Portada

Concello de Rianxo - concelloderianxo

ACTUALIDADE

MULLERES REDEIRAS: Mostra de reparación das redes de pesca

A Aula Activa do Mar organiza a actividade MULLERES REDEIRAS: mostra de reparación das redes de pesca, enmarcada dentro da Festa Gastronómica dos Produtos do Mar de Rianxo, na que se amosará o traballo das redeiras. Preténdese difundir e  poñer en valor un oficio tradicional desempeñado  maioritariamente por mulleres, estas realizan un labor manual de reparación e confección de redes, diferentes en función do tipo de arte de pesca, da técnica de confección da rede... A...

Horarios de apertura e aluguer do 22 de xullo ao 4 de agosto.

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 22 de xullo ao 4 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110).

A gata con zocos, comedia musical

A compañía a Cova as Letras presenta a comedia musical A gata con zocos acompañada da Banda da Escola de Música de Rianxo. O espectáculo terá lugar o mércores 24 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste en Rianxo. A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Noites de Jazz, accións formativas

Noites de Jazz, accións formativas

Noites de Jazz, exposición

Noites de Jazz, exposición

Noites de Jazz, concertos

Noites de Jazz, concertos

XII Exposición de selos e moedas

A Asociación Filatélica e Numismática de Rianxo, organiza a XII Exposición de Selos e Moedas, será do 25 ao 27 de xullo nos baixos do Cuartel Vello da Praza de Castelao. A inauguración vai realizarse o xoves 25 de xullo ás 12.00 horas. A exposición pode visitarse no seguinte horario: 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

II Serán Popular Teixedal

II Serán Popular Teixedal organizado pola Asociación de Pandereteiras Teixedal o venres 19 de xullo no marco das Festas do verán de Taragoña.

Feira do libro en Rianxo

Do 25 ao 28 de xullo, en Rianxo vai celebrarse a Feira do Libro. En breve publicarase o programa de actividades.

Verán Cultural, do 30 de xullo ao 31 de agosto

Verán Cultural, do 30 de xullo ao 31 de agosto

Verán Cultural, mes de xullo

Verán Cultural, mes de xullo

A sombra da lei, de Dani da Torre nas noites de cine

Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede Cultural da...

Festas do verán en Taragoña

Do 18 ao 21 de xullo, Festas do Verán en Taragoña

O novo espectáculo da Tropa do Trapo, 4 monos en Rianxo

O venres 19 de xullo, ás 12.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a compañía de teatro A Tropa do Trapo achégase co seu novo espectáculo de contos 4 monos. O espectáculo combina a narración oral, a música ao vivo e o teatro de obxectos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible. A proposta dálle a volta aos emoticonos dos monos que non escoitan, non ven e non falan para que...

Banda de música recreativa e cultural de Bandeira

O venres 19 de xullo terá lugar o segundo concerto do XV Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo. Nesta ocasión a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira achégase a Rianxo e ofrecerá un concerto na Praza de Rafael Dieste ás 21.00 horas. Máis información no Facebook da Escola de Música de Rianxo.  

Os Monifates nas Festas de Taragoña

O domingo 21 de xullo, ás 19.00 horas, en Campo de Pazos en Taragoña terá lugar unha actuación a cargo dos Monifates con música tradicional para maiores e crianzas. A proposta enmárcase dentro das Festas de verán que se desenvolven en Taragoña do 18 ao 21 de xullo.

Son galego, Son Cubano o espectáculo musical de Roi Casal en Rianxo

O vindeiro sábado 20 de xullo, ás 20.30 horas, a Praza Castelao Roi Casal presenta un gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia Son galego, Son Cubano. Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 100.000 espectadores dende a súa posta en escena en Cuba. Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o...

Festa gastronómica dos produtos do mar de Rianxo o 27 e 28 de xullo

O Concello de Rianxo organiza o 27 e 28 de xullo unha Festa Gastronómica dos produtos do mar de Rianxo, cun amplo programa de actividades. Advertido os seguinte erros no cartel anunciador: As actuacións, enmarcadas na Feira do Libro, de Xurxo Souto e Xoán Curiel serán o DOMINGO 28 DE XULLO nos seguintes horarios e lugares: 13:00 Cantos de traballo das mulleres do mar. Banda sonora da novela "A gran travesía de Chiruca Macallás"...

Luar na lubre en concerto

O vindeiro sábado 27 de xullo, ás 23:00 horas, a Praza de Castelao en Rianxo acollerá a Luar na Lubre que ofrecerá un concerto no que presentará o seu traballo Ribeira Sacra. O concerto está organizado polo Concello de Rianxo co patrocinio do grupo Cortizo .

X Festa do Mexillón en Rianxo

O sábado 3 e o domingo 4 de agosto celébrase en Rianxo a X Festa do Mexillón organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón e o Club de Remo de Rianxo.  

