Deportes

- Campionato Galego de Kenpo - concelloderianxo

Actualidade

Campionato Galego de Kenpo

O vindeiro domingo, 16 de febreiro, vaise celebrar o XII Campionato Galego de Kenpo e Kumite. Ademais, tamén se vai levar a cabo o 1º Encontro Galego de Parakenpo.

Galiza é o único departamento con web propia, a primeira en celebrar un Campionato Oficial con proba en Submission a nivel nacional e a primeira en celebrar tamén un encontro en Parakenpo.

O inicio deste campionato será ás 9:30 h e desenvolverase no Pavillón Polideportivo de Rianxo.