Portada

Concello de Rianxo - concelloderianxo

ACTUALIDADE

Carpa de Nadal na Praza Castelao

Do 24 ao 31 de decembro, na carpa que se colocará na Praza Castelao con propostas familiares. O 24 e o 31 de decembro, o horario será de 11.30 a 13.30 horas. O 26, 27, 28 e 30 de decembro, o horario será de 11.30 a 13.30  e de 17.00 a 20.00 horas.  

III Ciclo de Novos Intérpretes, Aldara Muíños Rodríguez

O III Ciclo de Novos Intérpretes chega ao seu fin, o derradeiro concerto correrá a cargo de Aldara Muíños Rodríguez ao clarinete acompañada polo Trío Céfiro. A proposta terá lugar na sala Arcos Moldes de Rianxo o vindeiro venres 13 de decembro ás 20.30 horas. Entrada de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes do comezo.

Exposición Sempre en Galiza. Homenaxe Artistas Galegos.

O 20 de decembro, ás 20.00 horas, terá lugar na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a apertura da exposición de gravados Sempre en Galiza. Homenaxe Artistas Galegos cedida polo Museo do Gravado á Estampa Dixital. A exposición forma parte do programa dos Actos Castelao 2020 que organiza o Concello de Rianxo. Pode visitarse, nos horarios de apertura do auditorio, dende o 20 de decembro ao 1 de febreiro.  

Fin de Ano en Rianxo organizado pola Asociación Rock in Rian

Vén pasar o fin de ano a carpa da Praza Castelao en Rianxo, unha proposta organizada pola Asociación Festival Rock in Rian.

Concerto de Fin de Ano da Banda da Escola de Música de Rianxo

O sábado 28 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o derradeiro concerto do ano 2019 a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do concerto (máximo 2 por persoa).

Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo

O sábado 21 de decembro, en dúas sesións, unha as 12 da mañá e outra ás 6 da tarde; terá lugar o Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo. A entrada pode retirarse unha hora antes de cada sesión (máximo 2 por persoa).

O que arde, o filme de Oliver Laxe

Unha historia de lume e sacrificio O que arde, un filme de Oliver Laxe na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A proxección terá lugar o venres 20 de decembro, ás 21.00 horas. Recomendado para un público maior de 7 anos. Duración: 85 minutos. Entrada de balde ata completar capacidade. Máximo 2 por persoa. Retirada dende unha hora antes do comezo da proxección.

Veladas de inverno en Asados

O grupo de teatro Airiños organiza no Centro Social da Atalaia un ciclo de Veladas de Inverno. Desenvolveranse entre o  venres 13 e o domingo 22 de decembro.

Materiais para o Nadal da campaña En Rianxo, ao noso xeito

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo pon a disposición dos comercios e locais de hostalaría adheridos á campaña En Rianxo, ao noso xeito, unha serie de materiais destinados exclusivamente á celebración do Nadal. 1. Etiquetas para regalos para o comercio:  - En Rianxo, ao noso xeito "Agardo que che guste" - En Rianxo, ao noso xeito "Con todo o meu agarimo" - En Rianxo, ao noso xeito "Parabéns" 2. Manteis...

Festa de Santa Baia no Araño

O vindeiro sábado 7 de decembro, terá lugar no Araño a celebración das Festas de Santa Baia

Exposición pública da aprobación inicial do documento do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Rianxo

O Pleno do Concello de Rianxo, na sesión ordinaria do 28 de novembro de 2019, aprobou inicialmente o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Rianxo. Sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, que comezarán a contar a partir da publicación no BOP do mércores 4 de decembro (

Resistencia nicaraguana con rostro de muller

Do 9 ao 14 de decembro haberá no Auditorio unha exposición fotográfica da realidade de Nicaragua e da resistencia e protesta das mulleres no país. Para pechar a exposición, o sábado 14 realizaranse diferentes actividades ás 12:00 da mañá: - Visita guiada pola exposición - Taller de máscaras de Monimbó: cada participante vai poder deseñar a súa propia máscara de Monimbó. Estas máscaras utilízanse por un lado en bailes folclóricos, pero tamén para tapar os rostros nas...

Machismos sen miopías

Este programa adopta a forma dun conxunto de obradoiros participativos, estruturados en torno a diferentes temáticas, nos que se combinará un formato de exposición teórica con técnicas de innovación social aplicadas a un contexto educativo. Isto fará que as persoas participantes sexan a parte central da construción do coñecemento. Como resultado destes obradoiros xurdirá a Mostra das Violencias Invisibles, unha acción artístico-comunitaria, composta de obxectos que...

