Portada

Concello de Rianxo - concelloderianxo

ACTUALIDADE

De-Porte Choqueiro

O vindeiro luns, 24 febreiro, vaise celebrar no pavillón de Rianxo unha nova edición do De-porte Choqueiro. Só tedes que disfrazarvos para poder participar. As actividades darán comezo ás 16:30 e o programa é o que segue: 16:30 a 19:30 h. Inchables, obradoiros, xogos... Esperamosvos no pavillón!!!

Vacacións Entroido 2020

Nota informativa Con motivo da celebración das festas do entroido, non haberá Actividades Deportivas Municipais os seguintes días: Actividades Nenos/as: rematan o venres 21 de febreiro e comezan o xoves 27 de febreiro . Actividades Adultos: Non paran durante o entroido e manteñen os seus horarios habituais., agás o luns 24 de febreiro no pavillón polideportivo de Rianxo que non haberá actividades, debido a celebración do De-Porte...

Día de Rosalía de Castro 2020 en Rianxo

Luns, 24 de febreiro Caldo de Gloria no menú, como tapa ou ración, nos seguintes establecementos hostaleiros de Rianxo: Bar Abuín Parrillada Ourense O Costillar Cafetaría Braisa Bar Atalaia O Curral do Marqués Cafetaría Santa Columba Xoves, 27 de febreiro ​​​​​​​Actos de homenaxe á poeta Rosalía de Castro 9:45 h: Lecer con Rosalía, polas rúas de Rianxo - Reparto de versos de...

A mina contamina

Sábado, 22 de febreiro, ás 12:00, na Biblioteca Municipal de Rianxo. A mina contamina con pinga e lavandeira. Contacontos para familias con crianzas a partir de 6 anos. Teremos ao grupo Barahúnda, que nos poñerá a música en vivo e a colaboración especial de Tero Rodríguez

A ópera Madama Butterfly en Rianxo

O sábado 14 de marzo, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a proposta de ópera Madama Butterfly de Puccini. A entrada ten un custo de 20 € (máis gastos de xestión) e pode adquirirse no seguinte enlace, e tamén chamando ao 618 111 362. Ópera representada e...

Gala entrega de premios Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero

O vindeiro sábado 29 de febreiro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a Gala de entrega de premios do Certame Audiovisual de Curtas Alberto Romero. A entrada é con convites, non haberá ningunha dispoñible na billeteira do Auditorio. Podes seguir a gala en directo: - Na canle da televisión do Canal Barbanza - Nas redes sociais da Asociación Alberto Romero - No sitio web www.albertoromero.org Presenta o acto Vanesa...

Conversas na de Dieste, xoves 20 de febreiro

O xoves 20 de febreiro, ás 20.30 horas, terá lugar na Casa Dieste outra conversa organizada pola Asociación Cultural Bubela de Abuín coa colaboración do Concello de Rianxo e do proxecto da Uned Senior. Nesta ocasión presentarase o libro de Xico de Carinho titulado Na harmónica e a intervención artística correrá a cargo de Xico de Carinho, Manolo Cespón, José Nine, Alba María, Os Quinquilláns, Helena de Alfonso, José Lara Gruñeiro e Orjais. A...

Uned Senior, segundo cuadrimestre

O prazo de preinscrición para o segundo cuadrimestre da Uned Senior remata o mércores 26 de febreiro. As materias que se van impartir son as seguintes: Canto tradicional e canto coral Iniciación aos teléfonos intelixentes e tabletas. Módulo II Iniciación á informática e á Internet. Módulo II Cociñando para alimentarse ben II Práctica instrumental

Entroido Rianxeiro 2020

Avance da programación do Entroido en Rianxo no 2020 promovido polo Concello de Rianxo.

Curso básico de lingua e cultura galega en Rianxo

O Concello de Rianxo organiza un Curso básico de lingua e cultura galega. O que se pretende con esta actividade formativa é acoller lingüística e culturalmente as persoas de fóra de Galiza e tamén servir de ferramenta de integración para a cidadanía que aínda non dispón dos niveis iniciais do certificado de lingua galega (Celga 1 e 2).  O curso desenvolverase entre os meses de marzo e abril, xa que para maio prevese que sairá a convocatoria de exames Celga que anualmente...

Campionato Galego de Kenpo

O vindeiro domingo, 16 de febreiro, vaise celebrar o XII Campionato Galego de Kenpo e Kumite. Ademais, tamén se vai levar a cabo o 1º Encontro Galego de Parakenpo. Galiza é o único departamento con web propia, a primeira en celebrar un Campionato Oficial con proba en Submission a nivel nacional e a primeira en celebrar tamén un encontro en Parakenpo. O inicio deste campionato será ás 9:30 h e desenvolverase no Pavillón Polideportivo de...

