Portada

Concello de Rianxo - concelloderianxo

ACTUALIDADE

PERSOAS ADMITIDAS no obradoiro A ciencia nos tempos de Castelao, Dieste e Manuel Antonio

Xa están publicadas as persoas admitidas no obradoiro A ciencia nos tempos Castelao, Dieste e Manuel Antonio. As 10 prazas non cubertas, poden ocuparse, por orde de inscrición, ata o venres 22/11/2019 ás 13.00 horas cubrindo a solicitude que se atopa neste sitio web. Podes consultala no seguinte enlace

Anuncio de autorización de servizos de tempada para as praias da provincia da Coruña

A Demarcación de Costas de Galicia publica o prazo de presentación de solicitudes para o outorgamento de autorizacións dos servizos de tempada nas praias da provincia da Coruña(terrazas, máquinas expendedoras, hamacas, escolas de actividades...). Anuncio e bases

Gala Youtubeir@s Rianxeir@s

O domingo 29 de novembro terá lugar ás 19 h no Auditorio de Rianxo a Gala Youtubeir@s ​​​​​​​Rianxeir@s, coa presenza das veciñas e veciños que participaron no proxecto.

FUNCIÓN SUSPENDIDA; Arnoia, Arnoia O CIRCO da casa pequena de Pistacatro

Por mor de causas alleas ao Concello de Rianxo o espectáculo Arnoia. Arnoia. O circo da casa pequena queda SUSPENDIDO. O sábado 23 de novembro, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo achégase o espectáculo Arnoia, Arnoia O CIRCO da casa pequena, unha coprodución de Pistacatro e o CDG dirixida por Quico Cadaval. Está destinada a un público familiar, con crianzas maiores de 10 anos. Entrada de balde ata...

#rianxoennegro

Manifestación contra as Violencias Machistas, o luns 25 de novembro, ás 20:00 h na Praza de Castelao.

Teatro, Falar por falar de Volta e Dálle Teatro

Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Carlos Santiago e Pepe Penabade da compañía Volta e Dálle Teatro representan o espectáculo Falar por falar. O día da función é o venres 22 de novembro, ás 21.00 horas. Está destinado a un público adulto. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa). Proposta do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. ...

OBRADOIROS DE CARTÓN PEDRA

A Concellaría de Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais organiza dous Obradoiros de Cartón Pedra impartidos por Pedras, Artesanía e Patrimonio. OBRADOIRO PARA FAMILIAS Destinado a crianzas a partir de 6 anos acompañadas dunha persoa adulta. O sábado de 11.00 a 13.00 horas, desenvolveranse 5 sesións a partir do 30 de novembro. OBRADOIRO PARA PERSOAS ADULTAS ...

Henrique Komatsu na residencia de escritores/a e pensadores/a

Henrique Komatsu ofrecerá un obradoiro de literatura, «A escrita como forma de resignificar a realidade», entre o sábado 23 e o domingo 24 de novembro, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo e na casa de Axóuxere Editora. Tamén ofrecerá a conferencia «O ensaio e a resignificación da realidade», o venres 22 de novembro ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo.

Joelle Saliba nas residencia de escritoras e pensadoras de Axóuxere

Joelle Saliba ofrecerá un obradoiro e unha conferencia dentro do programa de Residencias de escritoras/es e pensadoras/es de Axóuxere. O obradoiro de literatura desenvolverase o 30 de novembro e 1 de decembro e ten o título de Que é o que pasaría se, a inscrición é gratuíta no correo electrónico

Teatro, Casa O'Rei de Ibuprofeno Teatro

Ibuprofeno Teatro achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa produción teatral Casa O'Rei, a función terá lugar o venres 15 de novembro ás 21.00 horas. Destinado ao público adulto. Duración: 1 hora e 35 minutos Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo na billeteira do Auditorio. A proposta forma parte do programa Rede Cultura da Deputación da Coruña. Manolo Rei, vello e...

Do 9 ao 30 de novembro, Rianxociencia 2019

Do 9 ao 30 de novembro desenvolverase en Rianxo o programa Rianxociencia 2019. Programa, información e inscricións no espazo específico RianxoCiencia 2019:  

Estrea de Lambetadas de Talía Teatro

Talía teatro estrea na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o seu novo espectáculo familiar Lambetadas. A función terá lugar o próximo venres 29 de novembro, ás 20.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O público destinatario son familias con crianzas entre 6 e 11 anos. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do auditorio (máximo 2 por...

