Notas de Prensa

Notas de Prensa - concelloderianxo

Notas de Prensa

O vindeiro 2 de setembro celebrarase o “I Tríatlon do Concello de Rianxo”, que discorrerá polo centro urbano e zona portuaria. Coa finalidade de garantir a seguridade das persoas participantes, procederase a cortar o tráfico no percorrido e horas de seguido sinaladas. Data e hora: sábado, 2 de setembro de 2017, de 16.45 a 18.45 horas. Percorrido: Rinlo, Setefogas, Paseo da Ribeira, Paseo do...

O Concello de Rianxo deu a aprobación da Conta Xeral do ano 2015 na sesión plenaria do pasado xoves, 1 de decembro, dando así cumprimento ao último trámite para a súa aprobación definitiva e a súa remisión ao Consello de Contas para posterior fiscalización. Foi apoiada polo executivo en solitario coa abstención dos grupos da oposición. A Conta Xeral é o documento que pon de manifesto a xestión...

O Concello de Rianxo, desde a Concellería de Benestar Social de Rianxo e da man da Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer (AGADEA) iniciou as xestións para a posta en marcha dun Servizo de Atención Diurna. Este servizo implantará “TERAPIAS DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA” dirixidas a persoas con deterioro cognitivo, Asociado a Alzheimer ou outras demencias...

O pleno ordinario de abril do Concello de Rianxo declarou o noso municipio contrario ao Tratado de Libre Comercio (TTIP). Un tratado que están a negociar en segredo a porta pechada entre a Unión Europea e os Estados Unidos. Cun escurantismo impropio dunha democracia, onde se están a abrir á cidadanía canles para a participación, este tratado negóciase dun xeito escurantista e con severísimas...

Con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Concello de Rianxo está a completar a posta en marcha do seu dominio rianxo.gal. Todos os contidos da web municipal están incorporados ao novo dominio. Ademais dos contidos que migraron ao novo dominio os correos electrónicos dos diferentes departamentos xa atenden pola nova denominación .gal. Sumámonos así ao proceso iniciado pola...

O grupo de goberno presentará o xoves 29 de xaneiro no Pleno Municipal a ampliación do prazo de exposición pública do PXOM de Rianxo, que se aumentará, de aprobarse, até o 3 de marzo. Buscar o máximo consenso e participación pública, incorporar moitas das alegacións presentadas e seguir a traballar na mellora do plan, móvenos a presentar esta proposta que agardamos conte con amplo respaldo,...

O pasado 19 de marzo pola mañá, no Salón de Plenos do Concello de Rianxo, presentouse Mobilízate!, unha aplicación para dispositivos Android que pretende facilitar a participación cidadá así como favorecer a máxima eficacia e integración entre o Concello de Rianxo e os seus cidadáns e visitantes. Este sistema, un dos pioneiros en Galicia, vai permitir que os mesmos veciños comuniquen en...

Día Internacional contra a Violencia de Xénero Para conmemorar o día Día Internacional contra a Violencia de Xénero o Concello de Rianxo ten programado para o próximo domingo día 25, ás 12:00 hrs., unha concentración diante da Casa Consistorial onde se dará lectura a un manifesto por parte de concelleiros e concelleiras. Un gran lazo violeta será instalado no balcón do concello. Acto...

O Goberno Municipal de Rianxo levará para a súa aprobación polo pleno de novembro de Rianxo unha serie de medidas de apoio ás familias ou persoas en perigo, actual ou futuro, de seren desafiuzadas polas entidades bancarias. Manterá como até o de agora o contacto coas plataformas comarcais de afectados para colaborar. Entre outras medidas impúlsase a: Creación dunha Comisión Especial para...

Mañá xoves 7 de xuño ás 11:30 horas, no salón de plenos do concello de Rianxo, celebrarase o acto de entrega de diplomas aos/ás asistentes ao curso sobre biomasa forestal e fomento do emprego. Curso no que colaborou o concello de Rianxo e que se realizou os pasados meses de abril e maio na parroquia de Asados. No acto de entrega estarán presentes os/as participantes e fará entrega dos...

— Resultados por páxina
Mostrando 10 resultados.