ENTROIDO 20, certame de carrozas

Na tarde do domingo 23 de febreiro, dentro da programación do Entroido 2020, terá lugar un Certame de Carrozas. Podedes obter máis información na seguinte documentación: Bases completas

Cursos Celga 2020

A Xunta de Galicia convoca cursos de lingua galega preparatorios das probas para a obtención dos Celga 2020. O prazo para a presentación das solicitudes é de 15 días, contados a partir do 30 de xaneiro. (O prazo remata o 19 de febreiro). Este ano haberá cursos de teleformación para preparar Celga1, Celga2, Celga3 e Celga 4. Cursos presenciais só haberá nas cidades. A convocatoria pódese consultar na seguinte

Exposición II Mostra de Arte Moderna...evolución de F. Farrapos

A sala de exposición do Auditorio de Rianxo acolle a II Mostra de Arte Moderna ... evolución de F. Farrapos, do 7 de febreiro ao 7 de marzo. A apertura de exposición terá lugar o venres 7 de febreiro ás 21.00 horas. ​

Actos Castelao, traslado para o Salón de Plenos do Concello

Por mor da choiva, o acto previsto para hoxe dentro da programación dos Actos Castelao 2020, trasládase para o Salón de Plenos do Concello de Rianxo. A ofrenda floral realizarase no Paseo da Ribeira (diante do busto de Castelao) e as intervencións de autoridades e o acompañamento musical, no Salón de Plenos do Concello.

VIII BTT Concello de Rianxo

O domingo 9 de febreiro celebrarase a “VIII Marcha BTT Concello de Rianxo”, con saída e chegada no porto de Rianxo e que percorrerá os camiños e montes rianxeiros, entrando tamén nos de Dodro, Lousame e Rois. A proba está organizada pola Peña Cicloturista Castro Barbudo e polo Concello de Rianxo. Trátase dun evento deportivo non competitivo en bicicleta de montaña, dividida en función da dificultade, en tres rutas (curta – 32 km), (media - 50 km) e (longa - 72 km). De xeito...

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 30 de xaneiro de 2020

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 30 de xaneiro de 2020 coa seguinte ORDE DO DÍA: PARTE RESOLUTIVA 1. Aprobación da acta extraordinaria urxente núm. 18/2019 do 18 de decembro de 2019, e da acta ordinaria núm. 19/2019 do 26 de decembro de 2019 2. Aprobación modificación da periodicidade das sesións do Pleno 3. Delegación instrución e recadación de sancións de tráfico na Deputación PARTE DE CONTROL ...

Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión

REQUISITOS Reunir os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecido no artigo 3 do Real decreto 897/2017, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Ser o/a titular do contrato de subministración eléctrica. Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable...

Presentación do libro, Relatos e lembranzas de Xosé Plácido Betanzos García

Presentación do libro Relatos e lembranzas, homenaxe póstumo a Plácido Betanzos, coa participación de José Muñiz Santalla (comisión de homenaxe a Plácido Betanzos), Manuel Cartea Gómez (Barbantia) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo). Presenta o acto, Xosé Deira Triñanes.

Actos Castelao, presentación do venres 31 de xaneiro

Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o venres 31 de xaneiro, continúan as propostas dos Actos Castelao 2020 organizados polo Concello de Rianxo. A partir das 20.30 horas terá lugar a presentación do núm. 151 d'A Voz de Barbantia e do libro Escribirme de Hector Pose Porto, da Editorial Do Peirao. No acto, ademais do autor, estarán presentes Xesús Laíño e Milagros Torrado, da Asociación Barbantia e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo.

Tarxeta benvida

PERSOAS BENEFICIARIAS: - Familias que no ano 2020 teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020. Pode solicitarse a prestación xa dende o embarazo. - As galegas e galegos e os seus descendentes que se encontren en calquera dos supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2020. - Tamén...

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos

PERSOAS BENEFICIARIAS • Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso. • Serán...

VII Regata de Kayak de Mar "Concello de Rianxo"

O Club de Piragüismo Rianxo e o Concello de Rianxo organizan a VII REGATA DE KAYAK DE MAR "CONCELLO DE RIANXO", pertencente á Liga Galega de Kayak da Federación Galega de Piragüismo. A Rianxo correspóndelle celebrar a primeira proba da tempada desta liga, que terá lugar o sábado 25 de xaneiro. Programa da regata é o que se detalla a continuación: 15:30 h. Inicio da regata. 18:30 h. Entrega de trofeos na lonxa vella.  ...

Estrea da curtametraxe O Castelo da Lúa de Vou Films

Dentro da programación dos Actos Castelao 2020 organizados polo Concello de Rianxo, o sábado 25 de xaneiro, ás 20.00 horas, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a estrea da curtametraxe O Castelo da Lúa realizado por Vou Fims. Na proposta terá lugar unha mesa redonda con Lois Basallo (director e guionista), Adriana Rego e Vanesa Mariño (historiadoras da arte) e Sergio Pazos e Miguel Pernas (actores). Ademais terá lugar a...

