Antes de saír de viaxe

Planificación

Estude con tempo o percorrido, así como as rutas alternativas, e planifique ademais o tempo de percorrido, lugares de parada e visita, así como os aloxamentos.

Documentación do vehículo

Prepare a documentación do vehículo e maila persoal súa, especialmente o seguro e o permiso de condución, tendo en conta que se saes a un país fóra do territorio da Unión Europea terás que portar un Permiso Internacional de Conducir (válido por un ano).

Pon a punto o vehículo

Comproba os distintos niveis do motor e os elementos auxiliares: líquidos, freos, pneumáticos, etc.
Leva os cristais limpos e logo mantén o habitáculo climatizado ou con temperatura uniforme.
En caso de dúbidas, leva o vehículo a un taller.

A equipaxe

Distribúa o peso uniformemente, incluíndo as persoas, para evitar situacións de risco en curvas e freadas.
Fixe ben os obxectos pesados.
No caso de levar baca, teña coidado co peso colocado así como a altura da carga.
No caso de levar portabicis, teña en conta que estas non poden saír polos laterais do vehículo e teñen que ir ben ancoradas.

No seu fogar

Deixe as chaves da casa e un teléfono de contacto a unha persoa de confianza que poida facer visitas periódicas á vivenda, baleirar o buzón regularmente, subir e baixar persianas de cando en vez, e tender algo de roupa..., de maneira que a vivenda non exteriorice a ausencia dos donos.
Peche ben as portas e fiestras.
Non divulgue que marchas de vacacións, nin o tempo que vai botar ausente.
Faga unha relación de obxectos e aparatos con números de serie.

 

Elementos para a súa seguridade e a da familia

O máis importante dunha viaxe é sempre a súa seguridade e maila a da súa familia.

Nenos a bordo

Transportalos con sistemas de suxeición homologados, nunca nos brazos, mesmo en tramos curtos.

A mellor posición da cadeira é centrada nos asentos traseiros, e para os bebés é preferible instalalas nos asentos dianteiros (desconectando o airbag dese lado).

Débense activar os sistemas de seguridade para que non poidan abrir fiestras nin portas dende o interior.
NUNCA se deberán deixar os nenos sós no vehículo.

Mulleres embarazadas

Durante o primeiro trimestre e nas derradeiras semanas, a embarazada debe evitar tramos longos no vehículo.

O asento máis seguro para elas é sempre o asento traseiro.

SEMPRE deben levar cinto de seguridade.

Unha botica no coche

Levar sempre unha botica de primeiros auxilios ben preparada para imprevistos.

Ten que ser un estoxo ríxido e hermético.

Non se deberá deixar nunca ó alcance dos nenos.

 

Consellos de seguridade

Goce das súas vacacións en Rianxo

ProteXendo A NOSA CONTORNA

- Incendios forestais, turismo e deportes

No campo hai que evitar prender lumes innecesarios e fóra dos lugares habilitados, apagando completamente os acendidos ao marchar.

Cómpre colaborar coas autoridades na vixilancia e investigación, comunicando urxentemente calquera foco de lume que observe e facilitando a identidade dos culpables, no caso de coñecela.

- Turismo e deporte

No medio natural non se pode circular con vehículos todo-terreo fóra dos lugares habilitados para o efecto.

Non se pode acampar en lugares prohibidos, nin deteriorar con lixo o medio ambiente circundante naquelas autorizadas.

Patrimonio histórico E educación ambiental

- Patrimonio histórico

Non se poden expoliar os xacementos arqueolóxicos e demáis lugares naturais con riqueza histórica.

Coidar e protexer a súa contorna.

- Educación ambiental

Difunda na súa contorna (familia, traballo, grupo social) condutas de respecto á natureza e medio ambiente.


AUGAS E ATMOSFERA

- Augas

Por ser un ben común e escaso, cómpre racionalizar o seu uso e non malgastala.

Non se pode tirar ás augas obxectos nin produtos contaminantes.

- Atmosfera

Evitar a produción de fumes ou outros contaminantes atmosféricos, por queima de residuos ou produtos tóxicos.

Non producir ruídos elevados ou molestos para outras persoas.

Evitar no posible a utilización de produtos que danen a capa de ozono.

 

- Residuos

Seleccionalos e depositalos nos lugares establecidos polas autoridades.

Os tóxicos e perigosos (pilas, pinturas, aceites, etc.) entregalos en lugares ou a xestores autorizados para a súa reciclaxe ou eliminación.

No consumo diario, procurar a utilización de produtos e envases biodegradables e reciclables.

