Servizo de Deportes Servizo de Deportes

Casa da Cultura "Cuartel Vello"
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 63 81

981 84 36 29

deportes@concelloderianxo.gal

Concellería de Deportes e Patrimonio Histórico

Actualidade Actualidade

Atrás

Xornadas de ACTIVIDADE FÍSICA e DEPORTE en Rianxo

O Seminario Galego de Deporte Base Concello de Rianxo organiza en Rianxo as Xornadas de Actividade Física e Deporte, coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes e da Piscina Municipal de Rianxo.

As xornadas desenvolveranse na Piscina Municipal de Rianxo nos meses de abril, maio e xuño, e abordaranse temas de nutrición, primeiros auxilios e adestramento da forza e da resistencia, da man de profesionais do ámbito do deporte e da actividade física.

Datas:

  • Nutrición: 7 de abril
  • Primeiros Auxilios: 28 de abril
  • Forza: 19 de maio
  • Resistencia: 9 de xuño

Inscrición e información:

A inscrición pode formalizarse no formulario da web do Seminario.

Información específica de cada unha das xornadas no facebook do seminario.

Tarifas:

As tarifas, con descontos para as persoas abonadas á piscina, as pertencentes aos clubs deportivos e as que asistan a todas as xornadas, son as seguintes:

  • Xeral. 1 xornada: 3 € | 4 xornadas: 9 €
  • Persoas abonadas á piscina. 1 xornada: 2 € | 4 xornadas: 6 €
  • Clubs deportivos. 1 xornada: 10 € (ata 5 adestradores) | 4 xornada: 30 € (ata 5 adestradores).

As tarifas abonaranse na piscina municipal.