Ricardo de Barreiro con A+A na Biblioteca Pública Castelao

Ricardo de Barreiro ofrécenos, a través desta performance-presentación do seu audio-libro A+A, unha viaxe extraordinaria pola marea máis suxestiva e bravía: o amor. Realizarase o vindeiro venres 24 de xaneiro, ás 20.30 horas, na Biblioteca Pública Castelao de Rianxo. Está destinada a un público adulto, con inscrición previa no correo biblioteca@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(ata a mañá do mesmo día). Esta proposta...

Conversas na de Dieste

O XOVES 23 de xaneiro, ás 20.30 horas, na Casa de Rafael Dieste, convocados pola Asociación Cultural Bubela de Abuín terá lugar un encontro no que Jose Luís do Pico Orjais conversará arredor do piano de Dieste e Barahúnda acompañará con cantigas de amor e de amigo.

ACTOS CASTELAO 2020

Outro ano máis, o Concello de Rianxo, organiza os Actos Castelao en homenaxe ao ilustre rianxeiro. As propostas xa comezaron o pasado 20 de decembro, coa apertura da exposición Sempre en Galiza: homenaxe de artistas galegos e continuarán do 24 de xaneiro ao sábado 1 de febreiro. NOTA: A presentación do libro de José Carou Rey Desvelando a Ademar Escambia,  adiase para outra data a anunciar na maior brevidade posible. E...

Enquisa de zonas de deficiencia na cobertura de redes móbiles

A Fegamp acaba de asinar coa Amtega un Convenio Marco de colaboración para a posta en marcha de actuacións encamiñadas a mellorar a cobertura de comunicacións móbiles no rural de Galicia, cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no Marco do PDR de Galicia 2014-2020. Os concellos podemos achegar información sobre núcleos de poboación nos que non hai cobertura ou é deficiente. O Concello de Rianxo, como socio da Fegamp, poñerá a...

Cabalgata de Reis en Rianxo

Achégase a noite máis máxica do ano, a noite de Reis. En Rianxo chegarán ao Porto sobre as seis e cuarto da tarde.  

Presentación do libro "Nunca sabes a donde te lleva la vida" de Michael Künstler

O vindeiro venres 3 de xaneiro, ás 20:30 horas, presentarase no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo o libro "Nunca sabes a donde te lleva la vida" do autor alemán Michael Künstler. Blog de Michael Künstler  

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 26 de decembro de 2019

  Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 26 de decembro de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte ORDE DO DÍA: 1. Aprobación da acta nº 13/2019 do Pleno en sesión extraordinaria do 21/10/2019,  acta nº 15/2019 do Pleno en sesión ordinaria do 28/11/2019,  acta nº 17/2019 do Pleno en sesión extraordinaria do 05/12/2019 2.  Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de...

Carpa de Nadal na Praza Castelao

Do 24 ao 31 de decembro, na carpa que se colocará na Praza Castelao con propostas familiares. O 24 e o 31 de decembro, o horario será de 11.30 a 13.30 horas. O 26, 27, 28 e 30 de decembro, o horario será de 11.30 a 13.30  e de 17.00 a 20.00 horas. Xa podedes consultar a programación por día na seguinte imaxe:

Merca en Rianxo, gañamos tod@s

Campaña de Nadal de consumo no comercio local. Este Nadal, merca no teu concello, para beneficio de tod@s,.

Cabalgata Reis 2020

Xa queda pouquiño para que comece o 2020 e tamén para a noite máis máxica do ano, a #noitedereis. Os Reis Magos xa están todos atarefados cos preparativos e piden da vosa axuda para a Cabalgata no Concello de Rianxo. Podes facelo de moitas maneiras: acompañando a comitiva, na montaxe, na organización... Chama ao 981 100 688, envía un correo a cultura@concelloderianxo.gal ou pásate polo Auditorio.

Ti decides

Vídeo da Campaña de concienciación viaria para o Nadal da Policía Local de Rianxo. "Ti decides"

Alerta por fenómenos meteorolóxicos

Meteogalicia alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa e amarelo o mércores 18 de decembro entre as 9 e as 24 horas (aproximadamente), que afectará ás zonas de predición meteorolóxica, entre outras, do suroeste da provincia da Coruña. Ante a devandita situación de risco, o Servizo de Deportes comunica que: 1. ALERTA LARANXA, ata as 18 h, por refachos de vento superiores aos 100 km/h e acumulacións superiores aos 40 l/m2. SUSPÉNDENSE AS...