 

- Flora e Fauna

Non mercar animais ou plantas exóticas, incluídas as súas partes e derivados, se non se ten a seguridade da súa procedencia legal.

Non fotografarse con animaiss obxecto de explotación turística ou infantil en praias e outros lugares concorridos.

No campo, non molestar os animais nin cortar ou maltratar as árbores e plantas.

No utilizar para árbol de Navidad plantas vivas.

- Outras medidas de interese

Denunciar ante as Autoridades (estatais, autonómicas ou municipais) calquera acto que se observe contrario á protección ou conservación do medio ambiente, en especial:

  • Comercio ilegal de especímenes de flora ou fauna.
  • Contaminación de augas ou atmosfera.
  • Expolio de niños de aves.
  • Caza ou pesca ilegal.
  • Talas de árbores sen autorización.
  • Maltrato de animais.
  • Establecemento de vertedoiros incontrolados.
  • Depósitos ilegais de residuos tóxicos.

Seguridade na vía pública

Cando vaia a unha entidade bancaria e saque unha gran cantidade de diñeiro, asegúrese sempre ao saír de que non a/o seguen.
Evite choques con outras persoas ou que se lle acheguen demasiado.
Desconfíe das ofertas da rúa para limparlle unha mancha ou dicirlle que se lle caeu algo; poida que aproveiten a oportunidade para quitarlle a carteira.
Leve os bolsos sempre pechados e ben suxeitos. No caso de levar teléfonos móbiles, carteiras ou outras pertenzas en petos de pantalóns ou chaquetas, suxeite ben as súas pertenzas e non as perda de vista.
Anote nunha folla os datos de identificación dos obxectos de valor que posúa e gárdea: de que obxecto se trata, a marca, o modelo e o número de serie ou fabricación. Indíqueo á hora de formular a súa denuncia.
Desconfíe das persoas que lle ofrecen o cambio de moeda máis económico. Acuda sempre a sitios oficiais de cambio.

Goce das nosas praias

Cando estamos en zonas de baño os nenos son os que requiren a máxima atención. Os manguitos e colchóns non eliminan o perigo; hai que estar atentos para que non se despracen aos poucos mar dentro.
Nas zonas de baño de interior controlaremos a calidade da auga. Observe a contorna e sitúese nun lugar onde non existan tubaxes ou outros elementos que nos indiquen que a zona non é apta para o baño.
Báñese en zonas vixiadas e respecte a bandeira que ondee. Os lugares solitarios aínda que sexan máis apetecibles, poden resultar perigosos.
Procure en todo momento evitar entrar na auga de maneira brusca. Molle antes a cara, a caluga e as bonecas. Esta precaución hai que observala especialmente se se está en baixa forma ou se se acaba de comer. Antes de mergullarse hai que asegurarse da profundidade e da contorna. Coidado cos fondos rochosos ou se hai embarcacións ao redor que puidesen ocasionarnos un problema.
No mar, teremos en conta o tipo de ondas, a resaca, as correntes, e nesa medida, extremaremos as precaucións

No campo

Antes de acampar observaremos as condicións físicas do terreo para previr problemas en caso de fortes choivas, vento, etc. Por iso, non colocaremos a tenda en terrapléns, nin sobre terras que poidan desprazarse.
Non está permitido facer lume, a non ser que existan instalacións apropiadas para iso.
Non tire lixo, nin ensucie as augas dos ríos e lagos próximos.

 

Na montaña

Non realice unha excursión pola montaña en solitario e con descoñecemento do lugar e o itinerario que vai realizar. Leve na mochila un mapa, un compás e un teléfono móbil coa batería cargada.
A roupa de abrigo tamén é necesaria aínda que pensemos que vai moita calor.
Se se perde busque o fondo dos vales, evitando subir a cotas máis altas. Siga os camiños que descenden da montaña e trate de non perder a calma.

Co vehículo

Os cidadáns da Unión Europea poden circular co seu vehículo libremente por todos os países que a compoñen. Necesitan un carné de conducir obtido nun país da Unión e será válido nos demais Estados membros.
En España a idade mínima para conducir é de 18 anos, pero para alugar un coche o límite de idade que adoita esixirse son os 20 anos.
A carta verde non fai falta para circular polo territorio común, pero deberá levar consigo a documentación que certifique que está asegurado.
Igual que nos demais países da Unión Europea, é necesario colocar o cinto de seguridade, tanto nos asentos dianteiros coma nos de atrás.
O uso dos teléfonos móbiles está prohibido en todo o territorio común, pois a distracción que supón para o condutor atendelo pode ser causa dun accidente.
Se vai conducir non consuma alcol nin drogas; cambian o sentido da realidade e podemos ter un accidente.
Respecte sempre os sinais que indican a velocidade máxima á que debemos circular.

