Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

V Carreira Popular Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a V Carreira Popular Concello de Rianxo, o mércores 1 de novembro de 2017. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:

Este ano a carreira serán en horario de tarde, sendo a saída das categorías base a partir das 16:45 e a da absoluta ás 18 h.

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Información e inscricións

No Servizo de Deportes, nos pavillóns polideportivos municipais, e en emesports.es

Prazo

Ata o domingo 29 de outubro de 2017 ás 24 h. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo ou con datos incompletos.

Onde

emesports.es

Prezo

  • Gratuíto para as categorías de xoubas a cadete.
  • 6 € nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos.
  • 20 € Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte ( 4 probas ).

Categorías

  • Xoubas 2012-2013-2014 . 3 saídas (agrupamento por ano de nacemento).

  • Sardiñas 2010-2011.

  • Benxamín 2008-2009.

  • Alevín 2006-2007.

  • Infantil 2004-2005.

  • Cadete 2002-2003.

  • Xuvenil 2000-2001.

  • Júnior 1998-1999.

  • Promesa 1995-1996-1997.

  • Sénior 1983-1994.

  • Veteranos 1, 1977-1982.

  • Veteranos 2, 1968-1976.

  • Veteranos 3, 1958-1967.

  • Veteranos 4, 1957 e anteriores.


Lugar de saída e percorrido

Saída e chegada na Praza de Castelao.

Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.

    Percorrido amarelo: 100 m.

    Percorrido verde: 500 m.

    Percorrido azul: 750 m.

    Percorrido vermello: 3.333 m.


Distancias e horarios

Categoría

Distancia

Horario

Percorrido

Nº voltas

Xoubas

100 m.

16:45 h.

Amarelo – 100 m.

1

Sardiñas

500 m.

17:00 h.

Verde – 500 m.

1

Benxamín

1.000 m.

17:10 h.

Verde – 500 m.

2

Alevín

1.500 m.

17:25 h.

Azul - 750 m.

2

Infantil

2.250 m.

17:40 h.

Azul – 750 m.

3

Cadete

6.600 m.

18 h.

Vermello

2

Xuvenil/Júnior/
Promesa/Sénior e Veteranos

10.000 m.

18 h.

Vermello

3

 

Retirada de dorsais e chips

Retirada de dorsais, o mesmo día da proba, nos seguintes lugares:
    Cuartel Vello: entre as 11:00 e as 13:30 h.
    Praza de Castelao: a partir das 15:00 e ata o inicio da proba.

Control por chip

Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, as demais persoas participantes estarán controladas a través dun chip que se entregará a cada unha xunto co dorsal. Deberá colocarse na zapatilla antes da saída.

Premios

A clasificación e premios regúlanse no apartado 9 do Regulamento do II Circuíto de Carreiras Populares Arousa-Norte. Ademais dos premios do Circuíto, na Carreira Popular Concello de Rianxo outorgaranse os seguintes:

 

Medallas

Medallas para todos as participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas, Sardiñas, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.

 

Trofeos

Trofeo para os/as tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba absoluta,  tanto en categoría feminina coma masculina.

Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.

Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.

Trofeo ao club con máis participantes.

 

Premios

Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios: 1º-150 €; 2º-100 € e 3º- 50 €.

 

Agasallos

As participantes nas categorías xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos recibirán un agasallo técnico.