Portada

Concello de Rianxo - concelloderianxo

ACTUALIDADE

Obradoiro dual de emprego "CLÍNICA VELLA"

Obradoiro dual de emprego "CLÍNICA VELLA"

Concerto de Outono da Banda da Escola de Música de Rianxo

O domingo 27 de outubro, ás 16.00 horas, a Banda da Escola de Música de Rianxo ofrecerá un concerto de Outono na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.  

Cambia o conto con Música miúda

Sábado 26 de outubro as 12:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo. En "Cambia o conto" con "música miúda"  traballamos os estereotipos de xénero nos contos tradicionais. A nenas e os nenos analizan contos que xa coñecen e refán a historia coa nosa axuda, adaptándoa a unha realidade inclusiva en termos de xénero. Ademais, realizamos un contacontos musical a partir de textos propios, que teñen unha perspectiva igualitaria.

A pluma viva de Rosalía

Para celebrar o 24 de outubro día da Biblioteca teremos "A pluma viva de Rosalía" a cargo dos Quinquilláns. as 18:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo. Prometemos que vai ser unha tarde moi especial cargada de sorpresas e risas. Actividade de balde ata completar capacidade.

Regueifeando pola Coruña

Regueifeando pola Coruña Sábado 19 as 18:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo Actividade de balde ata completar capacidade.

Gale, a historia da língua

Gale, a historia da lingua sábado 19 de outubro as 12:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo Adaptación de As Aventuras de Gale, baseada na obra «Historia da Lingua Galega, do latín ao acento de Burgos» de Pepe Carreiro. Unha proposta con monicreques, sombras e narración oral na que Gale (lingua galega) nos guiará a través da súa historia para entender a súa situación actual e tratar de axudarlle. Idades: Dende os 6 anos Duración:...

Conferencia de Raquel Fernández

Conferencia "Experiencia mística e expresión artística na filosofía india" a cargo de Raquel Fernández en colaboración coa editorial Axóuxere de Rianxo e a Deputación da Coruñá. Venres 18 de outubro as 20:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo

Estrafalaria

Contacontos Venres 18 de outubro as 18:00 na Biblitoteca Municipal de Rianxo a cargo de Atenea García. Para crianzas a partir de 3 anos. Estrafalaria é un especaculo o que combina a narración oral coa manipulación de obxectos onde o público participa activamente do relato. A personaxes que interveñen na historia caracterizanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira. As cativas e os cativos deben entender a diversidade como algo enriquecedor e...

Orde do día da sesión extraordinaria do Pleno da Corporación do 21 de outubro de 2019: sorteo das mesas electorais

Convocouse unha sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal para o vindeiro luns 21 de outubro de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte ORDE DO DÍA: SORTEO DE MEMBROS DAS MESAS ELECTORAIS

IV Mostra de Teatro Alter Ego, O inspector de Teatro Muxicas

O grupo de Teatro Muxicas achégase ao Auditorio de Rianxo coa peza premiada O Inspector. A función é o venres 18 de outubro, ás 21.00 horas. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa) Proposta enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña. O Inspector é unha comedia de ritmo frenético, onde dez actrices e actores, na súa maioría invidentes ou cunha...

Regueifando pola Coruña

Dentro da IV Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego, o sábado 19 de outubro ás 18.00 horas terá lugar na Biblioteca Municipal Castelao un espectáculo a cargo dos Regueifeiros de Galicia, Regueifando pola Coruña. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Goza do Ulla

  Un ano máis, o Concello de Rianxo participa no programa "Goza do Ulla", a través do cal un total de 19 concellos "bañados" polo río Ulla dan a coñecer o valioso patrimonio natural, cultural e artístico do territorio polo que discorre este curso fluvial. O principal obxectivo é a promoción turística do citado territorio, polo que cada concello ofrece rutas de sendeirismo de cara a difundir elementos paisaxísticos e arqueolóxicos. Así, o Concello de Rianxo ofrece unha...

Excursión Salamanca Monumental

Os Servizos Sociais do Concello de Rianxo organizan unha excursión para as persoas maiores de 50 anos,  os días 15, 16 e 17 do vindeiro mes de novembro. Información e inscrición: Servizos Sociais Comunitarios Básicos, Est. de Tanxil, 12 ( Telf: 981 86 00 61)

IV Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego

Do 18 ao 26 de outubro, no Auditorio de Rianxo, desenvolverase a IV Mostra de teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo. Máis información páxina de Facebook da Agrupación Teatral Criaturas. Hai propostas de balde e outras con un custe de entrada de 2€. VENRES 18 DE OUTUBRO: ...

