Aula de Informática Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: 09.00 - 14.00

Novas Tecnoloxías Novas Tecnoloxías

Atrás

O Concello de Rianxo inicia a dixitalización completa da documentación presentada no Rexistro Xeral

O Concello de Rianxo iniciou hoxe, xoves 1 de xuño, a dixitalización total da documentación que se presenta no Rexistro Xeral do concello. Polo tanto, agora as persoas físicas que presentan documentación de forma presencial no Rexistro Xeral do concello non precisan entregar fotocopias, xa que a documentación orixinal será dixitalizada e cotexada para conformar un documento electrónico auténtico.

Unha consecuencia deste paso é que agora a gran maioría dos expedientes administrativos tramitaranse de forma totalmente electrónica, malia ser un proceso progresivo que require dun tempo de adaptación.

O proceso implica tamén unha notable mellora no proceso de custodia da documentación e de seguimento dos procedementos administrativos.

Seguinte