Máis que tapas

Anímate a participar no programa "Máis que tapas" que terá lugar o vindeiro fin de semana no Concello de Rianxo!!!!!

Rede de abastecemento e saneamento en Lustres, Asados

Están en marcha os traballos na rede de abastecemento e saneamento en Lustres, Asados, dentro do Plan Único-Concellos, da Deputación da Coruña. Conta cun orzamento de 102.000 euros que está a executar a empresa Gestal y López.

Horarios de información turística

Horarios actualizados de información turística

Plan de formación e divulgación forestal

O Concello de Rianxo, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos da provincia da Coruña para a realización de actividades en materia de medio ambiente no ano 2019 que convoca a Deputación da Coruña, vai realizar a proposta formativa para o aproveitamento da extracción de resina sobre masas de piñeiro. Todas as persoas que estean interesadas poden solicitar máis información e/ou inscribirse no correo electrónico:

Campaña de inverno 2020 da Deputación da Coruña

A Área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 24 de xaneiro e o 24 de febreiro de 2020, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre as nenas e os nenos de entre 11 a 15 anos de idade (cumpridos a 31 de decembro de 2020) dos municipios coruñeses Ao Concello de Rianxo fóronlle adxudicadas 8 prazas e os nenos/as rianxeiros/as participarán na 1ª quenda, do 24/01/20 ao 27/01/20. A inscrición pode...

ANDAINA EN NEGRO contra as violencias machistas

O Servizo de Deportes e a Piscina Municipal organizan unha Andaina en Negro o 23 de novembro, ás 9:00 h, no marco da campaña RIANXO EN NEGRO da Concellería de ​​​​​​​Benestar Social, Diversidade e Igualdade. Saída Praza de Padrón (xunto á Rianxeira), no Paseo da Ribeira 08:45 h. Control de participantes 09:00 h. Saída da andaina desde o punto sinalado Percorrido Ruta circular que transcorre polo Concello de Rianxo con saída e chegada no Paseo da...

Outono cultural 2019

Xa podes consultar o folleto coa programación do outono cultural 2019 organizada pola Concellaría de Cultura, Museos, Mocidade; Festas e Centros socioculturais do Concello de Rianxo. Descarga do folleto Outono Cultural 2019

Listaxe de persoas admitidas no Obradoiro de Robótica

Xa podedes consultar no sitio web de RianxoCiencia2019 a listaxe de persoas admitidas no Obradoiro de Robótica do sábado 9 de novembro. Pincha no enlace. As prazas non cubertas poden ocuparse, por orde de inscrición, ata mañá venres 08/11/2019 ás 13.00 horas cubrindo a solicitude de inscrición que se atopa neste enlace.

Orde do día da sesión extraordinaria urxente do Pleno da corporación do 7 de novembro de 2019

Convocouse unha sesión extraordinaria urxente do Pleno da corporación municipal para o xoves 7 de novembro de 2019, ás 18.30 h, na Casa do Concello, coa seguinte ORDE DO DÍA: 1. Ratificación da urxencia ​​​​​​​2. Derrogación da Ordenanza fiscal municipal de venda ambulante ​​​​​​​3. Aprobación do proxecto modificado do 28/10/2019, Mellora da envolvente do pavillón cuberto do CEP Xosé Mª Brea Segade de Taragoña (POS + Plan adicional 2)

Teatro: Papar sen cancelas

O vindeiro venres, 8 de novembro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a representación do espectáculo Papar sen cancelas a cargo de Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada desde unha hora antes na billeteira do Auditorio. Máximo 2 por persoa. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Resultados e clasificacións da VII Carreira Popular Concello de Rianxo

RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO NOTA: Os premios da VII Carreira Popular Concello de Rianxo son acumulativos, sendo premiados os tres primeiros clasificados/as de cada categoría (Artigo 8. das bases de regulación). Deste xeito, os primeiros clasificados nos que aparece un -1 no...

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 31 de outubro de 2019

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal para o xoves 31 de outubro de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte ORDE DO DÍA: 1. Aprobación da acta do Pleno ordinario do 26 de setembro de 2019 2.  Dación de Conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno 3. Dación de conta da Sentenza nº 216/2019 do Xulgado contencioso administrativo nº 1 de Santiago de Compostela. Procedemento: Dereitos Fundamentais...