A súa seguridade en vacacións

Se se ausenta do seu domicilio

En función da súa economía, instale no domicilio todos os sistemas de seguridade posibles (portas de seguridade, reixas ou peches de terrazas, alarmas).
A casa non debe exteriorizar a ausencia de vida; non peche todas as persianas das xanelas, deixe roupa tendida, etc. Existen dispositivos electrónicos, baratos, que permiten programar o aceso de luces, TV, utilización do contestador do teléfono.
É moi útil prestar colaboración mutua con outros veciños.
Non deixe diñeiro, xoias nin obxectos valiosos no domicilio. Non deixe obxectos valiosos nas terrazas sen cerramento.
Tome nota do número de serie de todos os electrodomésticos, co obxecto de facilitar a súa identificación en caso de roubo.
Deixe completamente pechadas as xanelas que dean a lugares ocultos ou máis desprotexidos (patios interiores, rúas pouco concorridas, etc.)
Ante a presenza de calquera persoa estraña a avise ás Forzas de Seguridade. Tome nota de calquera cousa ou vehículo que pareza sospeitoso.
Actúe en caso de presenciar a comisión dun delito.

Se é vítima, siga estes consellos:

  • Manteña a calma.
  • No toque nada.
  • No mova nada.
  • No peche ningunha ventana ou puerta se están abiertas.
  • Non cambie nada de situación.
  • Acuda a presentar a denuncia.
  • Leve os documentos que acrediten a propiedade dos obxectos roubados.
  • Espere a que acudan os axentes ao lugar.
  • Non toque nada mentres chegan.
  • Atenda as súas indicacións.

Transmita ás forzas de seguridade calquera información á que teña acceso (veciñanza, amizades, etc.) relativa ao suceso.

Pida xustificante da denuncia. Pode facer falta para a reclamación ante a compañía de seguros.

Prevención de drogodependecias

Síntomas que poden indicar o posible consumo de drogas por parte dos fillos:

  • Tendencia a estar moito tempo no baño.
  • Tendencia a estar encerrado na habitación.
  • Tendencia a durmir en horas non habituais.
  • Pasividade. Pouco interese en falar coa familia.
  • Durante os días de lecer, demasiadas horas seguidas fóra de casa.
  • Perda de interese polas súas afeccións deportivas ou culturais.
  • Mirada rara. Ollos brillantes.
  • Advírtese que menten en cuestións nas que antes non o facían.
  • Aumento inexplicable dos seus gastos persoais.
  • Pequenos extravíos, na casa, de diñeiro ou obxectos.

Consellos ante a sospeita de drogadicción do seu fillo:

  • Non actuar por libre, sen criterio. Cambiar impresións cos profesores e educadores.
  • Pedir consello a especialistas máis próximos (médico de cabeceira, psicólogo do colexio, etc.).
  • Acudir a un centro especializado. Os concellos adoitan dispoñer de casas de mocidade ou outras institucións que contan con expertos nestes asuntos.
  • Non realizar ningún tipo de reproche ao fillo. Propiciar un clima máis afectivo. Dialogar máis con el.
  • Actuar de acordo ás recomendacións dadas polos especialistas.
  • Comunicar ás forzas de seguridade os datos que obteña relativos ás persoas e lugares onde se vende a droga.

Maltrato doméstico e delitos contra a liberdade sexual. Consellos:

Non silenciar os feitos.

Contactar coas Forzas e Corpos de Seguridade, axentes especialmente preparados para:

Recibir e acoller as vítimas, facilitando unha asistencia inmediata.

Informar de todos os recursos sociais que estean ao alcance en cada localidade.

Informar de todos os pasos a seguir, acompañando á vítima en cada un deles.

Investigar os feitos, recollendo todos os medios de proba posibles e elaborando dilixencias policiais completas que faciliten a rápida actuación xudicial.

Dada a importancia das probas, conserve as prendas de roupa que levaba postas naquel momento sen manipulalas.

Consellos para gozar do mar

  • Comprobar o estado da embarcación, comunicacións, navegación e equipos de seguridade.
  • Informarse da previsión meteorolóxica.
  • Realizar un plan de navegación, informar ao club náutico da saída e evitar varialo.
  • Ter a documentación ao día.
  • Non embarcar máis tripulantes dos permitidos.
  • Manter unha vixilancia constante e seguir as normas do regulamento internacional para previr as abordaxes no mar.
  • Se estás en perigo, transmite o sinal de MAI- DAY en VHF, canle 16 ou en telefonía 2.128 Khz e activa a radiobaliza.
  • Se usas moto acuática utiliza traxe isotérmico e chaleco salvavidas e non te separes máis de 1 milla da costa.
  • Utiliza a túa embarcación só de día, evitando en calquera caso, utilizala unha hora antes do ocaso. Se tes problemas, procura non separarte da embarcación, facilitará a túa localización.
  • Non trates de gañar a costa a nado.

