Servizo de Medio Ambiente Servizo de Medio Ambiente

Funcións

Desenvolvemento das políticas e servizos encamiñados á protección do medio, participando en todos os procedimentos que podan producir un efecto directo sobre o medio, os recursos naturais, etc.

Mellorar as condicións ambientais, terrestres e mariñas do concello, evitando ou facendo diminuir ao mínimo problemáticas tales como a contaminación, a perda de chan, ou o deterioro medioambiental.

Achegar o medio ambiente á poboación, favorecendo a seu coñecemento e disfrute tentando modificar progresivamente os hábitos de conducta negativos, para conseguir un maior respeto de cara ao medio e un uso máis racional dos recursos.

Atención ao cidadán

Localización e teléfonos:


Museo do mar de Rianxo "Casa do coxo",  Praza de Castelao s/n, Rianxo


Tlf. 981 860 755


Fax. 981 843 629


medioambiente@rianxo.com

Horario:


De luns a venres de 8 a 15 h. (verán ata as 14 h.)

Persoal

  • Enrique Manuel López González

Programas e actividades

Programa de sensibilización Medio Ambiental

Nos tempos en que vivimos, a realidade que se nos impón é a existencia dunha grave problemática ambiental a nivel planetario. Problemas que implican solucións complexas e a escala global, solucións de difícil aplicación debido sobre todo á propia escala dos problemas. Camiñar na procura de solucións e cara o desenvolvemento sostible da nosa sociedade é unha obriga. A máxima do compromiso ecolóxico "pensa global, actúa local", convértese nunha necesidade que debe ser aplicada; para elo é necesario que os cidadáns tomen conciencia e se descubran así mesmos coma elemento de cambio no proceso transformador da sociedade, o que implica a participación activa e consciente en tódolos procesos de decisión da comunidade. É unha obriga dos organismos públicos dar resposta ós problemas e inquedanzas dos cidadáns, nesta liña desenvólvese o programa de Sensibilización Medio Ambiental.

Dende hai uns anos vense desenvolvendo este programa ao abeiro dos Programas de Cooperación da Cosellería de Traballo.

 

Este ano levaranse a cabo accións formativas e informativas nos centros escolares, tentando de promover e desenvolver neste colectivo, actitudes, aptitudes, coñecementos e habilidades pertinentes para a conservación do Medio Ambiente, sempre dende plantexamentos inherentes o desenvolvemento local sostible, centrandonos no tratamento e procesos de recollida selectiva dos nosos residuos.