2ª ruta do Apego de Rianxo: O Castelo da Lúa e os grafitteiros do pasado

Ruta histórica, literaria e paisaxística para familias con crianzas. Día: sábado, 27 de xullo Hora: 11:00 Punto de encontro: Lavadoiro da aldea do Pazo (preto do Castelo da Lúa) Idades recomendadas: persoas acompañadas con crianzas de 0 a 11 anos. Inscrición: Correo electrónico: normalizacion@concelloderianxo.gal ​​​​​​​       Teléfono: 881 988 891 ...

Deporte na rúa 2019

O venres, 19 de xullo, a partir das 20:30 h. na Praza de Castelao celebrarase unha nova edición do DEPORTE NA RÚA, con actividades para tódalas idades: baloncesto 3x3, fútbol 3x3, inchables, xogos tradicionais, artes marciais, rugby, actividades de fitness... Na actividade colaborará a Piscina Municipal de Rianxo, o Club Baloncesto Rianxo, o Club de artes Marciais e Deportes de Combate de Rianxo, así como o Barbanza Rugby Club. As inscricións son de balde e faranse na Praza...

V Festa da solla en Leiro

O próximo sábado 10 de agosto, a Asociación de Solleiros do Ulla organiza a V Festa da Solla do Ulla na Praza da Veliña de Leiro. Ás 14.00 horas dará comezo a festa cun pregón seguido do xantar. Haberá racións de solla cocida e frita. É preciso reservar no seguinte teléfono 679 960 079. Conta coa colaboración do Concello de Rianxo, a Comisión de Festas do Carme de Leiro e o Furancho a Veliña.

Orde do día da sesión organizativa do 18 de xullo de 2019

Convócase a sesión organizativa do Pleno da Corporación Municipal, que terá lugar o vindeiro xoves, 18 de xullo de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte Orde do día: 1.  Aprobación da acta 8/2019 da sesión constitutiva do Pleno do 15/06/2019. 2. Posta en coñecemento da constitución dos grupos políticos municipais. 3. Dación de conta da Resolución da Alcaldía nº 641/2019 de composición, competencias e periodicidade XGL Corporación 2019-2023....

Bando informativo sobre as obras de acondicionamento e mellora do cemiterio municipal

O  horario de acceso será de 19.00 a 22.00 h mentres non rematen as obras.

Campamento Urbano Audiovisual

Aínda hai prazas! polo que podedes facer a vosa inscrición. O Servizo de Xuventude, por medio do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Solidaridade, vai desenvolver o Campamento Urbano Audiovisual, dirixido á mocidade de 13 a 17 anos (nados do 2006 ao 2002). O campamento ten como finalidade a creación dunha curtametraxe. A mocidade participante realizará todas as fases para a creación da curta: elección da idea, elaboración do guión...

Roteiro: Descubrindo o Rianxo medieval

O Concello de Rianxo organiza un roteiro guiado polo Rianxo do medievo, no que visitaremos dous dos edificios máis representativos da vila: O Castelo da Lúa e a igrexa de Santa Comba. A visita realizarase o sábado 13 de xullo, a partir das 10:30. É preciso inscribirse previamente, na Casa Museo Manuel Antonio ou en Información turística (turismo@concelloderianxo.gal)

RianClown, festival cómico de rúa en Rianxo

Do venres 12 ao luns 15 de xullo, a Asociación Virxe do Carme de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña, organiza Rianclown, un festival cómico de rúa en Rianxo. Máis información no Facebook da Virxe do Carme

Linko, nas noites de cine 2019

Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman...

Sés en Concerto na Praza Castelao de Rianxo

Sés achégase coa súa banda á Praza Castelao de Rianxo para ofrecernos un concerto enmarcado no programa Música na noite no Verán Cultural 2019 que está a organizar o Concello de Rianxo. A actuación realizarase no marco das Festas da Virxe do Carme 2019, o luns 15 de xullo ás 22.30 horas. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Máis información no sitio web de...

Peche das noites de cine con O regreso de Mary Poppins

Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede Cultural da...

XII edición do Festival AntrosPinos

O 26 e 27 de xullo, no Campo Maneiro de Taragoña organizan o XII edición do Festival AntrosPinos Máis información no Facebook do Festival AntrosPinos

Presentación da XII edición do Festival Rock in Rian

O sábado 7 de setembro, terá lugar unha ruta pola Ría de Arousa para presentar o XII edición do Festival Rock in Rian. Máis información no de Facebook do Festival Rock in Rian

Festas no Araño

Festas no Araño, do venres 2 ao 4 agosto. Máis información no Facebook da asociación.

Festas do Carme 2019 en Rianxo

Programación das Festas do Carme de Rianxo, do 12 ao 15 de xullo. Incluirán, ademais da procesión por mar, o Mercado Celta e o festival de rúa RianClown.

Festival Rock in Rian

O 14 de setembro ten lugar en Rianxo a XII edición do Festival Rock in Rian. Máis información e novidades na páxina de Facebook Festival Rock in Rian.