Escola de familias. Mindfulness en familia

Entre os días 9 e 23 de outubro estará aberto o prazo para inscribirse no último dos obradoiros da Escola de Familias 2019: Mindfulness en familia. Impartida por Raquel Bello de Espazo Oikos (psicóloga familiar), a actividade (de 5 sesións) ten un custo de 20 € (individual) e de 25 € (con acompañante da mesma unidade familiar). Están exentas do pagamento aquelas unidades familiares que teñan uns ingresos por debaixo do IPREM. As sesións serán os seguintes días: 25 e 31...

Escola de Enerxía

A Fundación Naturgy impartirá, o vindeiro xoves día 10 de outubro ás 17:30 h no Centro Social do Liceo, un obradoiro de asesoramento para axudar a minimizar a factura da luz. Non é necesario anotarse e se queres participar, leva unha factura da luz.  

VII Carreira Popular Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a VII Carreira Popular Concello de Rianxo, o venres 1 de novembro de 2019. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:

Horarios de apertura e aluguer dos Pavillóns Polideportivos

O Servizo de Deportes publica os horarios dispoñibles para o aluguer de instalacións deportivas do 1 de outubro de 2019 ao 30 de maio de 2020. Estes horarios poderán sufrir modificacións ao largo da tempada de inverno. Información e reservas nos Pavillóns Polideportivos. As instalacións que se poden reservar son as seguintes: Pavillón de Rianxo (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol). Pavillón de Taragoña (tenis, baloncesto, fútbol...

Festas de Leiro 19

Do venres 11 ao domingo 13 de outubro, Festas do Carme en Leiro.

Presentación do libro, Rafael Dieste. O libre pensamento

O vindeiro venres 11 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar na Casa de Rafael Dieste a presentación do libro de Luís Rei Nuñez, Rafael Dieste. O libre pensamento. No acto ademais do autor estarán presentes Xosé Ricardo Losada (profesor e escritor), Amparo Cereixo (profesora) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).    

Puño, puñete. Espectáculo de música para crianzas de 1 a 7 anos

O vindeiro venres, 11 de outubro, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a representación do espectáculo Puño, puñete a cargo de Baobab Teatro. O espectáculo musical está destinado a crianzas entre 1 e 7 anos. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada desde unha hora antes na billeteira do Auditorio. Máximo 2 por persoa. Priorizarase o acceso ao espectáculo do público recomendado. A proposta forma parte...

Club de inglés Rianxo

Comezo do club de inglés Rianxo, os martes e mércores na cafetería do Club Náutico de Rianxo. Máis información en rianxoenglishclub2@gmail.com

Obradoiro dual de emprego "CLÍNICA VELLA"

O Concello de Rianxo vai poñer en marcha o Obradoiro dual de emprego "CLÍNICA VELLA" para a formación de 15 alumnos/as - traballadores/as na especialidade de "INSTALACIÓN DE PLACA DE XESO LAMINADO E FALSOS TEITOS", segundo a subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde do 17 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á...

VI Foro Rehabilitación

Os días 4, 5, 6 e 26 de outubro terá lugar no Auditorio de Rianxo o VI Foro Rehabilitación, que contará coa presenza de recoñecidos especialistas no ámbito da rehabilitación urbanística. Información sobre os relatorios e horarios en: http://concelloderianxo.gal/vi-foro-rehabilitacion

Raquel Ferrández, seminario de pensamento e conferencia nas residencias de Axoúxere

Raquel Ferrández ofrecerá un seminario de pensamento, «Filosofías indias e occidentais da mente: meditación e neurociencia», entre o sábado 19 e o domingo 20 de outubro, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo e na casa de Axóuxere Editora. Así mesmo, ofrecerá a conferencia «Experiencia mística e expresión artística na filosofía india», o venres 18 de outubro ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo.

"Guerras do Alecrim e Manjerona" do grupo de teatro portugués Nova Comédia Bracarense

O grupo de Teatro Airiños organiza unha función a cargo de Nova Comédia Bracarense coa peza teatral "Guerras do Alecrim e Manjerona" A función terá lugar o domingo 6 de outubro, ás 18.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade.