I Asemblea Xeral da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega

O pasado martes tivo lugar no Auditorio de Rianxo a I Asemblea Xeral da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, asociación que se fundou o pasado mes de febreiro en Santiago de Compostela e que está formada por 15 concellos galegos que pretenden desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma. O Concello de Rianxo, que exercerá a presidencia durante os dous primeiros anos, acolleu a representación política e técnica dos demais concellos que pertencen...

Aprazado o acto Para sempre, en galego

Aprázase o acto programado para a tarde de mañá no Cemiterio Municipal de Rianxo por mor da chuvia.  

Talleres formativos dirixidos ao sector turístico. Mancomunidade de Municipios Arousa Norte

Se pertences a algunha empresa do sector turístico ou es profesional neste eido, aproveita os talleres formativos gratuítos que oferta a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte: Taller: A mellora da comunicación dixital (12, 19 e 26 de novembro) Lugar: local da Cofradía de Pescadores da Pobra do Caramiñal (Rúa Castelao 27 – primeiro andar Horario: de 9:30 a 14:30 e 16:00 a 19:00 Número de horas totais: 24 (8 horas por día) ...

Obradoiro dual de emprego "CLÍNICA VELLA"

Obradoiro dual de emprego "CLÍNICA VELLA"

Xuntos polo Nadal

A Consellería de Política Social, organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias. O programa levarase a cabo na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Pontevedra) entre o día 23 de decembro de 2019 e o día 7 de xaneiro de 2020 e comprende os seguintes servizos: Estancia na residencia...

Magosto en Rianxo

O vindeiro venres 1 de novembro, a partir das 5 da tarde, na Praza de Castelao celebrarase un Magosto Tradicional con castañas, obradoiros e xogos e música.

Pinturas de Mirta Zaliauskas

A Sala de exposicións do Auditorio de Rianxo acollerá do 25 de outubro ao 23 de novembro a exposición da artista Mirta Zaliauskas. É unha artista plástica que estudou na escola de Belas Artes Carlos Morel de Quilmes (Arxentina). Recibiuse de profesora superior de artes visuais. Realizou estudos en Italia no obradoiro de Miguel Anxo en Carrara para a súa especialización na escultura e no obradoiro de BOTTERO na técnica de fundición.  No ano 1995 realizou unha exposición no...

2 de novembro, Magosto do Araño

O sábado 2 de novembro, a partir das 17:30 h, no Araño, as entidades asociativas organizan un magosto coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña.  

Para sempre, en galego

“É ben curioso que sendo a meirande parte das persoas moradoras nos nosos camposantos galegofalantes en vida, teñan despois que "pervivir" noutra lingua distinta á súa. Os datos son reveladores: só un 3% das esquelas e unha de cada mil lápidas están en galego”. Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística. ​​​​​​​O Concello de Rianxo organizará o vindeiro 31 de outubro, ás 17:00 h, un acto no Cemiterio Municipal de Rianxo que...

Concerto de Outono da Banda da Escola de Música de Rianxo

Día: domingo, 27 de outubro Hora: 16.00 h Lugar: Sala Arcos Moldes, Auditorio de Rianxo  

Cambia o conto con Música miúda

En "Cambia o conto" (Música Miúda)  traballamos os estereotipos de xénero nos contos tradicionais. A nenas e os nenos analizan contos que xa coñecen e refán a historia coa nosa axuda, adaptándoa a unha realidade inclusiva en termos de xénero. Ademais, realizamos un contacontos musical a partir de textos propios, que teñen unha perspectiva igualitaria. Día: sábado, 26 de outubro Hora: 12:00 h Lugar: Biblioteca...

A pluma viva de Rosalía

En Rianxo celebraremos o Día da Biblioteca con "A pluma viva de Rosalía", dos Quinquilláns. Día: xoves, 24 de outubro Hora: 18:00 h Lugar: Biblioteca Municipal Prometemos que vai ser unha tarde moi especial cargada de sorpresas e risas. Actividade de balde ata completar capacidade.

Regueifeando pola Coruña

Regueifeando pola Coruña Sábado 19 as 18:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo Actividade de balde ata completar capacidade.

Gale, a historia da língua

Gale, a historia da lingua sábado 19 de outubro as 12:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo Adaptación de As Aventuras de Gale, baseada na obra «Historia da Lingua Galega, do latín ao acento de Burgos» de Pepe Carreiro. Unha proposta con monicreques, sombras e narración oral na que Gale (lingua galega) nos guiará a través da súa historia para entender a súa situación actual e tratar de axudarlle. Idades: Dende os 6 anos Duración:...