Vacacións de Nadal - Actividades deportivas municipais

Pavillón de Rianxo: ​​​​​​ As actividades paran do 18 de decembro ao 3 de xaneiro, ambos incluídos. Outras parroquias: ​​​​​​ ​​​​​​​As actividades paran do 23 ao 3 de xaneiro, ambos incluídos. O martes 7 de xaneiro reiniciaranse as actividades, tanto de crianzas coma de persoas adultas. ​​​​​​​Durante as vacacións de Nadal modifícanse os horarios de apertura dos pavillóns. Consulte

Termalismo Social IMSERSO

O programa contempla o aloxamento en habitacións dobres de uso compartido, manutención en réxime de pensión completa, tratamentos termais, actividades de lecer e póliza colectiva de seguro turístico, en quendas de 12 ou de 10 días. PERSOAS BENEFICIARIAS Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente do sistema de Seguridade Social español. Pensionistas de viuvez do sistema da Seguridade Social española, con 55 anos ou máis. Persoas perceptoras...

O que arde, o filme de Oliver Laxe

Unha historia de lume e sacrificio O que arde, un filme de Oliver Laxe na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A proxección terá lugar o venres 20 de decembro, ás 21.00 horas. Recomendado para un público maior de 7 anos. Duración: 85 minutos. Entrada de balde ata completar capacidade. Máximo 2 por persoa. Retirada dende unha hora antes do comezo da proxección.

Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo

O sábado 21 de decembro, en dúas sesións, unha as 12 da mañá e outra ás 6 da tarde; terá lugar o Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo. A entrada pode retirarse unha hora antes de cada sesión (máximo 2 por persoa).

Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo

O domingo 22 de decembro, a partir das 19.00 horas, terá lugar o Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes do comezo. Máis información Facebook de Fogo Fatuo

Veladas de inverno en Asados

O grupo de teatro Airiños organiza no Centro Social da Atalaia un ciclo de Veladas de Inverno. Desenvolveranse entre o  venres 13 e o domingo 22 de decembro.

III Ciclo de Novos Intérpretes, Aldara Muíños Rodríguez

O III Ciclo de Novos Intérpretes chega ao seu fin, o derradeiro concerto correrá a cargo de Aldara Muíños Rodríguez ao clarinete acompañada polo Trío Céfiro. A proposta terá lugar na sala Arcos Moldes de Rianxo o vindeiro venres 13 de decembro ás 20.30 horas. Entrada de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes do comezo.

Exposición Sempre en Galiza. Homenaxe Artistas Galegos.

O 20 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a apertura da exposición de gravados Sempre en Galiza. Homenaxe Artistas Galegos cedida polo Museo do Gravado á Estampa Dixital. A exposición forma parte do programa dos Actos Castelao 2020 que organiza o Concello de Rianxo. Pode visitarse, nos horarios de apertura do auditorio, dende o 20 de decembro ao 1 de febreiro.  

Fin de Ano en Rianxo organizado pola Asociación Rock in Rian

Vén pasar o fin de ano a carpa da Praza Castelao en Rianxo, unha proposta organizada pola Asociación Festival Rock in Rian.

Concerto de Fin de Ano da Banda da Escola de Música de Rianxo

O sábado 28 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o derradeiro concerto do ano 2019 a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do concerto (máximo 2 por persoa).

Materiais para o Nadal da campaña En Rianxo, ao noso xeito

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo pon a disposición dos comercios e locais de hostalaría adheridos á campaña En Rianxo, ao noso xeito, unha serie de materiais destinados exclusivamente á celebración do Nadal. 1. Etiquetas para regalos para o comercio:  - En Rianxo, ao noso xeito "Agardo que che guste" - En Rianxo, ao noso xeito "Con todo o meu agarimo" - En Rianxo, ao noso xeito "Parabéns" 2. Manteis...

Festa de Santa Baia no Araño

O vindeiro sábado 7 de decembro, terá lugar no Araño a celebración das Festas de Santa Baia

Exposición pública da aprobación inicial do documento do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Rianxo

O Pleno do Concello de Rianxo, na sesión ordinaria do 28 de novembro de 2019, aprobou inicialmente o Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Rianxo. Sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, que comezarán a contar a partir da publicación no BOP do mércores 4 de decembro (

Resistencia nicaraguana con rostro de muller

Do 9 ao 14 de decembro haberá no Auditorio unha exposición fotográfica da realidade de Nicaragua e da resistencia e protesta das mulleres no país. Para pechar a exposición, o sábado 14 realizaranse diferentes actividades ás 12:00 da mañá: - Visita guiada pola exposición - Taller de máscaras de Monimbó: cada participante vai poder deseñar a súa propia máscara de Monimbó. Estas máscaras utilízanse por un lado en bailes folclóricos, pero tamén para tapar os rostros nas...