Persoal Persoal

Responsable Político

Concelleiro de Deporte e Patrimonio Histórico

Persoal do Servizo de Deportes

Persoal técnico

Persoal de servizos e conserxería

O Servizo de Deportes O Servizo de Deportes

Misión

A misión do Servizo de Deportes é promocionar e fomentar a actividade físico-deportiva en Rianxo, achegándoa ó conxunto da sociedade, adaptándoa ás necesidades de cada colectivo e colaborando cos axentes sociais vencellados ao deporte.

Liñas de Actuación

O traballo do Servizo de Deportes a prol da dinamización do deporte no noso concello estrúturase do seguinte xeito:

Programas municipais de actividades

  • Elaborar unha oferta de actvidades ampla e variada para tódolos segmentos da poboacion, complementaria coa dos axentes deportivos privados.

Apoio ós axentes deportivos locais

  • Colaborar cos axentes sociais vencellados á práctica físico-deportiva, de tal xeito que o Servizo de Deportes e estes sexan socios no desenvolvemento do deporte rianxeiro.

Infraestrutura e equipamento deportivo

  • Velar pola plena utilización das instalacións deportivas municipais, así como polo seu mantemento e conservación.
  • Planificar, ampliar, ampliar e construir a rede de instalacións deportivas de Rianxo.

Outros Servizos e funcións

  • Asesoramento ós cidadáns e ás entidades en materia deportiva.
  • Xestión do deporte en Idade Escolar.