Persoas Maiores Persoas Maiores

Actividades

Taller de memoria

O Concello de Rianxo imparte un taller de Memoria no núcleo urbano de Rianxo, e nas parroquias de Asados, Isorna e Taragoña. Os/as interesados/as en participar, poderán inscribirse no lugar de celebración da actividade, ou neste departamento municipal.

 

Servizos

Xantar na Casa

O Concello de Rianxo, mediante convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ten en funcionamento este servizo desde o ano 2009. Ademais, coa colaboración da Deputación da Coruña para o dito programa, facilítaselle ás persoas usuarias que poidan contar cunha persoa para o seu apoio e seguimento continuado.

Con este tipo de recurso, complemento doutros servizos que se están a desenvolver no noso concello (Teleasistencia e Axuda no Fogar) preténdese que as persoas maiores de 60 anos e/ou dependentes –principalmente que viven soas ou se a familia precisa un apoio para conciliar a vida familiar e laboral–, poidan permanecer nos seus fogares cun maior nivel de independencia e autonomía, así como aquelas persoas menores desa idade que se atopen en situación de exclusión social.


Beneficios de Xantar na Casa

  • Proporciona unha alimentación de calidade e nutritiva, atendendo cada caso de xeito individualizado.
  • Evita o deterioro da saúde e da calidade de vida por ter unha dieta inadecuada.
  • Prevén das situacións de risco que se poidan producir no proceso de elaboración da comida.
  • Facilita un respiro ás familias, permitindo unha mellor conciliación da súa vida familiar e laboral.
  • Realízase un seguimento e acompañamento de cada persoa beneficiaria, ó contar con persoal de apoio do Servizo de Axuda no Fogar.

Forma de prestar o servizo

Un día á semana faise o reparto coas bandexas do xantar de luns a domingo. O dito xantar, que ofrece un menú variado e axustado a distintas patoloxías, inclúe primeiro prato, segundo prato, pan e postre e entrégase en recipientes adaptados para manter a calidade dos alimentos.

Custo do servizo

O prezo real de cada menú é de 6,27 euros. Como no seu financiamento participa o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Rianxo coa colaboración coa Deputación da Coruña, a persoa beneficiaria unicamente achega 1,67 euros por menú.

 

Telexerontoloxía

É un recurso de teleasistencia avanzada dirixido ás persoas maiores e/ou con pérdida funcional e/ou cognitiva, que se presta pola empresa Recursos y Servicios Gerontológicos Gallegos S.L.

Entre os seus obxectivos destacan a prevención e a detección precoz da dependencia e a teleasistencia multiespecialidade, polo que se pode considerar tanto un sistema de apoio social como sanitario.

Este dispositivo, que funciona a través dunha pantalla táctil situada no domicilio da persoa usuaria, permite realizar a valoración do estado cognitivo, da tensión arterial, do pulso e do nivel de saturación de osixeno en sangue, ademais de facilitar a interación mediante videoconferencia con profesionais específicos.

Telexerontoloxía ofrece unha gama de servizos sociosanitarios que inclúen:

  • Videoconferencia
  • Valoración e adestramento da memoria e outras funcións mentais
  • Control de parámetros biomédicos
  • Navegación a través de internet
  • Telealarma por videoconferencia

Programas

Programa de Termalismo Social do IMSERSO

O programa contempla o aloxamento, manutención en réxime de pensión completa e tratamentos termais, en quendas de 12 ou de 10 días.

Persoas beneficiarias:

  • Pensionistas do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de Xubilación ou Invalidez.
  • No caso de pensionistas de Viuvez ou doutro tipo de pensións, deberán ter cumpridos 60 anos de idade.
  • A persoa solicitante poderá ir acompañada do cónxuxe ou persoa coa que conviva en relación de parella, para o que non se esixe que perciba pensión.

Requisitos:

  • Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nin enfermidade infecto-contaxiosa.
  • Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
  • Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para recibilos.
  • Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Prazos de solicitude:

  • Para as quendas de febreiro a agosto (ambos inclusive): ata o 16 de xaneiro.
  • Para as quendas de setembro a decembro (ambos inclusive): ata o 16 de maio.

A solicitude poderanse presentar nos Servizos Sociais Comunitarios Básicos ou de forma telemática na sede electrónica do IMSERSO. Ademais pódese presentar fóra destes prazos para a súa inclusión nunha lista de agarda coa finalidade de cubrir prazas vacantes.

Máis información

Programa de vacacións para maiores

É un programa social de vacacións destinadas ás persoas maiores co obxectivo de facilitar a incorporación deste colectivo ás correntes turísticas.

 

Programa turismo social para persoas maiores

Consiste nuns días de vacacións e descanso en zonas turísticas, balnearios, etc., situados en Galicia, noutras comunidades autónomas ou cabildos insulares do Estado.

Beneficiarios:

Persoas maiores de 65 anos ou maiores de 60 reunindo a condición de pensionista (tamén os seus cónxuxes ou os que acrediten relación análoga á conxugal sin límite de idade).

Requisitos:

  • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Valerse por si mesmo, atoparse en condicións de asistir ao programa e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.
  • Non padecer trastornos mentais ou condutuais, non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda
  • Para as quendas de carácter termal, precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
  • Efectuar a oportuna inscrición e pagamento do prezo estipulado no prazo que se estableza.

 

Información:
Horario de atención ó Público: De luns a xoves de 9:00 a 12:00

Técnico Responsable: Traballadora Social

 

Prestacións Socioeconómicas

Ingreso en centros de atención a persoas maiores

Tramitación da solicitude de ingreso ou traslado a unha das Residencias de Persoas Maiores dependentes da Xunta de Galicia.

Beneficiarios/as:

Persoas maiores de 60 anos

Requisitos :

  • Ser maior de 60 anos.
  • Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, enfermidade crónica en estado terminal ou enfermidade clínica que requira atención imprescindible en Centro hospitalario.
  • Que o beneficiario, cónxuxe ou acompañante, no seu caso, poidan valerse por si mesmos para desenvolver as actividades normais da vida diaria, cando soliciten praza de válidos.
  • Que o beneficiario teña unha incapacidade permanente que lle impida valerse por si mesmo, e necesite a asistencia dun terceiro, cando soliciten praza de asistidos.
  • Non ser sancionado con expulsión definitiva dun Centro Residencial.
  • Obter a puntuación esixida, en cada momento, para o ingreso na residencia solicitada.

Prazo: aberto todo o ano.

Información:
Horario de atención ó Público (previa cita): De luns a xoves de 9:00 a 12:00

Técnico Responsable: Traballadora Social