CHAMADAS DE SOCORRO

Utilice os canaIs e frecuencias internacionais para chamadas de emerxencia:
CANAL 16 de VHF banda mariña e 2.182 Khz en onda media
PROCEDEMENTO
Mayday...Mayday...Mayday!
Aquí a embarcación...(nome)
EstoU na situación...(coordenadas da súa situación)
                o ben... Atópome a ... millas de ...(demora e distancia)
Necesito axuda urxente a causa de....!
REPITA ESTA MENSAXE ATA OBTER CONTESTACIÓN

 

TIMOS E ESTAFAS MÁIS FRECUENTES

Timo da Lotería

Os autores realizan un envío masivo de correos electrónicos a direccións obtidas por Internet, nos cales utilizan fraudulentamente logotipos, tanto de organismos de lotería nacional ("Lotería Primitiva", "El Gordo de la Primitiva"," Loteria Nacional", etc.), como inventados ("Nacional Loto" e similares), nos que afirman que o receptor foi agraciado co primeiro premio (que é millonario), a pesar de que a presunta vítima non participou en ningunha clase de sorteo (#Dicir que foi seleccionado ao azar por medio da súa dirección de correo electrónico, ou de entre os que visitaron determinadas páxinas Web, ou explicacións similares). O único requisito que fai falta para cobrar o cuantioso premio é o pagamento dunha cantidade de diñeiro en concepto de pago de impostos, aranceis, taxas ou similar, para o que se facilita unha conta bancaria ou se solicita unha transferencia a través de Western Unión. É frecuente tamén que os autores utilicen os logotipos de empresas aseguradoras ou bancarias de prestixio ou mesmo dalgún Ministerio co fin de "garantir" a autenticidade das mensaxes e por tanto o cobro do premio. Así mesmo os teléfonos de contacto e números de fax correspóndense con teléfonos móbiles con cartón de prepago. Unha vez que a victima ingresou a cantidade de diñeiro solicitado, consúmase a estafa e xa non volve saber nada dos autores.


Trileiros

A estafa consiste en incitar ao público para participar, mediante apostas de diñeiro, en xogos de habilidade que, aparentemente, permite grandes posibilidades para o que participa e que se ofrecen en plena vía pública, sobre unha pequena mesa. O xogo máis utilizado consiste en descubrir en que lugar se agocha unha boliña que é tapada por unha chapa ou vaso. Para que o xogo pareza máis fácil, ao redor da persoa que move as chapas ou os vasos (o que dirixe o xogo), hai un ou varios "falsos xogadores" (ganchos), os cales gañan diñeiro facilmente de acordo coa persoa que move as chapas. Ao principio, déixase gañar á persoa que inicia o xogo, para que, animado polo éxito, xogue unha cantidade importante. A man é máis rápida que a vista, polo que cando a cantidade é importante, a vítima perde irremisiblemente o seu diñeiro. É frecuente en feiras e mercadillos.
 

O Tocomocho

A estafa adoita desenvolverse en lugares de tránsito (estacións, caixeiros, etc.) mediante unha persoa que aborda á vítima e manifesta ter un billete de lotería premiado e que polas présas non pode cobrar. Pide á vítima desesperadamente que lle abone a cantidade do premio ou, mesmo, menos, xa que debido á viaxe que teñen que facer non pode cobrar. Para dar maior credibilidade interrompe outro aparente transeúnte (gancho) que adoita afirmar a autenticidade do premio exhibindo unha listaxe de boletos premiados nun xornal. A vítima accede a achegar a cantidade do diñeiro premiado e cando vai recuperalo ao portelo da lotería comproba que o billete é falso.
 

A Estampita

A vítima (calquera persoa) é abordada por unha persoa que aparenta ser deficiente (estafador que fai o papel de "parvo"). Esta ensínalle unha bolsa que parece estar chea de billetes, mesmo poden verse algúns. O parvo non dá ningunha importancia ao que leva dicíndolle á vítima que na bolsa leva "estampitas" ou "cromos" e que en casa ten moitos máis. Nese momento interrompe outro aparente cidadán (estafador que fai de gancho), o cal ofrece á vítima a posibilidade de enganar ao parvo comprándolle a bolsa por unha cantidade de diñeiro. Con todo, o gancho, di non ter diñeiro para participar na "compra" da bolsa. Con todo anima á vítima para realizar a compra dados os grandes beneficios que lle vai reportar o "engano" ao parvo. Mesmo, o gancho ofrécese para acompañar á vítima para buscar diñeiro, co obxecto de que non teña ningún contratempo. Unha vez que a vítima materializa a "compra" entregando o diñeiro pola bolsa desaparecen os dous estafadores (o parvo e o gancho). Cando a vítima abre a bolsa comproba que non contén billetes senón tacos de recortes de papel.
 