Conferencia de Raquel Fernández

Conferencia "Experiencia mística e expresión artística na filosofía india" a cargo de Raquel Fernández en colaboración coa editorial Axóuxere de Rianxo e a Deputación da Coruñá. Venres 18 de outubro as 20:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo

Estrafalaria

Contacontos Venres 18 de outubro as 18:00 na Biblitoteca Municipal de Rianxo a cargo de Atenea García. Para crianzas a partir de 3 anos. Estrafalaria é un especaculo o que combina a narración oral coa manipulación de obxectos onde o público participa activamente do relato. A personaxes que interveñen na historia caracterizanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira. As cativas e os cativos deben entender a diversidade como algo enriquecedor e...

Orde do día da sesión extraordinaria do Pleno da Corporación do 21 de outubro de 2019: sorteo das mesas electorais

Convocouse unha sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal para o vindeiro luns 21 de outubro de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte ORDE DO DÍA: SORTEO DE MEMBROS DAS MESAS ELECTORAIS

IV Mostra de Teatro Alter Ego, O inspector de Teatro Muxicas

O grupo de Teatro Muxicas achégase ao Auditorio de Rianxo coa peza premiada O Inspector. A función é o venres 18 de outubro, ás 21.00 horas. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa) Proposta enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña. O Inspector é unha comedia de ritmo frenético, onde dez actrices e actores, na súa maioría invidentes ou cunha...

Regueifando pola Coruña

Dentro da IV Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego, o sábado 19 de outubro ás 18.00 horas terá lugar na Biblioteca Municipal Castelao un espectáculo a cargo dos Regueifeiros de Galicia, Regueifando pola Coruña. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Goza do Ulla

  Un ano máis, o Concello de Rianxo participa no programa "Goza do Ulla", a través do cal un total de 19 concellos "bañados" polo río Ulla dan a coñecer o valioso patrimonio natural, cultural e artístico do territorio polo que discorre este curso fluvial. O principal obxectivo é a promoción turística do citado territorio, polo que cada concello ofrece rutas de sendeirismo de cara a difundir elementos paisaxísticos e arqueolóxicos. Así, o Concello de Rianxo ofrece unha...

Excursión Salamanca Monumental

Os Servizos Sociais do Concello de Rianxo organizan unha excursión para as persoas maiores de 50 anos,  os días 15, 16 e 17 do vindeiro mes de novembro. Información e inscrición: Servizos Sociais Comunitarios Básicos, Est. de Tanxil, 12 ( Telf: 981 86 00 61)

IV Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego

Do 18 ao 26 de outubro, no Auditorio de Rianxo, desenvolverase a IV Mostra de teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo. Máis información páxina de Facebook da Agrupación Teatral Criaturas. Hai propostas de balde e outras con un custe de entrada de 2€. VENRES 18 DE OUTUBRO: ...

Escola de familias. Mindfulness en familia

Entre os días 9 e 23 de outubro estará aberto o prazo para inscribirse no último dos obradoiros da Escola de Familias 2019: Mindfulness en familia. Impartida por Raquel Bello de Espazo Oikos (psicóloga familiar), a actividade (de 5 sesións) ten un custo de 20 € (individual) e de 25 € (con acompañante da mesma unidade familiar). Están exentas do pagamento aquelas unidades familiares que teñan uns ingresos por debaixo do IPREM. As sesións serán os seguintes días: 25 e 31...

Escola de Enerxía

A Fundación Naturgy impartirá, o vindeiro xoves día 10 de outubro ás 17:30 h no Centro Social do Liceo, un obradoiro de asesoramento para axudar a minimizar a factura da luz. Non é necesario anotarse e se queres participar, leva unha factura da luz.  

VII Carreira Popular Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo, a Mancomunidade de Municipios Arousa-Norte e o Club Atletismo Rianxo organizan a VII Carreira Popular Concello de Rianxo, o venres 1 de novembro de 2019. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:

Horarios de apertura e aluguer dos Pavillóns Polideportivos

O Servizo de Deportes publica os horarios dispoñibles para o aluguer de instalacións deportivas do 1 de outubro de 2019 ao 30 de maio de 2020. Estes horarios poderán sufrir modificacións ao largo da tempada de inverno. Información e reservas nos Pavillóns Polideportivos. As instalacións que se poden reservar son as seguintes: Pavillón de Rianxo (tenis, baloncesto, fútbol sala, balonmán, voleibol). Pavillón de Taragoña (tenis, baloncesto, fútbol...