Función do sábado de Unha primavera para Aldara, por Teatro Airiños

O vindeiro venres, o Grupo de Teatro Airiños estrea a súa nova produción Unha primavera para Aldara, baixo a dirección de Amantia Coello, a partir do texto de Teresa Moure. As funcións serán o venres 4 e o sábado 5 de outubro ás 21.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo e están organizadas polo Grupo de Teatro Airiños de Asados. A entrada ten un custo de 3 € e pode adquirirse en venda anticipada na Perruquería Pelos (Asados), Bar Berberecho (Rianxo) e...

Unha primavera para Aldara por Teatro Airiños

O vindeiro venres, o Grupo de Teatro Airiños estrea a súa nova produción Unha primavera para Aldara, baixo a dirección de Amantia Coello, a partir do texto de Teresa Moure. As funcións serán o venres 4 e o sábado 5 de outubro ás 21.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo e están organizadas polo Grupo de Teatro Airiños de Asados. A entrada ten un custo de 3 € e pode adquirirse en venda anticipada na Perruquería Pelos (Asados), Bar Berberecho (Rianxo) e...

Obradoiro de creación literaria As liñas no espello

Persoas admitidas Rematado o período de inscrición, pode consultar as persoas admitidas no seguinte documento: Listaxe persoas admitidas O obradoiro comezara o vindeiro sábado 5 de outubro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Rianxo.   A Escola de Escritores da AELG e o...

Peche do Amal en ruta

Coa película O Cairo confidencial péchase o ciclo de cine euroárabe Amal en ruta. Semanas antes da revolución exipcia de 2011 un oficial de policía do Cairo investiga o asasinato dunha famosa cantante no hotel Nile Hilton. O que inicialmente parece ser un crime pasional convértese en algo que concirne á elite do poder de Exipto.

Ghost Hunting de Raed Andoni

Para enfrontar as pantasmas que o obsesionan, o director Raed Andoni decide construír unha réplica da prisión de Al-Moskobiya, o principal centro de interrogatorios de Israel. Axudado por ex-reclusos, tenta representar de novo a historia que tivo lugar tras as paredes. Proxección do documental o sábado 28 de setembro ás 20.30 horas.

Sheikh Jackson, de Amr Salama

 A repentina morte de Michael Jackson fai que un antigo devoto do "Rei do Pop", e -agora novo imán -, caia en picado. Pero, que ten en común un imán exipcio con Michael Jackson? O venres 27 de setembro, ás 22.30 horas, dentro da programación do ciclo de cine Amal en ruta.

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 26 de setembro de 2019

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal para o xoves 26 de setembro de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte ORDE DO DÍA: 1. Aprobación Acta nº 11/2019 do Pleno en sesión ordinaria do 01/08/2019 2. Dación de Conta das Resolucións de Alcaldía e Actas da Xunta de Goberno 3. Dación de conta da aprobación da liquidación do Orzamento de 2018 4. Dación de conta do informe de avaliación do cumprimento dos obxectivos da Lei...

Of Fathers and sons

Osama e Ayman adoran e admiran ao seu pai pero ambos queren tomar camiños diferentes. Talal sedúcenos cunha historia que, a través do día a día de dous nenos, permítenos comprender a complexidade e a traxedia do conflito que vive Siria actualmente. O documental proxectarase o venres 27 de setembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo dentro do ciclo de cine Amal en ruta.

Faladoiro a bordo dun bateeiro "O chapapote na ría. Activismo mariñeiro, cultural e social"

O vindeiro sábado 5 de outubro, ás 11.30 horas, terá lugar un faladoiro a bordo dun bateeiro "O chapapote na ría. Activismo mariñeiro, cultural e social". As inscrición teñen que realizarse no correo-e unhagranburlanegra@gmail.com

Acto de homenaxe ás mulleres solidarias cos prisioneiros

O venres 4 de outubro, ás 20.15 horas, terá lugar un acto de homenaxe ás Mulleres solidarias cos prisioneiros do campo de concentración de Rianxo e todas as mulleres represalias e solidarias. A actividade enmarcase dentro da programación do X Seminario sobre a memoria.

Exposición no IES Félix Muriel

No IES Félix Muriel pode visitarse do 1 ao 15 de outubro a exposición 80 anos. Santiago 1936. A exposición está aberta a todas as persoas interesadas en visitala. O horario de visita é de 8.30 a 14.00 horas.

