Plan de igualdade

Plan de igualdade - concelloderianxo

PLAN DE IGUALDADE

O II Plan de igualdade do Concello de Rianxo aprobouse por unanimidade na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación do 21 de maio de 2019.

Formúlase o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello deRianxo   2019-2022   coa   vontade   de   ser   a   estratexia   municipal   centrada   na   igualdade   de oportunidades entre mulleres e homes, así como fortalecer o traballo en materia que xa se viña desenvolvendo hai anos a nivel municipal.

O avance nas últimas décadas é imparábel respecto á conquista de dereitos das mulleres, á posta en marcha dun marco lexislativo centrado na igualdade e a implantación de políticas públicas de igualdade. Aínda así, sabemos que nos nosos días, as desigualdades de xénero e as violencias machistas seguen a reproducirse na nosa sociedade e hai resistencias a mudar as actitudes. Son múltiples   os   fenómenos   que   teñen   presenza   na   nosa   realidade,   como   o   incremento   da feminización da pobreza, o aumento da violencia machista, a falla de corresponsabilidade real ou a invisibilización do papel da muller en diferentes eidos, entre outras.

Neste senso o Concello de Rianxo e consciente da súa responsabilidade e das súas obrigas legais. E   por   tanto,   ponse   en   marcha   esta   estratexia   integral   co   obxectivo   de   activar   os   medios,mecanismos e recursos necesarios para traballar a prol dunha vila igualitaria e libre de violencias machistas.

Así, este   II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes contempla futuras medidas que atravesan a administración municipal, posicionando deste xeito, a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes como un eixo fundamental na axenda política municipal.