Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

II CARREIRA - ANDAINA NOCTURNA BENÉFICA CASTELO DA LÚA

NOTA INFORMATIVA
Despois da fermosa xornada deportiva vivida o sábado, desde o Servizo de Deportes queremos agradecer a tod@s @s deportistas, máis de 400, a súa participación e contribución ao fin benéfico da carreira, así como o seu bo ánimo e ganas, que converteron a proba nunha auténtica festa.

Temos tamén que agradecer e recoñecer o traballo de toda a xente que está detrás dun evento destas características e sen os que sería imposible levalo a cabo: persoas voluntarias, Barbantia Roda S.D., Club Atletismo Rianxo, Protección Civil Rianxo, Protección Civil de Outes, Piscina Municipal de Rianxo, Policía Local de Rianxo, Difusión ProSport, EME Sports e Departamento de Obras do Concello.

Para rematar, queremos facer fincapé, unha vez máis, na importancia dos proxectos que desenvolve a Asociación Ambar en prol das persoas con diversidade funcional.
 

 

O Concello de Rianxo, Barbantia Roda e o Club Atletismo Rianxo organizan a II Carreira-Andaina nocturna benéfica “Castelo da Lúa”, que terá lugar o 12 de Agosto de 2017 a partir das 21:30 h na Praza de Castelao.

Tanto a carreira coma a andaina nocturna teñen carácter popular, e nelas poderá participar calquera persoa, pois os percorridos teñen un perfil e unha distancia accesibles a calquera estado de forma física. Así, pretendemos que sexa unha grande festa deportiva para a veciñanza, turistas e persoas afeccionadas ao deporte.

Nesta segunda edición, a proba organízase a beneficio de AMBAR, asociación que trata de promover a independencia e autonomía persoa,l así como a igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional na nosa sociedade, e o 100% do recadado será destinado a tal fin. Necesitamos do voso apoio e participación para que poidan seguir co seu labor.

Pódese colaborar participando na andaina, na carreira ou a través do "dorsal 0", facendo unha doazón polo importe desexado.

Información xeral

Aquí pódese atopar a información principal da proba. Para ampliala pode consultar o regulamento completo da proba ou acudir ao Servizo Municipal de Deportes.

Bases Reguladoras II Carreira-Andaina nocturna benéfica Castelo da Lúa

Percorrido da carreira

Percorrido da carreira menores

Percorrido da andaina

 

Inscricións e prezo

Carreira
Inscrición en liña, ata o xoves 10 de agosto de 2017  ás 24:00 h. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo ou con datos incompletos.

5 € nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos.
Gratuíto para as categorías de xoubas a cadete.

Andaina
Inscrición en  liña, ata o xoves 10 de agosto de 2017 ás 24:00 h.
Presencial:  na Praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba.

É obrigatorio inscribirse e retirar o dorsal para a andaina, agás as nenas e nenos que xa participaran na carreira, que utilizarán o mesmo dorsal.

3 € para as nadas en 2000 e anteriores (inclúe o dorsal do adulto e os dorsais precisos para as menores acompañantes que non participaran na carreira).
Gratuíto para os nados no 2001 e posteriores (acompañados dunha persoa adulta con dorsal).

Dorsal 0 (Solidario): Doazón da cantidade desexada a través da pasarela de pago ata o 10 de agosto de 2017 ás 24:00 h, ou na Praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba. Non dá dereito a dorsal.

Límite de prazas:

  • 500 inscricións na  categoría absoluta da carreira (xuvenís e posteriores).
  • A andaina non ten límite de prazas.

Categorías

Carreira

  • Xoubas 2012-2013-2014 . 3 saídas, agrupadas por ano de nacemento.

  • Sardiñas 2010-2011.

  • Benxamín 2008-2009.

  • Alevín 2006-2007.

  • Infantil 2004-2005.

  • Cadete 2002-2003.

  • Xuvenil 2000-2001.

  • Júnior 1998-1999.

  • Promesa 1995-1996-1997.

  • Sénior 1983-1994.

  • Veteranos 1 -  1977-1982.

  • Veteranos 2 -  1968-1976.

  • Veteranos 3  - 1958- 1967.

  • Veteranos 4 -  1957 e anteriores.

Andaina: todas as idades nunha única saída.

 

Distancias e horarios

Categoría

Distancia

Horario

Percorrido

Nº voltas

Xoubas

100 m

21:30 h

Amarelo – 100 m

1

Sardiñas

750 m

21:45 h

Verde – 750 m

1

Benxamín

750 m

21:55 h

Verde – 750 m

1

Alevín

1.500 m

22:05 h

Verde – 750 m

2

Infantil

1.500 m

22:15 h

Verde – 750 m

2

Cadete

6.500 m

22:30 h

Vermello

1

Xuvenil/Júnior/
Promesa/Sénior e Veteranos

6.500 m

22:30 h

Vermello

1