Portada

Concello de Rianxo - concelloderianxo

ACTUALIDADE

Convocatoria de cursos de galego Celga e de cursos de linguaxe administrativa nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia

A Xunta de Galicia convoca cursos de lingua galega Celga (preparatorios das probas de acreditación dos distintos niveis do certificado de lingua galega) e cursos de linguaxe administrativa media e superior que se van impartir nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia. Os cursos Celga son presenciais e os de linguaxe administrativa poden cursarse presencialmente ou en liña e desenvolveranse entre os meses de outubro a xaneiro (1º cuadrimestre) e entre febreiro e maio (2º...

Horarios de apertura e aluguer dos pavillóns polideportivos do 19 ao 25 de agosto

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 19 ao 25 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110).

Residencia de escritoras/es e pensadoras/es no Verán 2019

AVISO: a conferencia e o obradoiro de María Ovelar realizarase no Cuartel Vello de Rianxo, que se atopa na Praza de Castelao en Rianxo. No mes de agosto comezan as residencias de escritoras/es e pensadoras/es organizadas por Axóuxere Editora, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo e que se desenvolverán entre o devandito mes e mediados de decembro. As persoas seleccionadas foron cinco: María Ovelar (agosto), Marina García López...

Torneo de Tenis

O vindeiro 16 de agosto vaise celebrar unha nova edición do Torneo de Tenis de verán 2019. Dúas son as categorías nas que se poderá participar: de 7 a 10 anos (minitenis), e de 10 ata 14 anos (tenis). As inscricións poderán formalizarse ata o 14 de agosto no Pavillón Municipal de Rianxo.

Música na noite, Manoele de Felisa

O vindeiro venres 16 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste, Manoele de Felisa achégase co seu novo espectáculo: A estrada da vida, 20 aniversario. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O Concerto da Banda de Música Isabel II de Touro, trasládase para o Auditorio de Rianxo

Trasládase ao auditorio de Rianxo. Entrada de balde ata completar capacidade, máximo 2 por persoa, dispoñibles desde unha hora antes do comezo do concerto na billeteira do auditorio. O venres 9 de agosto, ás 21.00 horas, terá lugar na Praza de Rafael Dieste, un concerto da Banda de Música Isabel II de Touro, enmarcado do XV Ciclo de Bandas de Música organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña.  

V Festa da Solla en Leiro

O próximo sábado 10 de agosto, a Asociación de Solleiros do Ulla organiza a V Festa da Solla do Ulla na Praza da Veliña de Leiro. Ás 14.00 horas dará comezo a festa cun pregón seguido do xantar. Haberá racións de solla cocida e frita. É preciso reservar no seguinte teléfono 679 960 079. Conta coa colaboración do Concello de Rianxo, a Comisión de Festas do Carme de Leiro e o Furancho a Veliña.

Xantar Festeiro Guadalupe 2019

Dende o próximo luns 12 de agosto xa podes anotarte para participar no Xantar Festeiro Guadalupe 2019.  

Becas do Mec para estudos non obrigatorios

  O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para estudantes que cursen estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2019-2020. Poderán solicitar as axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e...

Horarios de apertura e aluguer dos pavillóns polideportivos do 5 ao 18 de agosto

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 5 ao 18 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110).

APRÁZASE a Observación astronómica do martes 6 de agosto

As condicións meteorolóxicas para o martes 6 de agosto non son favorables, polo tanto, a Observación astronómica prevista, APRÁZASE ata novo aviso. En breve anunciarase a nova data.  

Prazo de inscrición para a preparación para o título de Graduado en Educación Secundaria

Do 2 ao 30 de setembro é o prazo de inscrición para as clases de preparación para o título de Graduado en Educación Secundaria.

X Festa do Mexillón en Rianxo

O sábado 3 e o domingo 4 de agosto celébrase en Rianxo a X Festa do Mexillón organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón e o Club de Remo de Rianxo. Finalmente a carpa estará situada no Campo de Arriba de Rianxo.  

Noites de Jazz, concertos

Noites de Jazz, concertos

Música na noite: Os sobraos de Bergondo

Dentro da X Festa do Mexillón de Rianxo, o sábado 3 de agosto terá lugar no Campo de Arriba un concerto a cargo do grupo Os sobrados de Bergondo. A proposta forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Creactivity na Praza de Castelao en Rianxo

Creactivity da Obra Social "laCaixa" fai parada en Rianxo, na Praza de Castelao, o luns 19 e o martes 20 de agosto. Os obradoiros e as visitas poden realizarse no horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. É un espazo-obradoiro para nenos e nenas a partir de 7 anos onde se practica a arte de pensar coas mans, con elementos ideados para fomentar a creatividade, o espírito emprendedor, a cooperación e a reflexión.