O Nazareno

As vítimas da estafa son empresas que fornecen mercadorías. Os estafadores instálanse nun lugar alugando un almacén a nome dunha empresa. Empezan a realizar pequenos pedidos, que se gardan no almacén e que son abonados no acto ás empresas subministradoras. Desta maneira os estafadores gáñanse a confianza das vítimas. Seguidamente realizan grandes pedidos de mercadorías, dicíndolle aos subministradores que os pagos os van a realizar en varios prazos. Mesmo, poden chegar a cumprir o primeiro dos devanditos pagos. De forma repentina, a empresa desaparece de lugar, levándose a mercadoría e deixando pendente de abonar as débedas contraídas. Cando as empresas de subministracións estafadas queren facer xestións para executar o cobro comproban que a empresa que lles fixo os pedidos non existe.
 

O Instalador

Os estafadores acoden ao domicilio da vítima. Van vestidos con mono de traballo. Preséntanse dicindo que son traballadores da empresa instaladora do gas e que veñen realizar unha revisión da instalación. Aparentan realizar varios traballos técnicos; normalmente, limítanse a cambiar un anaco de mangueira do gas. Finalizado o traballo estenden unha factura. Cando a vítima comenta o caso con outras persoas comproba que foi estafada por falsos instaladores.
 

O Desafiuzado

Adoita cometerse mediante a visita ao domicilio da vítima. O estafador faise pasar por unha persoa que se atopa en graves apuros económicos, con graves problemas familiares; se é muller dirá que foi abandonada, que ten moitos fillos, etc. En todo caso trata de afectar a sensibilidade da vítima. Ao final, o estafador explica que para poder subsistir está a proceder a liquidar os seus obxectos máis prezados. Nese momento exhibe un obxecto persoal (reloxo de pulseira dunha marca moi cara, colar, anel, etc.) dicindo que é unha xoia preciosa, moi valiosa. Ofrece o obxecto a cambio dun prezo moi baixo en comparación ao que di que vale. Cando a vítima accede á compra do obxecto comproba que non ten ningún valor.
 

Novas estafas por Internet

Compra de vehículos por INTERNET

Vénse observando en diversas páxinas da internet dedicadas á venda de vehículos entre particulares dous novos sistemas de estafa: o primeiro consiste en que unha persoa doutro país móstrase interesada por un dos coches anunciados, pero non para ela senón para un coñecido seu. O caso é que esa terceira persoa estaría disposta a pagar unha cantidade de diñeiro moi superior á solicitada polo vendedor, así que o presunto estafador libra un cheque ao propietario do vehículo pola cantidade de diñeiro ofrecida polo seu coñecido e o que ten que facer o vendedor ao recibilo é efectuar un xiro postal ou transferencia –a través de Western Union- pola cantidade de diñeiro da diferenza (quizá salvo unha posible compensación pola molestia). O vendedor do vehículo recibe o cheque e ao levalo ao seu banco, este recólleo (é un cheque auténtico, non hai por que sospeitar), polo que acto seguido fai a transferencia polo importe acordado. Despois dun curto espazo de tempo avísaselle da entidade bancaria de que a conta consignada no cheque non ten fondos ou non existe, polo que por unha banda non dispón do diñeiro apalabrado e por outra xa perdeu a cantidade transferida. O vehículo non cambia de mans en ningún momento.

No segundo método é o comprador o que resulta estafado. O presunto vendedor di que non lle importa mandar o vehículo á residencia do comprador, pero que a cambio só quere saber se este ten realmente o diñeiro e que non se trata dun engano, así que lle solicita que faga unha transferencia por Western Union, pero poñendo como beneficiario un nome ficticio, así o estafador podería ver na páxina web desta empresa que realmente se fixo o pago, aínda que non poida acceder ao diñeiro. Unha vez visto isto mandaríalle o vehículo nun prazo de 2 ou 3 días. A estafa consiste en que o comprador, mediante un documento adecuadamente falsificado, -dispón de varios días para confeccionalo-, cobraría o diñeiro sen enviar vehículo ningún.