Rexistro de Rehabilitación Rexistro de Rehabilitación

100 Casas, historias, soños,… Agardan por Ti

Programa pioneiro e único en Galicia que trata de poñer a disposición de calquera persoa unha bolsa de casas unifamiliares dentro do municipio de Rianxo, tanto no ámbito urbano como no rural, para que poidan ser rehabilitadas e rehabitadas, como primeira ou como segunda residencia.

A tal efecto, será a Oficina Municipal de Rehabilitación a que supervisará tódolos datos aportados, tanto polos propietarios de casas como polos demandantes de casas.

O Concello de Rianxo difundirá, a través dos medios de comunicación convencionais e tamén a través das redes sociais, a bolsa de vivendas inscritas.

Ofrecerá un completo asesoramento a ámbalas dúas partes para conseguir o primeiro obxectivo –o de conseguir que os demandantes adquiran en réxime de compravenda, aluguer ou aluguer con opción de compra- unha das casas inscritas no rexistro.

Tamén a Oficina Municipal de Rehabilitación asesorará sobre a propia obra de rehabilitación, tanto na supervisión do proxecto como no proceso da obra, a fin de conseguir unha rehabilitación de calidade e a recuperación da nosa Arquitectura Popular.

Se é vostede demandante

Se vostede se quere inscribir no Rexistro Municipal de Rehabilitación como demandante de vivenda para rehabilitar deberá cumprimentar o impreso chamado "Formulario Demandates" e presentalo no Rexistro Xeral da Casa do Concello ou por calquera dos medios previstos na normativa de procedemento administrativo.

Formulario para demandantes

Se é vostede propietario/a

Se vostede é propietario/a dunha vivenda e quere inscribila no Rexistro Municipal de Rehabilitación deberá cumprimentar o impreso denominado "Formulario Propietarios", realizar o pagamento do prezo de inscrición (50€/ano) en calquera das contas bancarias do Concello de Rianxo, a presentar no Rexistro Xeral da Casa do Concello ou por calquera dos medios previstos na normativa de procedemento administrativo 3 documentos:

  • Formulario de inscrición cumprimentado
  • Xustificante do pagamento do prezo anual
  • Escritura pública da vivenda

Posteriormente, a Oficina Municipal de Rehabilitación porase en contacto con vostede para comprobar os datos, completalos se é necesario e para inscribilo/a definitivamente no Rexistro.

Formulario para propietarios/as

Para calquera dúbida sobre o funcionamento pódese poñer en contacto coa Oficina de Rehabilitación do Concello de Rianxo a través do teléfono 981.107.887 ou polo correo odr@concelloderianxo.gal

Regulamento do Rexistro Municipal de Rehabilitación