Exposición pública das zonas de prevención do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais

Publícanse para a exposición ao público os planos das zonas de prevención do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais. Planos das zonas de prevención (PDF 298,5 MB)

XVII Festival de música e baile tradicional Aleivosía

O sábado 17 de agosto, ás 21.30 horas, na Praza de Rafael Dieste terá lugar o XVII Festival de música e baile tradicional Aleivosía organizado pola Asociación Sociocultural Aleivosía.

Viaxe á illa de Ons

O Concello de Rianxo organiza unha excursión turística á illa de Ons o sábado 17 de agosto. É preciso reservar praza no teléfono 607 91 15 23.

Viaxe á illa de Sálvora

O Concello de Rianxo organiza unha excursión turística á illa de Sálvora o venres 9 de agosto. É preciso reservar praza no teléfono 607 91 15 23.

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 1 de agosto de 2019

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal para o vindeiro xoves 1 de agosto de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte ORDE DO DÍA: Aprobación da acta nº 10/2019 do Pleno en sesión extraordinaria urxente do 08/07/2019 ​​​​​​​Aprobación da acta nº 9 /2019 do Pleno en sesión organizativa do 18/07/2019 Dación de Conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno Rogos e preguntas

2ª ruta do Apego de Rianxo: O Castelo da Lúa e os grafitteiros do pasado (actividade adiada para o 3 de agosto)

Ruta histórica, literaria e paisaxística para familias con crianzas. Día: sábado, 27 de xullo (adiada para o sábado, 3 de agosto). Hora: 11:00 Punto de encontro: Lavadoiro da aldea do Pazo (preto do Castelo da Lúa) Idades recomendadas: persoas acompañadas con crianzas de 0 a 11 anos. Inscrición: Correo electrónico: normalizacion@concelloderianxo.gal...

Estrea da curtametraxe do Campamento Urbano Audiovisual

O vindeiro domingo 28 de xullo, ás 21:30 horas, estrearemos na Praza Rafael Dieste a curtametraxe realizada polos mozos e mozas participantes no Campamento Urbano Audiovisual. Non a perdas!!!  

Traslado para o Auditorio de Rianxo

A película prevista para hoxe xoves 25 de xullo, por mor da adversidade meteorolóxica, trasládase para o Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade e pode retirarse dende ás 21.30 horas na billeteira do auditorio.

Bando polo 25 de xullo de 2019

Veciños e veciñas, desde hai cen anos as Irmandades da Fala reunidas en Compostela fixaron o 25 de xullo como o Día da Patria Galega, unha xornada que un ano despois virou en festa e reivindicación colectiva da Nosa Terra. Na exposición do Consello da Cultura Galega, que tivemos até hai uns días exposta no Auditorio, vimos como un Castelao exiliado pronuncia nesta data o célebre discurso Alba de Groria en 1948 e onde sinala o 25 e xullo como a Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os...

XVI Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo

O domingo 28 de xullo diputarase en Rianxo a XVI Bandeira de Traiñeiras "Concello de Rianxo", organizada polo Club de Remo Rianxo e o Concello de Rianxo. A regata pertence ao calendario da LGT-A 2019, da que o Club de Remo Rianxo forma parte. A cita é partir das 12:00 h. no peirao de Rianxo.

Feira do libro en Rianxo

Do 25 ao 28 de xullo, en Rianxo vai celebrarse a Feira do Libro. Programa de actividades do xoves 25 de xullo. Programa de actividades do venres 26 ao domingo 28 de xullo.

MULLERES REDEIRAS: Mostra de reparación das redes de pesca

A Aula Activa do Mar organiza a actividade MULLERES REDEIRAS: mostra de reparación das redes de pesca, enmarcada dentro da Festa Gastronómica dos Produtos do Mar de Rianxo, na que se amosará o traballo das redeiras. Preténdese difundir e  poñer en valor un oficio tradicional desempeñado  maioritariamente por mulleres, estas realizan un labor manual de reparación e confección de redes, diferentes en función do tipo de arte de pesca, da técnica de confección da rede... A...

Horarios de apertura e aluguer do 22 de xullo ao 4 de agosto.

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 22 de xullo ao 4 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110).

A gata con zocos, comedia musical

A compañía a Cova as Letras presenta a comedia musical A gata con zocos acompañada da Banda da Escola de Música de Rianxo. O espectáculo terá lugar o mércores 24 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste en Rianxo. A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Noites de Jazz, accións formativas

Noites de Jazz, accións formativas

Noites de Jazz, exposición

Noites de Jazz, exposición

XII Exposición de selos e moedas

A Asociación Filatélica e Numismática de Rianxo, organiza a XII Exposición de Selos e Moedas, será do 25 ao 27 de xullo nos baixos do Cuartel Vello da Praza de Castelao. A inauguración vai realizarse o xoves 25 de xullo ás 12.00 horas. A exposición pode visitarse no seguinte horario: 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

II Serán Popular Teixedal

II Serán Popular Teixedal organizado pola Asociación de Pandereteiras Teixedal o venres 19 de xullo no marco das Festas do verán de Taragoña.

