Notificacións telemáticas Notificacións telemáticas

Subscrición ás NOTIFICACIÓNS TELEMÁTICAS do CONCELLO DE RIANXO

QUE SON as notificacións electrónicas?

A notificación electrónica é un mecanismo telemático de notificación contemplado Lei 39/2015 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

Substitúe a notificación en papel e ten plena validez xurídica.

QUE TEÑO QUE FACER para que o Concello de Rianxo me notifique de forma electrónica?

O primeiro paso é indicar na solicitude que se queren recibir notificacións telemáticas para os expedientes que xere a dita solicitude.

Os formularios de solicitude do Concello de Rianxo incorporan unha cela na que se pide que se indique o enderezo electrónico habilitado, que non é máis que a conta de correo electrónico na que se recibirán os avisos de que se recibiu unha notificación.

A ONDE me chegan as notificacións?

As notificacións telemáticas chegan a través do servizo Notific@ da Xunta de Galicia: https://notifica.xunta.gal/

Neste portal podemos consultar as notificacións que recibimos e aceptalas ou rexeitalas.

COMO SEI que recibín unha notificación?

Os avisos das notificacións telemáticas chegan ao enderezo electrónico habilitado indicado na solicitude.

O servizo tamén se pode configurar para recibilos por SMS.

QUE NECESITO para acceder ás miñas notificacións?

A nivel técnico, o que se necesita para poder acceder á plataforma Notific@ da Xunta de Galicia é o seguinte:

  • Certificado dixital ou DNI electrónico
    • Obtención e configuración:
    • Certificados FNMT: http://www.cert.fnmt.es/gl/certificados
    • DNI-e: https://www.dnielectronico.es/
  • Un navegador web moderno actualizado (Google Chrome, Mozilla Firefox)
    • Cada navegador e sistema operativo pode presentar particularidades. A Xunta de Galicia proporciona servizo técnico no teléfono 012 e no correo-e 012@xunta.es
  • Ter instalado e actualizado Java no equipo
    • Descarga e instalación: https://www.java.com/es/
  • Un enderezo de correo electrónico
    • Este enderezo é o chamado enderezo electrónico habilitado
COMO ACCEDO ás notificacións recibidas?

O proceso é o seguinte:

  1. Accedemos a notifica.xunta.gal
  2. Prememos en Entrar co certificado dixital
  3. Abrimos as notificacións pendentes que se desexemos ver

Cando recibimos a primeira notificación, o sistema danos de alta en Notific@ de forma automática, se non o estabamos antes, e seremos subscritos a todos os servizos do Concello de Rianxo.

Se por algún motivo nos désemos de alta na plataforma Notific@ antes de recibir a primeira notificación, deberemos subscribirnos manualmente a todos os servizos do "organismo emisor" Concello de Rianxo, seleccionando todos os servizos e premendo en "subscribir".

QUE OUTRAS COUSAS podo facer?

No menú de opcións de Notific@ podemos configurar as seguintes funcionalidades:

  • Modificar os nosos datos persoais.
    • É recomendable revisalos a primeira vez que se accede á plataforma.
  • Engadir correos electrónicos adicionais para recibir avisos de notificacións.
    • Nos datos persoais, no campo de correo electrónico, pódende indicar varios enderezos, separados por punto e coma (;).
  • Indicar un número de móbil para recibir os avisos de notificación por SMS.
  • Autorizar a outras persoas para que podan acceder e/ou aceptar notificacións no noso nome.


Departamento de INFORMÁTICA
Concello de Rianxo

informatica@concelloderianxo.gal

 

Manual de subscrición ás notificacións electrónicas do Concello de Rianxo