II Memorial Mireya Dieste

O xoves 5 de decembro, ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes terá lugar o II Memorial Mireya Dieste, cun concerto con Margarita Viso Soto e Javier Ares Espiño.

XIV Festival de Corais de Arousa e Ulla

O sábado 7 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o XIV Festival de Corais de Arousa e Ulla organizado pola Coral Abraira do Centro Cultural Simon Varela de Asados. Actuarán a Coral San Salvador de Camanzo de Vila de Cruces, a Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Ribeira e a Coral Abraia de Asados.

Festival de Nadal da Asociación Vai de Roda

O vindeiro sábado 14 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o Festival de Nadal organizado pola Asociación Vai de Roda. Máis información no facebook de Vai de Roda

Festival de nadal da Asociación Fogo Fatuo

O domingo 22 de decembro, a partir das 19.00 horas, terá lugar o Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes do comezo. Máis información Facebook de Fogo Fatuo

Licitación do ascensor do edificio do ISM

O Perfil do contratante do Concello de Rianxo publicou a licitación por 59.570,87 € dun ascensor que dará servizo a todo o edificio do ISM. Neste edificio, o obradoiro de emprego Clínica Vella construirá, no espazo ocupado polo antigo centro de saúde (primeiro andar), os locais de ensaio para a mocidade. O ascensor finánciase cos fondos do Plan Único da Deputación e do Concello de Rianxo. Toda a información da licitación está na plataforma de contratación do Estado: 

Gala Youtubeir@s. Final en Compostela

Mañá, venres día 29 de novembro, os youtubeir@s rianxeir@s viaxamos ata Santiago de Compostela para presenciar a gala final do certame Youtubeir@s ​​​​​​​2019. Aínda quedan algunhas prazas libres no autobús. O número de teléfono ao que hai que chamar se alguén se quere apuntar é o: 981 972 713. Veña, que algún rianxeiro pode volver con premio!! Día: venres, 29 de...

Xornada formativa na plataforma SUBTEL para asociacións

A Deputación da Coruña organiza, a través do programa PEL-Concellos dixitais, unha xornada formativa na plataforma SUBTEL para a solicitude e tramitación das subvencións da Deputación da Coruña. Está dirixida ás entidades asociativas (culturais, deportivas, comerciais, veciñanza) ou outros colectivos ou particulares que podan necesitar tramitar nesta plataforma. A xornada formativa, cunha duración aproximada de 90 minutos, impartirase na Aula de Informática (Auditorio de...

Listaxe de persoas admitidas no obradoiro de RianxoCiencia19

Xa se poden consultar as persoas admitidas no obradoiro de experimentos: A maxia da ciencia! Pincha no seguinte enlace. As prazas non cubertas poden ocuparse, por orde de inscrición, ata mañá venres 29/11/2019 ás 13.00 horas cubrindo a solicitude de inscrición que se atopa neste sitio web.  

II Semana da Música Irmandiña

APRAZADO ATA NOVO AVISO  a proposta do venres 29 de novembro, ás 19.30 horas, comezará na Casa dos Dieste a II Semana da Música Irmandiña cunha conversa con Margarita Viso Soto e José Luís do Pico Orjais arredor da historia do piano na Galiza . Ademais haberá un concerto do grupo Barahunda sobre as cantigas de amor e de amigo. O xoves 5 de decembro, ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes, terá lugar o II Memorial Mireya Dieste, cun concerto de Margarita Viso...

Estrea de Lambetadas, de Talía Teatro

Talía Teatro estrea na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o seu novo espectáculo familiar, Lambetadas. A función terá lugar o próximo venres 29 de novembro, ás 20.00 horas. Espectáculo recomendado para familias con crianzas entre os 6 e os 11 anos. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do Auditorio (máximo 2 por persoa). Prioridade de acceso ao...

Presentación do libro A casa xunto ao volcán, de Xosé Ricardo Losada

O venres 29 de novembro, ás 21.00 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro A casa xunto ao volcán de Xosé Ricardo Losada, gañadora do Premio Viadutos de Novela 2019. No acto contarase coa presenza de Malores Villanueva (Editorial Galaxia), Antón Riveiro Coello (escritor e socio de Barbantia), Alicia Fernández Ínsua (estudante de Comunicación Audiovisual), Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo) e o propio...

