Deportes

- Curso de FU SHIH organizado polo Club Kenpo Rianxo - concelloderianxo

Actualidade

Curso de FU SHIH organizado polo Club Kenpo Rianxo

Os clubs Kenpo Rianxo e Compostela Kenpo,  co fin de dar a coñecer o FU SHIH KENPO, arte marcial de orixe xaponesa que se basea na defensa personal, baixo os principios de velocidade, fluidez e economía de movimentos, organizan un curso de iniciación que se desenvolverá o 27 de decembro de 21 a 22: 30 h. no Pavillón de Rianxo.

Esta actividade enmárcase no programa de actividades destas dúas entidades orientado á difusión do KENPO, que xa fora introducido en Rianxo nos anos oitenta. A primeira actividade foi o Curso de Defensa Persoal para Mulleres, que tivo un grande éxito de participación.

O é impartido por Eloi Rodríguez Castaño, C.N Shodan de Fu Shih Kenpo e membro do clube COMPOSTELA KENPO. Estas actividades van dirixidas a tódalas persoas, maiores de 16 anos, interesadas en coñecer de cerca as artes marciais, mediante o seu vínculo deportivo.

Inscricións no Servizo de Deportes ou no Pavillón de Rianxo.