañía Nelson Quinteiro como residente e anfitriona e unha morea de músicos/as, artistas, monitores/as, animadores/as e personaxes convidados/as para crear unha experiencia inequencible para os veciños/as e visitantes que queiran vir a Rianxo!

Toda a programación detallada do Pequeno Circo de Nadal

Todas as actividades do Nadal en Rianxo