Joelle Saliba nas residencia de escritoras e pensadoras de Axóuxere

Joelle Saliba ofrecerá un obradoiro e unha conferencia dentro do programa de Residencias de escritoras/es e pensadoras/es de Axóuxere. O obradoiro de literatura desenvolverase os días 30 de novembro e 1 de decembro e ten o título de Que é o que pasaría se.  A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do correo electrónico

Tradicción, de Nova Galega de Danza

O espectáculo Tradicción, da compañía Nova Galega de Danza, achégase ao auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 30 de novembro ás 20.30 horas. Destinado a público adulto. A entrada é de balde ata completar capacidade. Pode retirarse desde unha hora antes do comezo na billeteira do Auditorio. Proposta do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Alertas de fenómenos meteorolóxicos

O Servizo de Deportes informa sobre as alertas de fenómenos meteorolóxicos. Meteogalicia ten activas as seguintes alertas de fenómenos meteorolóxicos que afectan á zona de predición do suroeste da provincia da Coruña: Alerta AMARELA, por acumulacións superiores aos 40 litros en 12 h, entre as 12-21 h Recoméndase...

25N Día internacional contra a violencia de xénero

​​​​​​​  

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 28 de novembro de 2019

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 28 de novembro de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte ORDE DO DÍA 1. Aprobación da acta nº 14 /2019 do Pleno en sesión ordinaria do 31/10/2019 e da acta nº 16/2019 do Pleno en sesión extraordinaria urxente do 7/11/2019. 2. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno. 3. Aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra...

Rianxo En Negro. Aprázanse as actividades do domingo 24

Aprázase ata novo aviso o taller de máscaras de monimbó e a actuación do coro Sisters in the house que se ía desenvolver o domingo 24 pola mañá debido ás inclemencias meteorolóxicas. Desculpen as molestias ocasionadas.

Aprazamento da Andaina en Negro

AVISO IMPORTANTE O Servizo de Deportes informa do APRAZAMENTO da ANDAINA EN NEGRO contra as violencias de xénero prevista para mañá sábado 23 de novembro. ​​​​​​​A cantidade de choiva caída estes días fan intransitables moitos tramos da senda do Río Té. ​​​​​​​A andaina aprázase para o vindeiro sábado 30 DE NOVEMBRO, e para iso abrimos de novo o prazo de inscrición. As persoas que xa están inscritas non é necesario que o fagan  de novo. Si é preciso que aquelas...

OBRADOIROS DE CARTÓN PEDRA

PRAZAS CUBERTAS A xente que estea interesada pode inscribirse nunha listaxe de reserva. A Concellaría de Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais organiza dous Obradoiros de Cartón Pedra impartidos por Pedras, Artesanía e Patrimonio. OBRADOIRO PARA FAMILIAS Destinado a crianzas a partir de 6 anos acompañadas dunha persoa adulta. O sábado de 11.00 a 13.00 horas,...

PERSOAS ADMITIDAS no obradoiro A ciencia nos tempos de Castelao, Dieste e Manuel Antonio

Xa están publicadas as persoas admitidas no obradoiro A ciencia nos tempos Castelao, Dieste e Manuel Antonio. As 10 prazas non cubertas, poden ocuparse, por orde de inscrición, ata o venres 22/11/2019 ás 13.00 horas cubrindo a solicitude que se atopa neste sitio web. Podes consultala no seguinte enlace

Anuncio de autorización de servizos de tempada para as praias da provincia da Coruña

A Demarcación de Costas de Galicia publica o prazo de presentación de solicitudes para o outorgamento de autorizacións dos servizos de tempada nas praias da provincia da Coruña (terrazas, máquinas expendedoras, hamacas, escolas de actividades...). Anuncio e bases

Gala Youtubeir@s Rianxeir@s

O domingo 29 de novembro terá lugar ás 19 h no Auditorio de Rianxo a Gala Youtubeir@s ​​​​​​​Rianxeir@s, coa presenza das veciñas e veciños que participaron no proxecto.

FUNCIÓN SUSPENDIDA; Arnoia, Arnoia O CIRCO da casa pequena de Pistacatro

Por mor de causas alleas ao Concello de Rianxo o espectáculo Arnoia. Arnoia. O circo da casa pequena queda SUSPENDIDO. O sábado 23 de novembro, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo achégase o espectáculo Arnoia, Arnoia O CIRCO da casa pequena, unha coprodución de Pistacatro e o CDG dirixida por Quico Cadaval. Está destinada a un público familiar, con crianzas maiores de 10 anos. Entrada de balde ata...

#rianxoennegro

Manifestación contra as Violencias Machistas, o luns 25 de novembro, ás 20:00 h na Praza de Castelao.