X Seminario sobre a memoria

X SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: "A liberdade nunca perdeu ningunha loita! (R. Cabanillas)" organizado pola Nova Escola Galega, Instituto Galego de Historia e o IES Félix Muriel de Rianxo. Datas de celebración: 4, 5 e 6 de outubro de 2019. Lugares de celebración: Rianxo, A Fonsagrada e Grandas de Salime.

Uned senior en Rianxo

Aberto o prazo de preinscrición na UNED SENIOR en Rianxo, ata o 4 de outubro.

Camiños de experiencia e coñecemento, propostas para maiores de 50 anos

O Programa Universitario de Maiores do IV CICLO da USC promove o proxecto de democratización do coñecemento, CAMIÑOS DE COÑECEMENTO xunto coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa conta cun total de 8 clases que se impartirán nunha Aula do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Está destinado para maiores de 50 anos. Máis información e inscricións no correo electrónico cultura@concelloderianxo.gal e presencialmente no Auditorio de Rianxo. ...

Contacontos Kenka un kenko

Sesión de contacontos para bebés entre 6 meses e 4 anos. Incrición previa: biblioteca@concelloderianxo.gal 981 860 272 – 667 185 581 ou no enlace https://forms.gle/B5bPCvL4QTjZ6crt7 ​​​​​​​Na propia biblioteca municipal Cris de Caldas, como contadora, acompañada de  Xabi do Camiño que pon a nota musical Kenka un kenko! pediu a nena. ...

AMAL EN RUTA: Zagros

O xoves 26 de setembro, ás 21.00 horas, a proxección de Zagros de Sahim Omar Kalifa. Zagros é un pastor que vive nunha aldea kurda coa súa esposa Havin e a súa filla. O seu pai dille que as persoas chismorrean acerca de Havin, pero Zagros négase a dar crédito aos rumores.

AMAL EN RUTA: Alma mater

Comeza o ciclo de cine euroárabe en Rianxo coa proxección de Alma Mater de Philippe Van Leeuw, o mércores 25 de setembro ás 21.00 horas. Oum Yazan, nai de tres fillos, converteu o seu apartamento nun punto seguro para a súa familia e os veciños que tratan de fuxir da guerra.

Youtubeir@s 2019

O Proxecto Youtubeir@s, que está organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Rianxo, A Baña, Carballo, Cedeira, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Ames, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña, ten o obxectivo de fomentar a creación de contidos na Rede na nosa lingua.  Youtubeir@s encara neste outono o treito final desta terceira edición. Así, até o...

EXPOSICIÓN XIII Premio internacional de Arte Gráfica Jesús Nuñez

Do 18 de setembro ao 1 de outubro, pode visitarse no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición organizada pola Deputación da Coruña do XIII Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Nuñez. Sitio web do premio na Deputación da Coruña

Presentación do libro "El vals de las hormigas"

O vindeiro sábado 28 de setembro, ás 19.00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a presentación do libro de Ana Valín "El vals de las hormigas".

Amal en ruta, do 25 ao 28 de setembro

Do 25 ao 28 de setembro terá lugar no Auditorio de Rianxo Amal en ruta, o ciclo de cine euroárabe organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Concello de Rianxo O ciclo Amal en ruta é unha versión resumida da Semana de Cine Euroárabe Amal 2018, celebrada en outubro do pasado ano en Santiago de Compostela. Este ciclo supón un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade. Desde os seus inicios, un dos principais propósitos de Amal...

Nova convocatoria das probas de acreditación dos niveis de lingua galega Celga, niveis 2 e 4

A Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2 e 4 que terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019. Persoas destinatarias: maiores de 16 anos, nacionais ou estranxeiras Prazo de matrícula: ata o 1 de outubro de 2019 Lugares de realización das probas: Santiago de Compostela e Ponferrada. Texto da convocatoria:

XVI Feirón mariñeiro "A feira de 1919"

O xoves 19 de setembro Rianxo retrocede un século no tempo no XVI Feirón Mariñeiro: artesanía, oficios tradicionais, obradoiros, gastronomía e animación de rúa, rematados pola Noite Folc  coas agrupacións Lumieira, Os Melidaos e Tiruleque. Toda a xornada no casco vello da vila.

Festas da Guadalupe 2019

Rianxo inicia a súa semana grande das Festas da Guadalupe, organizadas pola Asociación Sociocultural e para o desenvolvemento de Rianxo "A Moreniña", do 13 ao 20 de setembro. Toda a programación dos festexos está dispoñible no sitio web festasdaguadalupe.gal