IV Trail Subida ao Pico Muralla -  "Concello de Rianxo"

O Servizo de Deportes e Barbantia Roda organizan o IV Trail Subida ao Pico Muralla - Concello de Rianxo A proba celebrarase o 11 de agosto de 2019, domingo, e a saída da categoría absoluta será ás 10:30 h. A distancia é de 15 km cun desnivel acumulado de 671 m. Inscricións Ata o xoves, 8 de agosto, nas seguintes ligazóns de Emesports:

XV Encontro Internacional Zona da Zanfona

Zona da Zanfona é un evento único na Península Ibérica, un festival temático sobre o instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo cumpre 15 anos neste 2019. Acontece na primeira semana do mes de xullo co miolo da programación entre o venres 5 e o domingo día 7 cun programa para todos os públicos, aquelas persoas curiosas no instrumento que queren achegarse a el ou que o descoñecen, músicos...

Andaina Santa Compaña

A Sociedade Deportiva Barbantia Roda e o Concello de Rianxo, organizan a Andaina Santa Compaña 2019, que se celebrará o  17 de agosto ás 23 horas. O ano pasado participaron 600 persoas e nesta edición temos que rachar esta cifra e chegar a facer unha estela luminosa mais longa que o ano pasado e se divise desde Rianxo. Convidámosvos a unha andaina nocturna con misterio... Punto de encontro: Campo Maneiro. Distancia: 8 km aprox. Material: lanterna ou...

Horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas do 1 ao 14 de xullo

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 1 ao 14 de xullo. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110). Tamén se poderá reservar o Campo de Fútbol Municipal de Vilas. Horarios de apertura e aluguer do 1 ao 14 de xullo ...

Saímos...?

A última saída antes do verán será o próximo 12 de xullo á Costa da Morte. Visitaremos: o pazo das Torres do Allo en Zas, o Ecomuseo Forno do Forte en Buño e en Ponteceso, o Museo Etnolúdico do Xoguete e a casa natal de Eduardo Pondal.

Horario de apertura e aluguer dos pavillóns polideportivos do 24 ao 30 de xuño

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer dos pavillóns polideportivos municipais do 24 ao 30 de xuño. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 86 61 10).  

Curso de verán da USC. Galego, porta aberta para o mundo 2

Entre o martes 25 e o venres 28 de xuño desenvolverase no Auditorio de Rianxo o curso de verán da USC, Galego, porta aberta para o mundo 2: lingua, pensamento e cultura na Galiza e Portugal. O curso, dirixido pola profesora e escritora Teresa Moure, porá o foco nos contactos culturais  realmente existentes entre os pobos galego e portugués, e para iso trataranse temas tan diversos como a lingua, a cultura, a eutanasia, o xénero, a arte, a danza, o teatro ou a música. ...

Noites de cine en Rianxo, Coco

Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Sesión constitutiva do Pleno da Corporación 2019-2023

O sábado 15 de xuño de 2019 constituíuse o Pleno da Corporación 2019-2023 cos concelleiros e coas concelleiras que resultaron elixidas nas eleccións municipais do 26 de maio. Adolfo Muíños Sánchez foi o único candidato que os partidos con representación presentaron á investidura e foi investido alcalde cos votos a favor do PSOE e do BNG.  

Concerto de fin de curso das aulas musicais da Uned Senior

O domingo 22 de xuño, ás 18.30 horas, no Centro Social do Liceo de Rianxo, o alumnado das materias da Uned Senior de Práctica instrumental e de Cultura musical ofrecerá un concerto de fin de curso, acompañado por Jose e Helena de Barahúnda.

Acceso e ingreso nos corpos da policía local de Galicia

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o  19 de xuño a convocatoria de 158 prazas para os corpos da Policía Local de 28 concellos galegos, das que unha corresponde ao Concello de Rianxo. O prazo para inscribirse é de 20 días dende a publicación no DOG. Orde no DOG 115 do mércores 19 de xuño de 2019 (

Formación Youtubeir@s. Lista de reprodución ao vivo

O proxecto Youtubeir@s, no que o Concello de Rianxo participa xunto con outros 13 concellos, a Deputación da Coruña e as tres universidades galegas, organiza a seguinte actividade formativa: ///////// LISTA DE REPRODUCIÓN AO VIVO /////// O venres 28 de xuño ás 18.00 horas queremos que veñas gozar da Lista de reprodución ao vivo con algúns/algunhas Youtubeir@s do momento! A actividade desenvolverase no Centro de Estudos Avanzados da...

Romaría de San Pedro de Vilas

O sábado 29 de xuño, a partir das 9.00 da mañá, celébrase en Asados a tradicional romaría de San Pedro de Vilas, organizada pola asociación que leva o seu nome. Máis información na páxina de Facebook da entidade.

Fin de curso na praia de Tanxil organizado polas Juadalupeñas

O venres 21 de xuño, a asociación Rock in Rian organiza unha festa na praia de Tanxil. Máis información no facebook da entidade