Teatro, Falar por falar de Volta e Dálle Teatro

Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Carlos Santiago e Pepe Penabade da compañía Volta e Dálle Teatro representan o espectáculo Falar por falar. O día da función é o venres 22 de novembro, ás 21.00 horas. Está destinado a un público adulto. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa). Proposta do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. ...

Henrique Komatsu na residencia de escritores/a e pensadores/a

Henrique Komatsu ofrecerá un obradoiro de literatura, «A escrita como forma de resignificar a realidade», entre o sábado 23 e o domingo 24 de novembro, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo e na casa de Axóuxere Editora. Tamén ofrecerá a conferencia «O ensaio e a resignificación da realidade», o venres 22 de novembro ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo.

Teatro, Casa O'Rei de Ibuprofeno Teatro

Ibuprofeno Teatro achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa produción teatral Casa O'Rei, a función terá lugar o venres 15 de novembro ás 21.00 horas. Destinado ao público adulto. Duración: 1 hora e 35 minutos Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo na billeteira do Auditorio. A proposta forma parte do programa Rede Cultura da Deputación da Coruña. Manolo Rei, vello e...

Do 9 ao 30 de novembro, Rianxociencia 2019

Do 9 ao 30 de novembro desenvolverase en Rianxo o programa Rianxociencia 2019. Programa, información e inscricións no espazo específico RianxoCiencia 2019:  

Máis que tapas

Anímate a participar no programa "Máis que tapas" que terá lugar o vindeiro fin de semana no Concello de Rianxo!!!!!

Rede de abastecemento e saneamento en Lustres, Asados

Están en marcha os traballos na rede de abastecemento e saneamento en Lustres, Asados, dentro do Plan Único-Concellos, da Deputación da Coruña. Conta cun orzamento de 102.000 euros que está a executar a empresa Gestal y López.

Horarios de información turística

Horarios actualizados de información turística

Plan de formación e divulgación forestal

O Concello de Rianxo, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos da provincia da Coruña para a realización de actividades en materia de medio ambiente no ano 2019 que convoca a Deputación da Coruña, vai realizar a proposta formativa para o aproveitamento da extracción de resina sobre masas de piñeiro. Todas as persoas que estean interesadas poden solicitar máis información e/ou inscribirse no correo electrónico:

Campaña de inverno 2020 da Deputación da Coruña

A Área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 24 de xaneiro e o 24 de febreiro de 2020, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre as nenas e os nenos de entre 11 a 15 anos de idade (cumpridos a 31 de decembro de 2020) dos municipios coruñeses Ao Concello de Rianxo fóronlle adxudicadas 8 prazas e os nenos/as rianxeiros/as participarán na 1ª quenda, do 24/01/20 ao 27/01/20. A inscrición pode...

ANDAINA EN NEGRO contra as violencias machistas

AVISO IMPORTANTE O Servizo de Deportes informa do APRAZAMENTO da ANDAINA EN NEGRO contra as violencias de xénero prevista para mañá sábado 23 de novembro. ​​​​​​​A cantidade de choiva caída estes días fan intransitables moitos tramos da senda do Río Té. ​​​​​​​A andaina aprázase para o vindeiro sábado 30 DE NOVEMBRO, abrindo de novo o prazo de inscrición. Aqueles/as que xa están...

Outono cultural 2019

Xa podes consultar o folleto coa programación do outono cultural 2019 organizada pola Concellaría de Cultura, Museos, Mocidade; Festas e Centros socioculturais do Concello de Rianxo. Descarga do folleto Outono Cultural 2019

Listaxe de persoas admitidas no Obradoiro de Robótica

Xa podedes consultar no sitio web de RianxoCiencia2019 a listaxe de persoas admitidas no Obradoiro de Robótica do sábado 9 de novembro. Pincha no enlace. As prazas non cubertas poden ocuparse, por orde de inscrición, ata mañá venres 08/11/2019 ás 13.00 horas cubrindo a solicitude de inscrición que se atopa neste enlace.

Orde do día da sesión extraordinaria urxente do Pleno da corporación do 7 de novembro de 2019

Convocouse unha sesión extraordinaria urxente do Pleno da corporación municipal para o xoves 7 de novembro de 2019, ás 18.30 h, na Casa do Concello, coa seguinte ORDE DO DÍA: 1. Ratificación da urxencia ​​​​​​​2. Derrogación da Ordenanza fiscal municipal de venda ambulante ​​​​​​​3. Aprobación do proxecto modificado do 28/10/2019, Mellora da envolvente do pavillón cuberto do CEP Xosé Mª Brea Segade de Taragoña (POS + Plan adicional 2)