Verán Cultural, do 30 de xullo ao 31 de agosto

Verán Cultural, do 30 de xullo ao 31 de agosto

Verán Cultural, mes de xullo

Verán Cultural, mes de xullo

A sombra da lei, de Dani da Torre nas noites de cine

Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede Cultural da...

Festas do verán en Taragoña

Do 18 ao 21 de xullo, Festas do Verán en Taragoña

O novo espectáculo da Tropa do Trapo, 4 monos en Rianxo

O venres 19 de xullo, ás 12.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a compañía de teatro A Tropa do Trapo achégase co seu novo espectáculo de contos 4 monos. O espectáculo combina a narración oral, a música ao vivo e o teatro de obxectos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible. A proposta dálle a volta aos emoticonos dos monos que non escoitan, non ven e non falan para que...

Banda de música recreativa e cultural de Bandeira

O venres 19 de xullo terá lugar o segundo concerto do XV Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo. Nesta ocasión a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira achégase a Rianxo e ofrecerá un concerto na Praza de Rafael Dieste ás 21.00 horas. Máis información no Facebook da Escola de Música de Rianxo.  

Os Monifates nas Festas de Taragoña

O domingo 21 de xullo, ás 19.00 horas, en Campo de Pazos en Taragoña terá lugar unha actuación a cargo dos Monifates con música tradicional para maiores e crianzas. A proposta enmárcase dentro das Festas de verán que se desenvolven en Taragoña do 18 ao 21 de xullo.

Son galego, Son Cubano o espectáculo musical de Roi Casal en Rianxo

O vindeiro sábado 20 de xullo, ás 20.30 horas, a Praza Castelao Roi Casal presenta un gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia Son galego, Son Cubano. Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 100.000 espectadores dende a súa posta en escena en Cuba. Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o...

Festa gastronómica dos produtos do mar de Rianxo o 27 e 28 de xullo

O Concello de Rianxo organiza o 27 e 28 de xullo unha Festa Gastronómica dos produtos do mar de Rianxo, cun amplo programa de actividades. Advertido os seguinte erros no cartel anunciador: As actuacións, enmarcadas na Feira do Libro, de Xurxo Souto e Xoán Curiel serán o DOMINGO 28 DE XULLO nos seguintes horarios e lugares: 13:00 Cantos de traballo das mulleres do mar. Banda sonora da novela "A gran travesía de Chiruca Macallás"...

Luar na lubre en concerto

O vindeiro sábado 27 de xullo, ás 23:00 horas, a Praza de Castelao en Rianxo acollerá a Luar na Lubre que ofrecerá un concerto no que presentará o seu traballo Ribeira Sacra. O concerto está organizado polo Concello de Rianxo co patrocinio do grupo Cortizo .

Deporte na rúa 2019

O venres, 19 de xullo, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, inchables, xogos tradicionais, artes marciais, rugby, actividades de fitness... Na actividade colaborará a Piscina Municipal de Rianxo, o Club Baloncesto Rianxo, o Club de artes Marciais e Deportes de Combate de Rianxo, así como o Barbanza Rugby Club. As inscricións son de balde e faranse na Praza...

Orde do día da sesión organizativa do 18 de xullo de 2019

Convócase a sesión organizativa do Pleno da Corporación Municipal, que terá lugar o vindeiro xoves, 18 de xullo de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte Orde do día: 1.  Aprobación da acta 8/2019 da sesión constitutiva do Pleno do 15/06/2019. 2. Posta en coñecemento da constitución dos grupos políticos municipais. 3. Dación de conta da Resolución da Alcaldía nº 641/2019 de composición, competencias e periodicidade XGL Corporación 2019-2023....

Bando informativo sobre as obras de acondicionamento e mellora do cemiterio municipal

O  horario de acceso será de 19.00 a 22.00 h mentres non rematen as obras.

Campamento Urbano Audiovisual

Aínda hai prazas! polo que podedes facer a vosa inscrición. O Servizo de Xuventude, por medio do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Solidaridade, vai desenvolver o Campamento Urbano Audiovisual, dirixido á mocidade de 13 a 17 anos (nados do 2006 ao 2002). O campamento ten como finalidade a creación dunha curtametraxe. A mocidade participante realizará todas as fases para a creación da curta: elección da idea, elaboración do guión...

Roteiro: Descubrindo o Rianxo medieval

O Concello de Rianxo organiza un roteiro guiado polo Rianxo do medievo, no que visitaremos dous dos edificios máis representativos da vila: O Castelo da Lúa e a igrexa de Santa Comba. A visita realizarase o sábado 13 de xullo, a partir das 10:30. É preciso inscribirse previamente, na Casa Museo Manuel Antonio ou en Información turística (turismo@concelloderianxo.gal)

RianClown, festival cómico de rúa en Rianxo

Do venres 12 ao luns 15 de xullo, a Asociación Virxe do Carme de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña, organiza Rianclown, un festival cómico de rúa en Rianxo. Máis información no Facebook da Virxe do Carme